viernes, 17 de diciembre de 2010

vai de anuncios...

Póñovos en antecedentes... bueno, mellor que o faga Dani jeje.

A rodaxe comezaba o día 27 de novembro, e o día anterior tiña función de teatro (Volpone) con Talía en Riveira. Ao acabar a función, entre desmonte da escenografía, transporte, pasar por Santiago etc... tiña previsto chegar a casa ás 3:30 da noite aproximadamente

O tema é que estábamos a punto de vestirnos para comezar a función a iso das 20:30 cando me chaman da productora e me din:
- Hola Rubén, mañana empezamos el rodaje...
- Seino :) (sorride cando faledes por teléfono porque se nota moito :)
- Tienes que estar en Cariño (cerca de Ortigueira, outra punta de Galicia) a las 07:00 de la mañana...
-...
-... Rubén?...
- :O
- Hola?
-... Coooooooooooomooo?? pero... se tardo 3 horas en chegar dende a miña casa! en canto chegue da función xa teño que marchar para aí! imposible... o sono obrigarame a parar nalgunha estación de servicio a durmir e chego tarde á rodaxe... Non chego nin de coña.

(a transcrición da conversa non é textual, pero máis ou menos)

Ao final, atopamos solución. En canto acabámola función, recollinme e arranquei para Santiago. Alí estábame esperando un taxi para levarme ata Cariño. A iso das 2:30 cheguei ao hotel onde se hospedaba todo o equipo. Durmimos unhas pouquiñas horas, e parriba! a rodar!

Nunca traballara nun proxecto no que se rodase en cine. Por primeira vez escoitábase antes de cada toma iso de: motoreees.... (trrrrrrrrrrrr)... acción!

Durante 3 días de rodaxe nin me acordo de tódolos sitios nos que estivemos. Pero pateámonos Galicia de arriba abaixo: Cariño, Ortigueira, Outariz (Ourense), Razo...

Pasámolo xenial. Houbo tempo para charlas, risas, copas, frio, frío, frrrrrrríiioo e máis frío.
Cando todos estaban abrigados como se estivesen na neve (a cero ou un par de grados) Lucía (a outra actriz) e eu, tíñamos que estar en manga corta e simulando que disfrutábamos de las cálidas temperaturas veraniegas de Galicia, mojándonos disfrutando bajo la lluvia...
Ah! e comendo cubitos de xeo para non botar vaho pola boca. (A min non me funcionaba, tiña que grabar sen respirar) e eu aínda teño o meu texido adiposo, pero Lucía case nos morre alí tesa.

O equipo portouse xenial. Entre toma e toma abalanzábanse sobre nós cubríndonos de mantas e traéndonos cousiñas quentes. É xenial todo o mimo que se nota nas rodaxes.
Sempre se crea un bo rollo tremendo. Porque, aínda que sexan poucos días, son moi intensos. Almorzando, traballando, comendo, ceando, de copas, nos hoteis, moitos tempos mortos de cháchara...
Todo isto fai que, cando días despois, te volves a atopar a algún dos compañeiros... o saúdes cun forte abrazo.



Bueno... pois despois de 3 largos días (catro para eles), rodouse por completo o anuncio (de 45 segundos) no que.... trrrr...sorpresa sorpresaaaa.. apenas se me ve!!!!! jajaja
Teredes que adiviñarme...


Acertástedes, o pelo, os pés, e o brazo eran meus! sodes uns máquinas. Xusto! o coche tamén o conducía eu! matricula de honor para quen o dixo!

Pero bueno, como dixo o outro... "o conto é que che pajen"

En publicidade vou a coller o síndrome do actor desmembrado, xa que nestoutro, que en principio ía a facer de ingeniero, puxéronme de barman. Eu non sei vos, pero a min paréceme unha interpretación maxistral. O pelo fala por si solo xD


Hala, a tomarse a vida con humor amigos!

Apertas fortes para todos!!!

3 comentarios:

Fran dijo...

Boas Ruben!
Home, agora xa e tarde, pero poderias haber feito un concurso e de regalo unha camiseta de Surf Na Costa da Morte, hubera sido un detallazo...jejejeje
Pois mira por donde no habia visto o anuncio, e creo que ha salido un producto con calidade e que che da un pellizquiño no corazon, non sei si o paisano de Teruel cando o mire sentira o mesmo, pero a min gustame.
Unha aperta e sentidiño co turron!

Anónimo dijo...

Boas Rubén, son Docal. Pois mira que sendo eu de Cariño tiveches que dar voltas. Para a próxima da un toque, que ainda voto unhas risas, jeje!! Felices festas!!

Peter p. de Mille dijo...

Xa vin o anunsio; só que agora podo fixarme máis e presumir de coñesido actor.

Sabes que así, de costas pareceste moito a Cris o locutor de radio de "Northern Exposure" (Dr. en Alaska) a miña serie de cabeseira