viernes, 17 de septiembre de 2010

O meu novo equipo!

Bos días a todos!!!

Para ir escoitando...



Amigoss... cámara.
Cámara...amigos.
:)

17092010053

A miña nova compañeira de viaxe componse de:
- canon 550D
- Grip bg-8
- flash metz mecablitz 48 AF-1
- Obxectivo 18-55 canon estabilizado (eu penso que sempre estivo infravalorado este cacharriño)
- Obxectivo Sigma 50-500
- Disparador remoto por radio para flash e cámara "Tokura"
- Mochila bandolera Lowepro

Merqueino todo en foto Artus (menos o tele) e en canto cheguei ao coche (que o tiña aparcado no náutico) non puiden conterme e comecei a desembalalo todo para probalo. Recordades a sensación de cando chegaban os reis magos e te atopabas unha torre de xoguetes e non che daban os dedos para abrir tódolos regalos á velocidade que che gustaría? pois así me sentía eu jeje.

O primeiro que fixen foi montarlle o "Bigma" e facer un video apoiado nun cono (o trípode aínda está por chegar) Velaiquí lo tienes:

video test 550D + sigma 50-500 (sin trípode=tiembla) from Ruben Prieto on Vimeo.


(Para velo en full hd hai que clickar en "vimeo")

Comprendín porqué é taaaaan necesario un trípode cando só o obxectivo pesa case dous quilos e aumenta tantísimo. Imposible ter a imaxe firme. Un milímetro na cámara significa un par de metros co zoom a tope.

Ao principio do video vese unha torre ao fondo de todo...Bueno, pois esa torre foi a protagonista da foto número 0001 desta cámara. Estamos ante un momento histórico! a miña camariña acaba de vela luz!

IMG_0001

Despois da posibilidade de grabar video, a seguinte novidade para min era o flash externo. Nunca tivera un. E menos con disparador remoto. En canto cheguei a casa fixen a primeira proba (co 500):

auto
(Non, non teño unha flor na cabeza :)

Se vos fixades no reflexo do obxectivo, vese un pasillo, e ao fondo unha porta. Esa porta da a unha habitación que ten ao fondo un espello. Pois é nese espello onde estou reflexado! Curioso verdade?..... pois a min parécemo xD

Saíume queimada porque non tiña un sitio onde poñer o flash lonxe de min... e foi despois cando descubrín como poder reducir a potencia do flash de forma fraccionada.

Só disparando o flash por control remoto se pode facer un autorretrato no espello sen que saia o fogonazo reflexado. Nesta outra (feita co 18-55) tiña o flash sostido coa man esquerda.

espello

Bueno, aínda me queda moooooito por experimentar. Como me tarda o trípode!
Non me enredo máis..."Collo unha e saio"

Unha apertaza a todos!!

5 comentarios:

Anónimo dijo...

si keres lle dijo o meu pai q che faja un puntal po pepino ese.e a ver cando das señales de vida.
tei...

Anónimo dijo...

ah!!! x cierto!!!
la camara tiene un monton de megapixeles no?
xa tes mellor ekipo q fuentes
soy tei...

Fran dijo...

Boas Ruben!
Teño visto que o obxetivo vai apoyado nun pe de foto, vamos, que non apoya o corpo da camara, se non o obxetivo. A ver que tal se porta dende a orilla. Unha aperta pra tod@s

Rubén Prieto dijo...

certo fran, o trípode engánchase no obxectiov e non no corpo :) a ver se o pai de tei me prepara un puntal para engancharllo xD

máis pixeles que fuentes igual tes ti tamén! jeje
abrasoos

peter p. de mille dijo...

Canto me lembras a min mesmo hai mooooooitos anos ,cando comprei a miña primeira Nikon.

A ventaxa agora é que non gastades cartos en película.

Ah, o trípode mellor un Manfrotto.

Non te arrepentirás!!