martes, 21 de septiembre de 2010

Un trailer dun making of

O noso artista audiovisual Gutier Rolán acaba de colgarme no facebook un avance dun making of dunha das curtas nas que actuamos este verán... e gustoume moito!
Aquí o comparto con vós

Teaser making of Amor ansioso from Aira Studio on Vimeo.




Por certo, a modo anecdótico, hoxe estou escribindo aquí de milagre. Ía pola mañá de camiño a Ourense a unha rodaxe cando, POLA AUTOPISTA, con néboa espesa, me cruzo con un coche vermello que viña en dirección contraria a toda velocidade. Eu ía, aínda non sei porque, detrás dun camión. Non sei porque non estaba adiantando nese momento... deixarémoslle o asunto a Iker Jimenez.

Unha aperta forte e...hoxe máis que nunca...CARPE DIEM!!

6 comentarios:

Anónimo dijo...

Para que logo digan que o mar e surfear é perigoso . . .

Jose Romero

Fran dijo...

Boas Ruben!
Gustame a montaxe. Por certo, ¿apareces espido nunha especie de ataque vampirico o estabades de coña? Unha aperta pra tod@s

Rubén Prieto dijo...

Certo jose, eu sempre dixen que o máis perigoso de surfear é ir á praia.

Jajajaj, Fran, non non, estábamos de coña nun cambio de vestiario :)

Apertas!

paideleo dijo...

Que sorte que o coche vermello seguise o seu camiño.
Tés un premio no meu blogo.

peter p. de mille dijo...

Dioosss, que asco dades.

Todos/as xoves, juapos e con medios a esgalla...

Rubén Prieto dijo...

Paideleo! moitas gracias!! :) que ilusión jej Que sepas que acabas de outorgar a este blog o seu primeiro premio! jaja.. Alégrame moito que sexas un dos asiduos ;)
apertas!

Peter... guapos? medios? en fins.. no coment. fuches a algunha das últimas regatas
Un besito amore!