miércoles, 16 de junio de 2010

Pintando no Saburil

Onte comecei un mural no Saburil, o restaurante de Nemiña.

Vaia gozada iso de estar traballando, comer mentres lle vas pegando un vistazo ao mellor pico, pintar un pouquiño, saír e, sen movelo coche, poñelo traxe, coller unhas oliñas, volver, seguir pintando... que juay. Vaia sitio privilexiado no que vive o colega Iago :)

Bueno, pois este era o mural que tiñan alí dende fai case 30 anos... (normal que tiveran ganas de cambialo)
Photobucket

e así é como vai despois do primeiro día de traballo. A ver si en 3 ou 4 días máis o dou rematado
mural,caballo,blanco
Se me notades unha postura un tanto rara, é porque, como de costume, estou facendo o pinzo para un video stop motion. Aínda que tiña un par de ideas que non podo levar a cabo porque teño moi pouco espacio coas mesas do comedor.. e ás veces hai clientes e non os quero asustar. Que a min non me da vergonza pero a eles igual si e non quero espantarlles a clientela jeje


Unha saúdo a Antonio & Co. de Pontevedra! encantado de coñecervos ;)

Apertaaas!

5 comentarios:

Anónimo dijo...

Estas feito un artista,e un trovador das ondas!
Trum

Fran dijo...

Boas Ruben! Resulta que cando leo o titulo do post automaticamente baixo a vista a mirala foto, e sen ver a segunda penso..."Non me parece que ese dibuxo sea o estilo de Ruben, peeero, non sei, quen paga manda..." O final continue a leer e me din conta do pequeno erro, jajajajaja... Creo que gustame mais o segundo, ainda que o orixinal tamen ten o seu aquel... Por certo, ollo co que bebes que despois o trazo vaise e o pulso falla...jeje Unha aperta pra tod@s

Antonio dijo...

Veo que ya está avanzado el mural desde que nos fuimos. Que lujo trabajar al lado de la playa, saludos y buenas olas de Antonio & Co.

Caldebarcos dijo...

Ola Rubén.
Vouche facer unha preguntiña. Como fas para que as fotos teñan ese tamaño porque bloguer non ten tanto tamaño. Eu subo as fotos directamete desde o ordenador. en algo que lin por aquí ti súbelas a photobucket ou a flickr, Por que? Eu empecei a mirar flickr, pero fáltame investigar máis e saber como funciona. Non vexo a diferenza entre subilas desde o ordenador ou copiar o html. En flickr ten un tamaño grande, pero para o meu gusto é demasiado grande.
Descubrín que tamén se pode cambiar o tamaño no html, cambiando o height e o width,e conséguese un bo efecto se fas ben a proporción.
Ben, xa me dirás.
Ah!!! E Parabéns que xa vin que foi o teu cumple, uns vintecinco ben aproveitados, quen os pillara, pero xa pasaron.
Bicos artista

Rubén Prieto dijo...

Olaa!
pois súboas ao photobucket porque podo poñelas do tamaño que máis me gusta. e as "chulas" estou intentándoas subir todas ao flicker, que mola máis pero é máis latoso para copiar os códigos html.

graciñas a toduus!! xD