lunes, 28 de febrero de 2011

Á gran pantalla!

Moi boas!

Unha vez máis, esta entrada non vai sobre surf (lo siento Carlos), pero é que me apetecía compartir con vós unha noticia: Pois nada, que me colleron para rodar unha pelí!

Gravaremos en xuño e xullo e está baseada nunha comuna "hippie" que se formou en Nogueira de Muñiz nos anos 70/80. Vamos, que me ven "ao pelo", nunca mellor dito :)
Agora teño que deixar barba e pelo longo ata acabala rodaxe! xD

Está dirixida por Ignacio Vilar, (director de Pradolongo), e verase en tódolos cines de Galicia a finais deste ano e creo que tamén en Madrid e Barcelona, xa que a peli, que se gravará en galego, dobrarémola ao castelán e subtitularase en varios idiomas.

Sabíao dende fai un mes máis ou menos, pero un sempre tenta andar con pes de plomo con estas cousas por si se volven atrás, por se finalmente non vai adiante o proxecto...eu que sei. Outro factor é que un non acaba de creelo de todo!... ao principio costa un pouco asimilalo. De feito, cando o dire me comunicou en Santiago que era un dos actores da peli quedeime en plan: "aha, ... si si...interesante...que ben..."
De alí a un par de horas, só, no coche de camiño a casa xa me comezaba a entrar a risa floxa, despois cantaba e de vez en cando escapábaseme un berro como se fose nunha montaña rusa pero no coche e a dous por hora :)

En fin, que agora que xa o comezo a leer na prensa e vexo que todo vai vento en popa, comezo a crelo.

Aquí uns artigos:
Faro de vigo: Ignacio Vilar rescata as comunas

Cine por la red

Xornal.com: o cineasta Ignacio Vilar comeza no Piornedo a rodaxe de "Vilamor"

Artigo de Manuel Rivas


E bueno, xa que estamos co tema... aquí vai o anuncio do que vos falaba nesta entrada

Owntheway from Mandeo Records on Vimeo.



Seino, hai un detalle un pouco absurdo... pero ao final quedou así :) Mira que non nos rimos co temiña... "Agora fago un furadiño na area e deixo o móbil enterrado, non?" "ocórresevos outro sitio onde metelo móbil?" xD

Bueno, por hoxe nada máis. A ver se despois subo algunha foto do baño de hoxe, que había unha dereita xeitosa que rompía cando lle apetecía.

Apertas!!

8 comentarios:

Irene dijo...

WUAU!felicidades!no necesitan extras???ya fichabaa!

Rubén Prieto dijo...

graciñaaas!! pois fijo que necesitan eh! :)
Biquiños!

Peter p. de Mille dijo...

NORABOA!!

Ah, e cando recibas o primeiro Goya non te tires media hora agradecendo.
Chega con que mo dediques a min e a G. Marx.

Antonio dijo...

Parabéns Rubén!!!!
O traballo e a paciencia soen dar froito.

Anónimo dijo...

Noraboa meu!!! ía dicir que pasiño a pasiño se vai crecendo, pero isto xa e unha boa zancada.
Parabens de Docal e Elisa.

Fran dijo...

Boas Ruben!
Alegrome da noticia. Moita sorte e unha aperta!

paideleo dijo...

Mui boa noticia. Parabéns !.
Dicirche que eu estiven tentado de ir vivir alí hai muitos anos.

Rubén Prieto dijo...

GRACIÑAS A TODOOOOSS!!
UN MILLÓN! :)