lunes, 11 de enero de 2010
Meniña
Peza dun puzzle de emocións, nacendo do azar, gozando da cacería, irrumpindo no presente sen previo aviso, susurrando sobre o silencio, reavivando brasas, bicos salados dixeridos por bolboretas, alumando covas agochadas, bailando entre estalactitas, silenciando un futuro, conxelando un presente.
Perfectamente imperfecta, almofada de pensamentos, latido compartido, alento sentido...
equilibrando un vai ben que navega sen rumbo, mollándonos os pés...
Fabricando barco indestructible, viaxando polo tempo,finalizando a nosa búsqueda de persoas, axudándonos a observar, sentindo a vida, vivindo os sentidos. Permíteme protexerte, permíteme quererte, permíteme mirarte
... admirarte, escoitarte, ulirte, tocarte, sentirte
Cociñando mimos con sorrisos, saboreando bicos con salsa de agarimos...
Fonte de motivos
Permíteme atoparte
permíteme cazarte...
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
4 comentarios:
oe tes que ir xuntando todolos comentarios das fotos que fas.
AUTOBIOGRAFIA DUN BLOG. e cando teñas un numero considerable de paxinas o podes publicar en plan libro, e vendelo.
non e mala idea.
saudos deivis.
Gustoume moito este texto de lirismo tan potente.
Graciñas papaie!!
Ese Deiviiiss.. algunha vez se me ocorreu, pero non sei se vendería máis de 4 ou 5 jeje
pero weno, a idea de escribir un libro está aí aí. Relatos cortos, cortisimos.. non tan cortos, e algunha entrada do blog que me molase.. con algunha que outra foto.. mola.. senkius polos animos ;)
Precioso Ru!!!! e boa sorte
Publicar un comentario