domingo, 11 de julio de 2010

Viaxe a cando.

8:00 am
Por sorte, moitas cousas que facer. Un día cargado de tarefas, por sorte, todas relacionadas con temas que me gustan e divirten.

Para comezar o día, unha nova rutina, ir a surfear haxa o que haxa. Decidín desistir no intento de ir ao ximnasio e sustituir ese gasto por gasolina para ir á praia. Cambio Natureza por local cargado de alentos, prefiro sensacións e elementos puros ante máquinas e ruidos. Poleas por auga. Chan por mar. Natura.

9:00 am
Por sorte, hai ondas e sen vento. Camiño pola area ata estar enfronte do pico que máis me gusta. O benestar fai que, por sorte, disfrute de como cada gran de area masaxea a miña planta do pé. Alí, os dous sós. O mar e eu. Ninguén máis. Sorrío ao bailar cunhas cuantas ondas, ríome con outras que me tiran...e saio.

10:00 am
Coa sensación de ter o día feito, coas pilas cargadas para inventarme un día novo...diríxome ao coche, pero non sen antes facer unha pequena paradiña. Unha pequena lagoa coa auga totalmente cristalina e calmada invítame a mergullarme nela...

(escóitaa mentres segues lendo)


Rompo, moi despaciño, ese suave cristal de auga morna, virxe.
Acaricio, moi despaciño, a auga, por riba, por baixo. Coas xemas dos dedos intentando sentir todo remuíño milimétrico que produce o meu movemento, despaciño. Boca arriba, mirando o ceo azul, sentindo a auga, a temperatura...despaciño. Facendo o morto, sentíndome máis vivo que nunca. Despacio.

Comezo a relaxar tódolos músculos do corpo. Que non se me escape nin un. Dende as cellas aos hombreiros. Dende as mans aos pes, dende o pescozo ás pálpebras.

Mimeticeime de tal forma coa auga, coa súa temperatura, co momento...que sen dudalo quitei o traxe de neopreno. Con movementos suaves para non rompela maxia. Pouco a pouco, sen prácticamente abrilos ollos. Despaciño.

Completamente nú, espido, como mamá me trouxo ao mundo. Mamá. Auga. Aire. Eu. Auga. Infinito. Nada. Ceo. Auga. Moito máis que palabras. No sentido máis intenso. As palabras comezaron a desaparecer do pensamento, despaciño. Ata que o pensamento cala.

Boca arriba, comecei a relaxarme máis e máis. Nin unha soa molécula do meu corpo traballaba. Todas durmían. A respiración cada vez máis lenta. Cada vez flotaba menos. Os tres palmos de profundidade permitiron que non afundise entrando en contacto coa area, moi suavemente...despaciño. Escoitaba como a miña respiración ía cada vez máis lenta, cada vez afundíndome máis e máis. A auga chegara aos oídos, chegou aos ollos e quedáronme fóra da auga, únicamente, os orificios do nariz.
Era como respirar debaixo da auga. Era non, respiraba debaixo da auga. Cada vez escoitaba menos a respiración, cada vez menos aire. Ata case deixar de precisalo, ou deixar de escoitar...

Non escoitaba silencio, non porque non o houbera, senon porque non escoitaba.
Non via negro porque tivera os ollos pechados, senon porque deixei de mirar.
O aire, puro, converteuse prácticamente innecesario.
Non notaba frio ou calor, porque non notaba.
Non estaba feliz nin triste, porque non estaba. Non era.
Deixei de estar. Alí.
Non sei a onde, pero a algún sitio fun. Fóra dese corpo.
Non sei a cando.
Non sei en donde.
Pero todo estaba tan claro...tan fácil...tan sinxelo...
Só había que deixarse arrastrar polo momento.

Como antes de nacer

Non era humano. Non sei si era. Pero sentíame célula.
Non sei se pasaron segundos, minutos ou horas...
Deixei de existir como humano para ser animal. Ser auga

PAZ ABSOLUTA
.......

Logo desa viaxe, a medida que me ía facendo dono do meu corpo, notaba como se tivera que vestirme o meu propio corpo para comezar a ser dono del de novo. Primeiro vestinme un brazo, notando como cada célula nerviosa ía cobrando vida, despois outro brazo, funme embutindo no tronco e por último as pernas. Cando cheguei a notar os dedos dos pes xa estaban desperezándose tódalas células nerviosas do corpo como se despertaran por primeira vez.

Pensaba que posiblemente tería vivido un dos momentos máis especiais e agradablemente raros da miña vida.
A medida que comezaba a moverme, despaciño, a abrilos ollos, levantarme, a gobernar nas extremidades como se fose a primeira vez, como recén nacido, a camiñar...íame humanizando. Ata ser consciente de que posiblemente puidera estar case unha hora no ventre materno. Ata darme conta de que non me importou absolutamente nada se había alguén mirando ou non.
E despois comezou a entrarme a risa ao pensar que calquera que me vise dende fóra podería pensar tranquilamente:

-"Buah neno, vaia risas, había un pavo durmindo en pelotas nunha charca!".
O curioso era que me daba exactamente igual. Reseteeime no meu mundo sen pensar se quera que podía haber alguén máis.

Se hai vida, morte e outra cousa máis, algo máis intermedio, eu andiven cerca, ou, polo menos, esa foi a sensación. E o que importa, son as sensacións. Nada máis.

"Antes morto que sen vida"

4 comentarios:

Isabel Tomé dijo...

Apóstoche o que queiras que alguén vai preguntar que fumaches antes...xa verás.

Juan dijo...

Tenme pasado o mesmo despois de facer ioga;e cando llo contaba a alguen,agora xa non,case sempre me preguntaban o que di Isabel.
Ou creian que lles mentia,directamente
(neste teclado non me funcionan as tildes agora.Terei que ver que ca..llo pasa)
A practica da relaxacion profunda e unha das sensacions mais satisfactorias que hay

Fran dijo...

Boas Ruben! E certo, moitas veces non nos decatamos do que temos, estoume a referir o gran agasallo que e estar vivo. Onte sen ir mas lexos, atopabame ca miña muller na praia, era ultimisima hora, cando todo o mundo xa leva tempo nas caravanas de fin de semana, esa hora na que o sol tiñe de dorado a franxa de escape do mesmo, esa hora na que todo e silencio e pracer, pois iso xa e un agasallo. Saudos e boas ondas pra tod@s.
PD.- Isabel, e pra iso no fai falta nada mais...jeje Unha aperta

Rubén Prieto dijo...

jaja ma, esnifei salitre :)
Juan, non te preocupes, non estás só, a min tamén me miran raro cando o conto jaja
Fran, toda a razón do mundo. Témolos agasallos diante dos fuciños e non nos damos conta.

que curioso.. a palabra que teño que escribir na "verificación da palabra" é "mente" jeje.. nin que se adaptaran á tematica das entradas.
Unha aperta a todos!!