Fumos a unha cala preciosa (nudista)

e practicamos diferentes deportes...

Como o SUP (stand up padle) pero sin olas. E menos mal que non había olas porque non é tan fácil como parece aguantalo equilibrio!
Aproveitamos para recorrernos a costa, entrando en covas preciosas e bastante profundas, atopando novas calas...


Os monitores, Mikel e Aimar, facían que a xornada fose o máis agradable e divertida posible. Majísimos, simpáticos, autenticos "pofesionales", vamos... uns BOS MONITORES.

Mentres esperábamos a coller un SUP, Mikel deunos unhas pequenas clases de boulder (o tio controlaba de todo). O lugar era idóneo porque os estratos estaban marcadísimos e as caídas eran sobre a auga :)

Tamén aproveitamos para bucear. A auga estaba boísima, penso que a máis de 20 grados, e totalmente cristalina. Era un gustazo poder baixar máis de 5 metros sin que pareza que che vai a estoupar a cabeza co frío. Buceamos cos bancos de peixes casi tocándoos. Non sei porque pero os peixes galegos non son tan confiados coma os vascos! debe ser que aquí hai moito furtivo e alí están acostumados ós guiris jeje.

Aproveitando a transparencia da auga, aproveitei para facer unha cousa que vira nunha película. Baixei uns 5 metros, agarreime a unhas lastras de pedra que había no fondo e coloqueime tumbado boca arriba; nesa posición soltei dúas bocanadas de aire intentando poñer a boca en forma de O e formáronse unhas burbullas en forma de aro, que se agrandaban e estreitaban a medida que subían. Precioso
Ó rematar, foto de grupo

e a comer.
Despois de comer durmimos unha siestiña nas hamacas, practicamos algo de longskate (en realidade collíamolos sempre que tíñamos 5 minutos libres)
A min encantábame un longskate "sector nine". Dábaseme de vicio, entre outras cousas porque era enorme, debía de ter metro e medio de largo jeje. Aquí estou aprendendo a derrapar...
despois fixemos unha miniliga de voleibol

E para rematalo día unha repoñedora sesión de ioga

Cea, charlas, e pacamaquenopodemoscosgüebitos