Moi boas a todos!!
Quero presentarvos o novo proxecto no que me embarco!
Trátase de unha especie de surfcamp pensado para todo tipo de público.
Moitos dos que pasábades por aquí saberíades que me dedicaba a dar cursos de surf todo o ano. Pois ben, vista e estudiada a clientela que tiven ata o momento, (familias, pandillas, pais con fillos e primos e amigos dos fillos...) vin que non había no mercado un formato de actividades de verán que estivese enfocada para menores e maiores, mulleres e homes, vellos e nenos... vamos, todos xuntiños en familia.
Resultaba moi difícil pensar nun tipo de aloxamento "bonito y barato" para aloxalos a todos. Unha pandilla de amigos ou unha parella non teñen porque desexar compartir habitacións con literas con outra xente como na maioría dos surfcamps.
Por iso me currei uns convenios con distintos tipos de aloxamentos de toda a zona para que os meus clientes poidan escoller onde durmir a un precio súpercompetitivo.
Ofrezo principalmente un curso de surf de catro días (o que xa viña ofrecendo ata o momento), máis un paquete de actividades. Pódese coller o surf (115€), as actividades (150€), ou o surf+actividades (225€). Que son respectivamente os módulos SURF, COSTADAMORTE, e SURFCOSTADAMORTE. E ademáis, os descontos en tódolos aloxamentos que aparecen AQUÍ por ser un dos nosos.
A WEB É: WWW.SURFCOSTADAMORTE.COM e está feita e deseñada polo GRANDÍSIMO CARLOS LORENZO de www.adesgana.com
ao igual que o logo da empresa.
Espero que vos guste!!!!
Unha aperta forte e saúdos á familia!
Ru
martes, 12 de junio de 2012
viernes, 10 de febrero de 2012
Brais e Dani en Rostro...
Unha tarde calquera, despois dun baño mañanero, achégome ata Rostro pola posibilidade de ter un segundo baño. Nestes segundos baños, tralo cansancio coa correspondente sesión de frío, aumenta a pereza/prejisa/vagancia/desazón/cansancio...que fai que inevitablemente suba bastante o nivel de esixencia con respecto á calidade das olas.
Vamos, que ten que estar moi bonito de dios para botarse por segunda vez un día de frío :)
E cando existe a posibilidade de sacarlle unhas fotos a dous amigos, as posibilidades de quedar en terra aumentan.
Aquí van unhas fotos que lles fixen a Dani Trillo e a Brais de Ézaro

Brais "cutbackeando" (sin enfuciñar, aínda que pareza o contrario)

Dani perfeccionando o seu botom

Secuencia (manobra rematada)

Si tivera que escoller unha foto que definise para min o surf, escollería esta:

Despois de un bo botom

Ven un bo xiro

Noraboa a Brais polo nivelazo que está collendo a pasos de xigante e a Dani por ese dominio con tan só un aniño de experiencia ;)
E de propina esta fotiña que describe moi ben como me sinto agora mesmo :)

Unha apertaza a todos!!

Suscribirse a:
Entradas (Atom)