miércoles, 6 de julio de 2011

Blog ... tirando a desatendido :)

Mentres escoitaba esta canción...

(prohibido seguir lendo sen estar escoitándoa)


...despois dunha siesta destas largas que che deixan máis tonto e confuso do que xa estabas, púxenme a revolver no blog como quen mete a man ata o fondo do baúl dos recordos buscando non se sabe que.

A verdade, parece mentira que un puñado de ceros e uns, códigos html`s, e pixels colocados dunha forma determinada... poidan levarte a distintos momentos da túa vida, e transmitirche sensacións case como se fose un olor. É o que teñen as palabras, as fotos, e os videos. É o que agradezo de ter escrito tanto sobre a miña vida nestes xa catro anos de blog. Teño un baúl online de recordos non materiais. Que aínda que non teña a mesma maxia que un palpable e "ulible", algunha para min si que a ten. Podo preguntarme: ¿que facía eu no Outubro do 2009? e ir a velo :)

Recordo que cando comecei a sentarme fronte o orde a escribir tonterías varias, estaba preparando as oposicións de mestre, e supoñía para min un momento de liberación. Escapar dos apuntes e dun aturullamento cerebral para dar renda solta ás ideas, á imaxinación e charlar un rato conmigo mesmo e contigo ao mesmo tempo. Pero agora, por sorte, non teño nada de que escapar.

Unha, non teño uns apuntes ou traballo matador do que fuxir aínda que sexa mentalmente; Estou saboreando cada segundo da miña vida e non sinto a necesidade de compartila tanto coma antes. Que me segue gustando, compartir, pero non é para nada unha prioridade.
E dúas, que sempre teño traballo (que me gusta) acumulado (pero non me gusta que se me acumule). Agora, por exemplo, o photoshop está pasando un lote de fotos a B/N para non sentirme mal neste momento de "non eficiencia laboral".

Se non me puxen a escribir no que foi de mes foi porque pensaba: Antes de poñerme co blog teño que pintarlle o cuadro a Chus, ou o de Silvia, ou procesar estas fotos, ou entregar estas a fulano, ou o retrato de Aitor, ou ir a retocar tal mural, facer o cartel de cursos de surf, procesar aquel video...etc etc
É o que ten esta nova vida como autónomo. Que me permite o luxo de poder vivir de cousas que me gustan, pero as cousas non se fan solas. Fágase o que se faga, hai que traballar. Como se estás no paro, hai que traballar para buscar ou inventarse un traballo. E cando teño ratos libres gústame ir a surfear, ou coller a guitarra, ou o teclado, estar cos amigos...

Por iso actualizo menos (casi nada) e as visitas caen en picado mes a mes.
Por iso, non é que vaia cerralo blog, pero recoñezo que o estou deixando morrer.

Hai outro factor. Fenómeno facebook. Moito máis fácil e rápido compartir cousas, e ademais, moito máis interactivo no que se refire ás respostas da xente. Moitas veces currábaste unha entrada no blog e dábache a sensación de que escribías para ti e para as paredes. E despois autocollejéome dicindo: pero Rubén, se ti moitas veces visitas blogs, ves cousas que che gustan, e non deixas ningún comentario. Pero en fin, sómosche así de rariños.

E se algún está pensando: xa, pero co facebook so chegas a un número limitado de persoas, e cun blog chegas a todo o mundo. Pois por iso abrin o facebook (por se alguén me quere buscar: "Rubén Prieto Tomé"). Non poño cousas tan persoais como para que non poida ser público coma o blog. É máis, recoñezo que moitas entradas que teño colgadas no blog son máis persoais e íntimas que o que colgo no facebook...

Isto vai seguir aberto, pero supoño que o seguirei actualizando de pascuas en ramos. Por exemplo (porque sinto a necesidade de escusarme? jaja) agora veño de estar 3 semanas de rodaxe na Fonsagrada coa película de Vilamor (unhas paisaxes, experiencias e personazas impresionantes que me levo no peto), mañá temos función de teatro con Volpone en Cangas, despois quedan unhas semaniñas nas que recuperarei para rematar cursos de surf, cuadros, roupa surfcostadamorte etc... e o 17 marcho para Viveiro ao campamento de Area como monitor de windsurf ata o 28, e á volta xa empeza a temporada forte coa escola de surf.

Que por certo, aproveitarei este dominio (surfcostadamorte.com) para comezar a facer máis publicidade dos cursos de surf deste verán. Curioso. Mesma finalidade que a primeira entrada deste blog :)

Acaba de ocorrérseme un símil. Antes, retiña tódalas experiencias, fotos e anécdotas nun saco para contarchas aquí. E tamén para escribirmas nun minidiario (máis persoal) que tiña de "só cousas positivas" (recoméndollo a todo o mundo). Gardaba no saco, gardaba no saco, e despois dedicaba un tempo a quitalas do saco ordenadamente colocándoas nesta estantería.
Despois comecei a gardar, gardar e gardar, sen ter tempo a vacialo...ata que acabou rompendo o fondo do saco. E agora teño que esforzarme en non olvidarme das cousiñas que vou deixando no camiño, e de disfrutalas ese cachiño de tempo tan diminuto que tarda a experiencia en recorrer o saco dende a boca ata o chan. Momento tan efímero coma o presente.

Moitas moitas moitas apertas a todos os que estades lendo isto.
Aquí me tedes para o que precisedes



Pd: Merquei furgo!!
Con furgooo!ç
(busco chapista bo e barato) :)

14 comentarios:

Anónimo dijo...

O bó nunca é barato

Jose A. Morandeira dijo...

Hola Rubén, é unha pena que xa non actualices moito o blog, pero visto o visto vexo que andas moi liado facendo cousas (eso está ben). Eu seguíacho habitualmente, agreguéite no meu blog, pero bueno buscareite polo "face" e seguirei ollando as tuas fotos.
Xa nos veremos pola praia, Nemiña, con nordés e mar.
Un saúdo e boas ondas.

Fran dijo...

Boas Ruben!
Pois nada, o que teña que ser sera. De todas maneiras conserva esta esquiniña como unha vella estación de tren pola que xa non transitan moitos ferrocarriles, pero que de vez en cando pasa algunha locomotora despistada, ti xa me entendes...
Aproveito a ocasión para darte as gracias por resolver dudas e contestar algun mail. Pero sobre todo por ser o primeiro blog que comencei a visitar e por meterme o veneno este de contar e compartir. Con mais ou menos trafico de trenes seguirei conservando o teu nome de estación.
Unha aperta e moita sorte!

Rubén Prieto dijo...

Que alguén lle ensine ao anónimo un Mercadona! :)

Jose, pois non tiña nin idea! bonitas fotos :) Sempre é bonito enterarse da existencia de algún seguidor agochado! de feito motiva mogollón a quitarlle o pó a este recuncho :)

Fran, que bonito símil! :)
Non sabes o que me alegra que o meu blog fose motivación para facerte ti o teu. E non hai nada que agradecer! aquí estamos para o que precises.
Jo, estou pensando que ata é un título para un blog: a vella estación.
Algún día pasará algunha que outra locomotora :)

Apertas fortes!!

paideleo dijo...

A vida ten etapas e semella que a etapa blogueira queda atrás.
Sempre nos quedará revisar os teus arquivos cheos de curiosidades e boas fotos.

BarbaKana dijo...

Poi veña,veña,dalle,dalle...o sentido da vida?.....sentila !!!..."pura vida" como decimos por Ferrol,so deixate levar.Un saudo

Rubén Prieto dijo...

Graciñas meus!!
é certo, foi unha etapa chula. de vez en cando deixarei algunha pegada por aquí, pero xa vos avisarei vía facebook jaja
E agora a sentir ;)
como ben disss...
PURA VIDA!

Peter p. de Mille dijo...

Non te preocupes.Eu coñezo outro blogueiro que tampouco actualiza moito e ahi está.
Ah, se sabes dun chapista así e ademáis honrado avisa!
Noraboa polo curro!

Anónimo dijo...

Boas Rubén. Por unha parte aledome de que non teñas tempo para o blog "por culpa" do traballo, pero por outra e unha mala noticia para os que atopábamos neste rinconciño moi boas historias e momentos, algún deles compartidos.
So sinto despedirme do que foi o meu primeiro blog, e darche as gracias por todo.
Un saúdo dende Ferrolterra e nos vemos na praia.
Docal.

Anónimo dijo...

Que pena e como te estás equivocando...

Peter p. de Mille dijo...

Ainda que é probable que xa o coñezades, aquí vai:
http://www.bbc.co.uk/mundo/noticias/2011/08/110803_galeria_olas_surf_fotografo_pea.shtml

carlos el rojo dijo...

Malegra que hayas cambiado el título del post. ;)

Rubén Prieto dijo...

Docal! moitas graciñas!! non sabía que o meu fora o teu primeiro blog!
Penso que agora veño con ánimos renovados porque, ademais de comentarios coma os teus, que animan a un, e de coñecer xente que non sabía que me seguí cando actualizaba... merquei un ordenador novo que me fai moito máis facil a vida informática e penso que me vai a axudar a actualizar algo máis. Ou mellor dito.. a actualizar algo jajja.

Peter! chámame e cóntoche :)

Carlos, malegra que te alegres ;)

Anónimo dijo...

GRABAR SE ESCRIBE CON BBBB DE BURRO