lunes, 2 de diciembre de 2013

El arte de la espera... y de frío

Moi boas!

Hoxe achegámonos Dani e eu ata Nemiña a ver se se podía rascar algo... e como moitas veces pasa quedamos media hora mirando para as miniolas pensando se valerá a pena o baño relación "frío/disfrute".

As olas parecía que daban pola rodilla, pero de vez en cando viña algunha máis grande que terían un metro facilmente (real, darían pola cadera)


Este chiste só o podía facer en castelán...


Finalmente tras estar de palique un pouco, xogando coa cámara nova (pilleime unha 6D! estou como neno con zapatos... con ipad novo), decidimos lanzarnos á auga. Facía bastante que non nos botábamos, había solete e a minidereitiña abría bastante ben.

Ao final, como sempre pasa, os baños nos que entras ao mar cunha expectativa baixa, saes encantado. Unhas cantas olas, unhas cantas risas, uns cantos contos e tes dous tontos contentos encantados. tan tan.

Unha aperta e que teñades boa semana!

1 comentario:

Fran dijo...

Que tal Ruben!
Celebro que disfrutes da tua nova camara. Tes razon, as veces eses baños que non prometian acaban por satisfacernos e retornamos cunha sonrisa de orella a orella. Eu xa levo tres semanas que non piso a praia, os frios a estas edades son malos...jajaja
Unha aperta!