O venres, saímos Alex e eu de Coruña ás 10:30 da noite, máis ou menos, e puxemos rumbo ó país vasco.
Tíñamos calculado parar a metade de camiño para durmir na tenda de campaña e así foi.
Dunha tacada puxémonos en Suances e durmimos ó borde dun acantilado. Boas vistas á hora do almorzo
Tíñamos pensado pegarnos un baño, pero espertei ás 7 e as olas rompían en barra, así que decidimos seguir durmindo para saír ás 10, xa que ás 12:30 tíñamos que estar no surf kanp. A jodienda foi que cando nos levantamos ás 10, o baño estaba máis que decente...
pero xa non había tempo. Aseo personal in the street, e tirando millas
(preséntovos a Alex, amigo e compañeiro de viaxe)
Tras un par de horiñas e dar algunha volta de máis, chegamos ó surf camp www.barrikasurfcamp.com
Moito mellor do que pintaba na web. Un caserío do século XVI perfectamente restaurado, co encanto do antigo e as comodidades do moderno. Impresionante
As hamacas eran perfectas para descansar despois de surfear mentras se guitarreaba un pouco
Por dentro, na planta baixa, tiña unha cociña bastante amplia (suficiente para caber os 20 almorzando ou comendo) e un cuarto de baño.
E na 1ªplanta había unha superhabitación con moitas literas.
Segundo entrabas, se mirabas á dereita
e á esquerda
Nun altillo había unha sala de ordenadores
Despois de ver a casa e de que nos comentaran como ía a funcionar a semana, comimos...
...vagueamos un pouco e fumos a sopelana a surfear.
A auga parecía sopa. Estaba quente. A xente ía con bañador ou traxe corto. O baño pequeniño, pero suficiente para os que experimentaban o surf por primeira vez.
Cea, charlas, guitarreo e a descansar, que boa falta facía...
2 comentarios:
Manda Carallo!!
Bos ahí surfeando, e nos navegando en fronte vosa en ruta de volta desde La Rochelle a Getxo (que ben se come no País Vasco,joooeeee), de alí a Santander (dous primeiros, eh, olliñoooouuuu), Xixón e o 16 para a Coruña.
Se avisas botabamosche un cabo pola popa e surfeabas a 14 nós á popa do Hansa
joerrr que envidia das macho jeje tiene buena pinta la verdad y las hamacas segurop que se dan bien para descansar un rato jeje en als fotos las olas dan una impresion que da envidia jeje
venga cuidate a ver si mañana estan bien las olas :)
Publicar un comentario