Moitos surfistas, ante esta pregunta, responden casi sobresaltados con un NON rotundo, como si o body fose causar algún tipo de alerxia crónica nos rapaces.
Eu sempre respondo que non é necesario facer body como paso previo a iniciarse no surf.
Peeeero, ninguén pode negar que un bodyboard (máis pequeno e blando que unha táboa de surf) e un par de aletas (nádase mellor en caso de perdela táboa) da moita máis seguridade e confianza na auga. Sobretodo cando alguén está empezando. De feito, cando expertos bodyboarders se pasan ó surf, e durante ese proceso de cambio leva no coche as dúas táboas...cando as olas están grandes ou son moi fortes, collen o body. Porqué? entre outras cousas porque da máis confianza, menos medo.
Por isto, cando a alguén lle gustaría facer surf pero unha das barreiras que llo impide é o medo, eu recomendo empezar co body. Hai que ter en conta que o medo é unha sensación irracional, e en moitas ocasións, por moito que argumentes, non serás capaz de convencer á persoa de que o surf non é tan perigoso como se pensa.
Sempre poño o mesmo exemplo cando falo de coñecer o mar e dominar o "método de transporte" co que te moves por el:
Nunha cidade, hai cousas que deben de aprenderse: unhas sinales nas que fixarse, semáforos, liñas no chan, normas de circulación, saber que hai conductores que van coma tolos, rúas sen saída, stops, direccións prohibidas, etc...
e si se intenta aprender iso ó mesmo tempo que aprendes a conducir (Quita freno de man, pisa embrague, pon marcha, solta embrague e acelera, frena, reduce...) pódese alcanzar un grado de estrés importante :)
O mellor é aprender a dominalo coche nun descampado, e despois meterse co coche na cidade (na primeira sesión, familiarizarse coa táboa no mar, pero sen olas)
OU/E!
Coñecer como funciona o tráfico nunha cidade como peatón, de forma segura, e unha vez que se sabe á perfección como funciona a circulación nunha cidade, meterte co coche. (Coñecelo mar e as olas cun bodyboard, que aporta máis confianza, para que cando un se meta no mar coa táboa de surf, estea máis tranquilo e nun medio coñecido)
Isto obviamente é o que opino eu. Supoño que non todos estaredes de acordo.
Martín é un rapaz que empezou a facer surf o verán pasado, nas clases que din en Carnota.

Xa facía un pouquiño de body, polo que o mar e as olas non era un medio novedoso para el.
Onte envioume unha foto na que podemos ver o que evolucionou

Obviamente non estou dicindo que evolucionase así de rápido por ter feito body con anterioridade. O rapaz ten cualidades, actitude e o máis importante: GANAS