Moi boas!
Pequenos cambios na vida. Curviñas divertidas que van aparecendo na estrada e un trata de disfrutalas ao máximo sin pensar moito na seguinte curva. Co único airbag de levar un par de cartas na manga por se hai que cambiar de camiño. Pero sempre cara adiante. Vento en popa a toda vela.
A finais da semana que ven a miña nova residencia será en Santiago de Compostela. Motivo? Pois que dende finais de agosto comecei a traballar para unha compañía de teatro que se chama "Talía" e os ensaios son tódolos días (menos fins de semana) en Milladoiro.
Estamos cun proxecto que se chama Volpone e que estrearemos o 15 de Outubro. Avisados estaredes :)
Outra novidade, máis "pequeniña", é que vendín todo o equipo fotográfico para collerme un mellor. Polo de agora só me chegou o teleobxectivo, pero morro de ganas por facerme co resto do equipo que me propuxen.
Preséntovos ao meu novo pepino!
(disculpade a calidade das fotos, pero é que non teño cámara... foron feitas co mobil)
É un Sigma 50-500. Despois de 2 semanas estudiando distintas posibilidades...non atopei nada mellor relación calidade/precio. A ver se son verdade tódalas virguerías que se falan del por internet.
E espero poder colgar en breves novos cortos, murais e fotos que quedaron no tinteiro.
Apertas a todos e desculpade de novo polo blogabandono!
8 comentarios:
Boas Ruben!
Pois nada, que teñas moita sorte pola capital. O que vas levar un pouco mal e a falta de mar...non?
se non e moita pregunta,canto costa o obxetivo??
Graciñas Fran! o tema é que estou indo e vindo tódolos días.. así que igual que estou indo a traballar, podo vir a surfear jeje. Pero si, telo mar lonxe vai ser un punto que vai a haber que compensar con outras cousas.. a ver que sustitutos atopo.
Miras, o obxectivo novo, eu preguntei en foto artus e dixéronme 1700 euros. Pero eu conseguino de segunda man por 660. Tiven moita sorte.
Que por certo, xa o probei... e vai ás mil marabillas. enfoca RAPIDISIMO e SUPERSILENCIOSO! (e probeino con pouca luz!)
Apertas!
Pois.... moita sorte na túa nova andaina.
Espero que consigas axiña o novo equipo fotográfico para seguir disfrutando das túas fotos.
Saudiños.
Angeles.
jajaja que careto de felicidaz y no es pa menos..a disfrutarlo Rú!!
un abrazo dsd Canarias alis.
ay me he dado cuenta que he escrito felicidad tal cual lo pronuncio jajaja lo que es la mezcla de acento tio..un saludiño Rú
Ese obxectivo esta moi ben Ruben, fixeches unha boa compra, no ámbito da fotografía coñecese como Bigma. e posiblemente xunto con Sigma 100_300 F4 e o moito mais caro 120_300 2.8 son a competencia o famoso 100_400 de Canon, a cousa e que agora te vai gustar, pero cando o proves coa tua próxima cam vas a flipar, falan moi ben de el.
Saludos e sorte coa adquisición
Pabolinho tiñas razón!!
é incrible! vaia rapidez de enfoque, que silencioso, que nitidez... fuá, unha pasada.
Xa estou equipado, só me falta o trípode e unha rótula de video para comezar a traballar.
Alis, ángeles, gracias! :)
un bicaso!
Publicar un comentario