lunes, 25 de enero de 2010

Mi futura novia desnuda

Gústame conducir con boa música...
Momento especial, momento videoclip. E máis cando, estirando o meu brazo dereito, a atopo a ela. A man viaxa ata atoparse coa súa pel, aínda húmeda. Acarícioa de arriba abaixo sentindo as súas curvas...

Sinto a súa compañía aínda que non me mire. Sei que me vai dar moitas alegrías aínda que non mo diga. Coidareina. Mimareina. Protexereina para que nada nin ninguén lle faga dano.

Acompañarame a todos lados, sin protestar pola cantidade de kilómetros ou o frío/calor que pasemos. Sempre xuntos, nos mellores e peores momentos. Aportarame en cantidade e calidade placeres de todo tipo dunha intensidade incalculable. Placeres que moi poucos coñecen.

Posiblemente me salvará a vida nalgunha ocasión, e a súa alma resistirá todo o posible para non fallarme. Un gran vínculo nos unirá constantemente, e se se rompe, sen dudalo nadarei, correrei e loitarei o que faga falta para recuperala...

Observarei postas de sol con ela, abrazareina coas miñas pernas estremecido pola intensidade da beleza dos momentos, acariciareina, tumbareime sobre ela, notarei como se humedece...

AQUÍ está ela desnuda. Espero que vos gusten as súas curvas, a súa alma...

3 comentarios:

Señor Werty dijo...

Que boa pinta ten carallo eu quero unhaaaaaaaa

Sau2

peter p. de mille dijo...

Joeeer, estoume convertindo nun oldman green...

Rubén Prieto dijo...

peter, non te preocupes... foi escrito con esa intención. non é cousa da túa psique, non te preocupes jeje :)

Werty, baqeusí? mañá vou vela en persoa e maquillala

aaii pííííícaros.. non moito pero notouse a subida de visitas con ese título jeje...

luns 11 -293 visitas de 189 vistantes
luns 18-248 visitas de 179 visitante
onte- 310 visitas de 208 visitantes

.. si é que.. a carne é débil. e eu un capullo jeje