miércoles, 21 de abril de 2010

Pintando en Coruña...

...a ritmo de Morgan Heritage


Esta semana atópome en Coruña pintando un mural ao lado da praza de Pontevedra. Na rúa Cordelería, xunto ao hotel Zenit. Hoxe foi o segundo día de traballo e a cousa vai tal que así...
mural "kiero mas"
(estou preparando un video stop motion con este mural tamén)

Mañá seica chove así que no lugar de seguir con este (que lle quedará día e medio de traballo) sigo dentro do local no que farei unha posta de sol con dúas siluetas. Se te queres pasar tomámoslle un café.

É o primeiro mural que pinto "en público", na rúa, e, polo que vexo, é unha cousa moi positiva a nivel "promosión". Onte o promotor da obra do lado "fichoume" para pintar dentro cando acaben; e hoxe tamén se mostrou interesada a encargada dunha perruquería que está moi preto. A ver se saen adiante! Tamén farei outro nun pub que se chama Habana Vieja, cerca do Milenium, no paseo marítimo. Mantereivos informados. E o "proxecto grande" do que non vos quero falar moito ata que non vexa todo ben firmadiño, segue indo vento en popa.

A verdade é que estou moi contento. A nivel "actoral" tamén hai novas. Hai 3 curtas máis nas que vou actuar, e seleccionaron a de "momentos captados.." no festival de curtas de Sada. Estarán coas proxeccións de curtas dende hoxe ata o Sábado ás 20:30, que será a entrega de premios na casa de cultura de Sada. Se vos apetece ir xa sabedes, estades convidados :)

Unha aperta e disculpade o retraso na actualización!

Un saúdo a Jorge! sae do anonimato! sabemos que nos les! ;)

6 comentarios:

Jorge Pablo dijo...

un abrazo grande ahi!!! un placer conocerte crack, y gracias una vez mas...estamos en contacto!

MOU dijo...

moi boas!! a ver se atopo un oco e me achego a saudarte e tomarlle un cafetiño!

Anónimo dijo...

Hola,

Son José (chamanme jos) o da prancha retro laranxa amigo de Jorge Pablo (choupa).

Escríboche para darche as gracias polas fotos que sempre fan ilusión, a verdade é que non temos moitas fotos collendo ondas e as veces pensaba que carallo lle iba a contar aos netos se non tiña documentos gráficos, jeje.

Pois nada máis, déboche unha. A ver se coincidimos por ahí.

Muitas gracias!

Jorge Pablo dijo...

jos!! una aperta grande pra ti tamén!! jajaja, still searching...

Anónimo dijo...

que chulada rubi, felicitaciones por lo del corto, una pena que justo esta semana no estare por coruña sino ya iva meter los fosiños por ahi jejej, buen trabajo sigue asi artista.
un abrazo alis

Rubén Prieto dijo...

Igualmente! encantado de coñecerte Jorge!un placer :)

Mou, tamén me alegro de poñerche cara!! menos mal que escribiches "tomarlle un cafetiño" chegas a dicir tomar unhas cañas ata as 6 da mañá e pasamos 3 días de festa rachada xD

Jose! non hai de que home! para iso estamos!! iso a ver se coincidimos e tomamos algo. Ou pillamos unhas oliñas xuntos :)

jaj moitas gracias aliiss!!

unha aperta a toduss!