domingo, 3 de octubre de 2010

Mar do Rostro, me gustas tu!

Por fin!

Cando hai temporal con ventos de sur ou suroeste... sempre teño gardado un saquiño de esperanzas enterrado nalgunha duna de Rostro.


Xa me apetecía a min catar a miña querida praia coas súas típicas condicións de inverno.

Cando windguru marca máis de 3.5 metros... tendemos a crer que as praias máis abertas, as que recollen máis mar de fondo, non aguantan o tamaño. Pero non sempre é así.

A pesar de ver un mar de espumas en canto divisei a praia dende o coche...
espumas

Non desistín no meu intento de pegarme un bo par de lavadoras e quedei no coche esperando a ver algo que me dixese: "Ru.. .entraaa... Ruuuu.. entraaa!!" (léase con acento fantasmagórico)

E ese algo chegou!!
IMG_2989

Cando un ten casi tantas ganas de zapatearse nas olas como de surfear nelas... unha cousa así xa é escusa suficiente para ir dándolle a volta o traxe sen perder de vista o mar. Sifonazos e "tronos do mar" fan que de vez en cando aparezan esas formiguiñas no estómago que che fagan pensar: será posible namorarse dunha praia? :) estou namorado ou nervioso? jaja... Namorar non sei, pero o que si que se pode é amar o mar.

O precio que había que pagar eran uns barrotes deste tipo que ás veces rompían con moi pouco fondo.
cartel

Pero despois ves unha destas e volveste a acelerar
gaivota

Xogar coa posibilidade de coller un tubo así é un premio máis que suficiente para compensar as lavadoras e centrifugados que se soen papar en días coma este.
IMG_2925

Estes días, nos que non hai un pico moi definido (por non decir nada) e a probabilidade de comer é maior que a de surfear... apetece darse o baño de risas, en compañía. Así que por non botarme só, chamei a Brais de Ézaro:
-Vente a Rostro!
-Hai bo baño?
-bueeeeeno.... o pico non está moi definido pero de vez en cando sae algunha bomba chula.
-Pero non está desfasao?
-...mmm..no... ti ven e botámonos unhas risas.
-E non está grande?
- Que va... está pa ir entrando en calor.

Cando chegou, aínda non detivera o coche, e estaba rompendo un olón tremendo. A el quedóuselle a boca do tamaño do tubo que acababa de ver... e cando decidiu entrar dixo: "bueno, o corpo está pa rompelo"

E alá fomos

IMG_2974

bn

IMG_2921

Brais tiña o cordeliño do invento ao límite da rotura, así que, comentando a seguridade que me transmitira aquelo que se me ocorrera facer AQUEL DÍA... puxémonos (os dous) un invento adicional. Usease, dous inventos cada un xD. Ao volver... fíxome gracia un comentario que fixo:
-Fuá tio, levar un solo...é unha ocurrensia, un descubrimiento... pero levar dous, tio.. esto si que é un INVENTO! jajaja

Que teñades todos unha semana xenial, fóra do normal.
Apertas fortes e boas ondas!!

7 comentarios:

juanjo dijo...

tremendas olas ruben jajaja e tremendas fotos xd sau2!!

Fran dijo...

Boas Ruben!
Supoño que cando descargastes as fotos no ordenador, sentiches unha tremenda satisfacción, como ben dice Juanjo, 'tremendas olas e tremendas fotos', a miña noraboa, e non e por facer a pelota. Por certo, a segunda recordame os cuadros de Antonio López, xa sabes o pintor realista que fai unhas maravillosas obras de arte que mesmo parecen fotos.
O da conversa intentando enmascarar a realidad co amigo, ten gracia, a verdade e que un a estas edades opta por darlle o disparador. Unha aperta pra tod@s!

Rubén Prieto dijo...

Moitas gracias aos dous polos comentarios!! :)
A min tamén me da por disparar e teño 25, pero de vez en cando apetece machacarse o corpo un pouquiño :) Para quedarse a semaniña máis tranquiliño e relaxado jeje

Apertazaas!

Mario Ezaro dijo...

esto si que é un invento jajaja puto brais xD

Pedazo fotasos meu! e vaia mar.. sigue sacandolle ese partidazo a esa 550d, queremos mais!! e queremos un vídeooo!!! xD

vientosurf dijo...

Valla dia!ehh me gustaria estar ahi! os hubiese hecho unas buenas fotos. jaja

Anónimo dijo...

Completamente de acuerdo en que se puede estar enamorado del mar. A mi me pasa. Mi playa es Nemiña con temporal. Unha aperta. Dani (Amigo de Vigo)

Rubén Prieto dijo...

jajaja Dani(vientosurf)! O mellor "jinasio" é o mar bravete... pero bueno, as fotos tamén molaría telas! porque ao non ter referencia ningunha, parecen máis pequenas do que eran

Dani! (amigodevigo) pois a ver se temos sorte e aguanta mañá ese tamaño, cousa que me extraña moitísimo... pero bueno. Por probar...

Mario, este brais ten algunha salida de vez en cando tronchante jeje

apertaas!