jueves, 5 de agosto de 2010

Troco: Mural por Salto en paracaídas!!

Porr fííííínnnn!!!
Outro soño cumplido!!


Salto a partir do minuto 6:20 (intentei cortalo video pero non fun capás)

Levaba moitos anos querendo saltar dun avión e antonte puiden facer un salto tandem en Ocaña, a media hora de Madrid. Por se alguén se anima.... skydivemadrid.
É totalmente recomendable. Non se pasa nada de medo!!


A punto de subir a 4000 metros...
Photobucket

asomadiños ao balcón...
Photobucket
Daban ganas de mirar para abaixo pero había que manter a cabeza nesa posición...
Non da tempo a pasar medo porque un non decide nada. Vas enganchado ao instructor e é el o que te move, o que te coloca e o que salta...

Photobucket
Que pedazo de sensación. É como si saltaras dun avión ¬_¬ tal cual.
Non hai con que comparalo, pero é menos forte do que parece.
Photobucket
Se xa teño arrugas de rir, penso que dende antonte vou a ter un par delas máis de regalo
Photobucket Porque penso que fun toda a caída con este berro que non sabes se é risa ou con esta risa berrada...Non sei se me explico ou me entendes.

Ah! e ao desplegar o paracaídas, deixoume os mandos e baixamos facendo unhas barrenas que se che durmían as pernas do fortes que dábamos os xiros. Disfrútase das dúas cousas unha animalada.

Pois como che contaba, xa había moito tempo que tiña ganas de probar isto porque sempre pensei que tería que ser o máximo no que se refire a descargas de adrenalina. E fai uns meses, atopábame en Madrid para facer un casting e ocorréuseme mandar un email a varios aeródromos propoñéndolles un cambio: facer un pequeno e simple mural a cambio dun salto. Á hora e media recibín contestación dos de skydivemadrid e paseime por alí para saltar e pintar, pero non houbera condicións meteorolóxicas adecuadas. Nin para unha cousa nin para outra. Por iso se retrasou o asunto ata a seguinte vez que tivese que ir a Madrid (outra proba esta semana).
O mural nun principio ía a ser a terceira parte, pero ao final envenenámonos e quedou así de grande...
Photobucket
así que a ver se volvo por alí para pegar outro saltiño :)
Aínda que me parece que a próxima vez que me pase por alí vai a ser para facer o curso de paracaidismo para acabar saltando só. Eso xa ten que tirar algo máis do peito... tomar a decisión un mesmo de saltar dun avión

Unha aperta a todos e desculpade polo abandonadiño que teño o blog!!! (moito traballiño últimamente)

Muaks muaks muaks...

9 comentarios:

Jose dijo...

Estas coma unha chota, e eu teño vertigo, manda carallo.

Laurisas dijo...

Buf! Non sabes a envidia e o medo que me das, jajaja

Alex Fidalgo dijo...

Menudo figura eres. Qué envidia, porque la sensación tiene que ser indescriptible, pero mucho me temo que servidor no va a poder probarlo nunca.

Rubén Prieto dijo...

de medo nada tios!
dá máis medo saltar á auga dende unhas pedras altas que "deixar que te salten" dun avión. En serio

é como unha montaña rusa xigante, como se a baixada do dragon khan durase un minuto, pero máis rápido e sen railes. :)
vale a pena vale a pena! :)

Peter p. de Mille dijo...

Noraboa.
Cumpliches un dos meus soños. Agora tes que cruzar a vela "Cabo de Hornos", e conducir un Ferrari.
Despois xa podo morrer tranquilo.

Fran dijo...

Miña nai!...solo de miralo xa me entra vertigo, ten que ser unha experiencia moi forte...

vientosurf dijo...

siempre dije que andabas en las nubes.. jajaja un abrazo ruben.


robs

laura dijo...

A foto na que saes cando acaba o salto é super bonita, esa cara de felicidade e susto todo xunto, coa adrenalina ainda funcionando jeje
Medo dá , pero ten que ser IMPRESIONANTE voar.. e desestresante tamen,..poder berrar no ceo.
GUAI

laura dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.