Mostrando entradas con la etiqueta famosos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta famosos. Mostrar todas las entradas

miércoles, 20 de mayo de 2009

A necesidade de competir

A competición non é algo que me chame moito a atención. Non coñezo nin a cuarta parte dos que corren o circuito mundial de surf nin teño un grandísimo interese en aprenderme os seus nomes. Non sei, eu sempre comparei unha competición de "pillar olas" con unha competición de obras de arte. Como? que non é comparable?

Vale, que no surf pódese ver se unha maniobra está mellor feita que outra, ou nunha sección máis crítica que outra, ou se un escolleu unha onda mellor que o outro...Si. Pero nun cadro tamén se pode ver se un empregou unha técnica máis complexa que o outro, se lle dedicou máis ou menos tempo, se un controla mellor ou peor as proporcións, se un parece máis ou menos realista, se un transmite máis ou menos que o outro...

E un artista dirá.. pois eu emprego a técnica que me da a gana, uso a cantidade de pintura que quero, coa dificultade que me apeteza e transmitirá ou non en función do que me saia do mesmísimo.....corazón.

Un surfista dirá.. pois eu prefiro coller velocidade toda a ola e tirarme a unha manobra imposible contra o cerrote, ou non facer "nada" máis que acariciar a superficie cristalina coas xemas dos dedos mentres sintes como o mar che empuxa a un estado de felicidade indescriptible.

"Medir" o surf paréceme unha forma de desvirtualizalo. Unha forma de perder de vista a pureza, a esencia, a maxia da arte de deslizarse polo mar.
Non me gusta o feito de que o disfrute dependa da superioridade de un con respecto ó contrincante, porque penso que o disfrute é o propio surf.

Ollo, non critico aos que compiten, eu tamén o fixen no seu día e paseino coma un enano. Porque coñecín moita xente, fixen windsurf con amigos, nunhas condicións inmellorables, nun lugar novo e aprendín cousas. E o que chegou primeiro chegou primeiro, non fixo falta avaliar nada, só mirar.

Que quero dicir con todo isto...?
Simplemente sinto pena? non, sona moi forte; compaixón?...tampouco; simplemente non me gustaría estar nas carnes de alguén que necesita medirse con outros, ou verse superior para ser máis feliz

Isto é extrapolable ó mundo da competición en xeral, e incluso ós xogos. Teño xogado pachangas ó futbol (que non me gusta moito) con amigos e ver como algúns se enfadan porque lles marcan un gol. A ver rapaz, se non o pasas ben xogando, pasa de xogar non? ou polo menos sería o que faría eu. Que pasa, que ese é o precio que paga por ter, noutros momentos, a sensación de sentirse un campeón e rir satisfeito de si mesmo.

Despois, por outro lado, estarán os que disfrutan da competición como se fose un xogo, alegrándose polos que gañan e compartindo baños, carreiras, travesías, partidos... con outras persoas. Cousa que será complicada cando a túa vida depende dos resultados. Supoño que para a maior parte de surfistas (exceptuando a personaxes como sunny garcía) a competición é o precio que teñen que pagar para poder gañarse a vida e surfear nas mellores olas do mundo. O que pasa é que os baños libres, supoño que xa os enfocarán como unha especie de entrenamento. Eu, non transformo en entrenamento unha das actividades que máis me gustan na vida nin tolo.


Que si, xa sei o que estás pensando: "si Rubén, que si surfeases o suficientemente ben como para que puideras recorrerte o mundo surfeando as mellores olas do planeta, cos mellores surfistas e cobrando! igual dicías que non!! ja!"

pois si, evidentemente aceptaría encantado, pero anque o meu nivel fose tan bo, que máis ben é mediocre, non chegaría moi lonxe porque non sinto ese afán de ser o mellor.

Independientemente da filosofía coa que se tome Aritz Aranburu a competición, doulle a noraboa porque gañarlle a "eses" cos que tes empapelada a habitación debe de inflar o ego como para non caber dentro do corpo.
Aritz Aranburu vs Kelly slater (9 veces campeon do mundo)

domingo, 29 de marzo de 2009

Festa dos nominados ós Premios María Casares

(Copio e pego un post que colguei no foro da asociación de actores, www.aaag.es)

Moi boas

Aquí vos deixo, con un pouco de retraso, fotos realizadas na festa dos nominados ós Premios María Casares.
Pasámolo bastante ben, polo que animo a tódolos socios a asistir a este tipo de eventos que organiza a asociación xa que a boa organización e o bo trato brilan tanto como a simpatía dos asistentes.

O Vicente non se perde unha... ;)
Photobucket

Juanma e Elena, compañeiros inseparables de aventuras e viaxes :) Tamén facendo amizades por onde pasan...
Photobucket

Aquí estou coa miña mestra favorita de interpretación! María Bouzas, un encanto de muller. E Pico, simpático onde os haxa (encantado de coñecerte)
Photobucket

María Bouzas con outra das súas alumnas, Elena.
Photobucket

Photobucket

Belen Constenla e Mariana Carballal. Mariana, a única que podía dicir que me tivera no seu regazo cando era un bebé jeje.. ("bella" amiga de meus pais)
Photobucket


Neste tipo de eventos, é raro que non acabes falando con esas persoas que coñeces de sempre, pero nuna coñeciches... non sei se me explico :)
Photobucket

Elena con Marta, motor da asociación de actores. (que sería de nós sen ela!)
Photobucket

Aquí teño a honra de posar con Artur Trillo. Se a miña vida fose só teatro, el sería o meu pai. Dirixíndome dende que eu tiña 9 anos...e seguimos!
Photobucket

A última hora ocorréuseme facer un "plano xeral pataqueiro"... pero xa cacei a pouca xente
Photobucket

Momento no que se transladou a festa ó "100budas", alí en Narón
Photobucket

Onde seguíu a festa, as charlas, as risas...
Photobucket
Toñito de Poi acabou sacando a guitarra, fixo corro, e aí xa se liou parda. jeje

Vémonos mañá! que gañen os mellores! :)

Saúdos a todos!


Pd.a gala dos premios María Casares foi este mércores e pasámolo xenial. Unha gala tremenda e moi divertida no teatro rosalía de castro en coruña, e festa con pinchos, bebida, música...etc no real club náutico de Coruña.
Quería darlle a miña noraboa a tódolos premiados, pero en especial a Artur Trillo e María Bouzas!
(se alguén está en contra de que se publique algunha foto súa, que se poña en contacto comigo antes que coa policía) :D

martes, 10 de febrero de 2009

De escapada ós Madriles

A asociación de actores e actrices de Galicia (www.aaag.es) organizou xunto con Aisge (www.aisge.es) a presentación do catálogo de actores galegos en Madrid.

A tódolos socios nos chegou unha invitación de Vicente Montoto e Pilar Bardem (presidenta de AISGE), e como non é cousa que pase tódolos días... deume a arroutada e decidín ir. Xunto con outra actriz que coñecía collín un billete de ida e volta a Madrid. Ida o día 3 e volta o 4.

Anque pareza mentira, con 23 anos que teño, nunca fora en avión; un motivo máis que me animou a ir. Ademais, cos temporais que estaban caendo malo sería que o vóo non fose animadiño e así levaba algunha descarga de adrenalina no pack.

Por desgracia.. case non houbo nin turbulencias. Fun coa compañía Rynair, e o vóo foi do máis tranquiliño. Anque fomos máis da metade da viaxe con nubes...
Photobucket
Por momentos despexou para que puidéramos ver tódalas montañas nevadas. Intentei divisar algunha estación de esquí pero non fun quen.
Photobucket

Pensei que o tirón do despegue iba a ser máis potente, que as ás ían a flexar máis, que iba a haber máis turbulencias, e que na aterraxe, a sensación de descenso ía a ser máis forte... pero bueno, estivo ben. Todos estaban moi contentos polo relaxado da viaxe así que non imos a ser egoístas :) Como 1ª viaxe en avión estivo ben.

Aterramos na T2 e tiven que ir ata a T4 que foi onde aterrara a miña amiga no vóo anterior. Cando preguntei como ir da T2 á T4, insinuando que ía a ir camiñando, miráronme raro. ¿como iba a saber eu que había uns 8 km de distancia entre unha e outra? Bus gratuíto e listo. O que non foi tan fácil foi reencontrarme con Elena unha vez que os dous estábamos na mesma terminal, levounos media hora e unhas cuantas chamadas.

Atravesamos Madrid a base de metro, e chegamos á Rúa onde se ía a celebrala presentación (c/Ruiz de Alarcón). Era hora de comer así que xantamos nun restaurante que estaba alí ó lado (de menú, por 10€, todo riquísimo) e despois fumos a facela dixestión paseando polo parque do retiro que estaba alí ó lado.

Photobucket

Preséntovos a Elena Couto. Ademais de facer cousiñas de interpretación ten unha casa rural en Coirós impresionante. Pegádelle un vistazo www.casadosnoche.com
Photobucket

Photobucket

Photobucket

Presentaron a ceremonia Isabel Blanco e Camila Bossa (María e a moza de Petroleo en mareas vivas, respectivamente) e despois falaron Pilar Bardem, Vicente Montoto (presidente da AAAG) e o presidente Touriño.
Photobucket
Photobucket

Había unha cantidade inxente de periodistas, cámaras de fotos e tv
Photobucket

Alí reencontreime coa miña "veciña" e actriz Sara Casasnovas, de "amar en tiempos revueltos".
Photobucket

A sorpresa do día foi que levaron como convidado especial a Martin Sheen (de apocalypse now, pai do de hot shot II) e o fillo Emilio Estevez.
Photobucket
Photobucket

Despois da ceremonia houbo unha festa destas como as das películas.
Foi o momento no que todos charlaban con todos e as risas e voces comezaban a igualar o volume da música.
Había pinchos riquisísimos e camareros paseando continuamente con bandexas cheas de cava, cubatas, cervezas, zumos, cocacolas... de todo.
Photobucket
Eu, acostumado as miñas viaxes a baixo coste, comendo e ceando bocatas de xamón york...disfrutei dunha forma especial iso de beber do mesmo champán que Touriño e Pilar Bardem... daba o seu gustirrinín, para que negalo jeje
Photobucket

Majísimo o actor galego Xulio Abonjo (cuestión de sexo), botámonos unhas boas risas charlando con el.
Photobucket

Aquí están Camila Bossa e Victoria Perez
Photobucket

Uxía Blanco, Belén Constenla e.... (non me lembro da terceira!)
Photobucket

As traballadoras de AISGE tamén eran moi... simpáticas :)
Photobucket

E despois había outros actores do panorama nacional dos que non teño fotos.
Cando xa nos botaban de alí, Sergio Pazos (caiga quien caiga) colleu o rol de guía e levounos a todos de marcha por Madrid adiante.

Fumos ó "Lacón"
Photobucket
E despois ó "negro" onde nos atopamos a Pepe Viyuela (Aída), colega tamén de Sergio Pazos
Photobucket

Xa a iso das 6 e pico, Elena e eu decidimos ir tirando porque o avión dela saía en cuestión de hora e media, así que acompañeina ata a T4, durmimos unha hora escasa tirados no chan cual vagabundos, e a almorzar.
Photobucket
Eu estaba especialmente cansado porque o día anterior, estivera en santiago e tamén durmira unha hora escasa antes de collelo avión...(mala vida) jeje.
Despois de que Elena collera o seu avión, eu dirixinme á T2, terminal dende onde saía o meu avión 3 horas máis tarde.

Peeero, cando fun a collelo billete....sorpresa:
- Perdone caballero, pero su vuelo no existe.
- ¿Cooooooooomo??
- Es más, hoy desde esta compañía no sale ningún vuelo a Santiago de Compostela
- Cajinanaiquemepariu....

Despois de un par de chamadas, comprobación de códigos, pitos e flautas... chegamos a unha conclusión. Houbo un erro na reserva do billete por internet...

- Caballero, tiene usted razón, el vuelo está reservado para el día cuatro, para las 11.30 pero del mes que viene. Lo siento. No podemos hacer nada.
- Coooooooomooo???
- Lo único que puede hacer es ir a otra compañía y comprar un billete de ida a Santiago
Cajinanaiquemepariu.....

(Iberia)
- Hola muy buenas, quería un billete para santiago de compostela
- Si, ahora mismo..... le sale en 320 euros
- Coooooooomo??
- y a Coruña?
- 280
- Mecaaaaa....*^Ǩ¨Ç

A todo esto mencionar que eu fun a Madrid SOLO co posto. Por levar non levaba nin bolso. Carteira nun bolsillo da chaqueta, cámara noutro e veña, "poavión".

Nada... pensei que era unha señal para vivir unha aventura máis e decidin ir á dedo. Rollo Pekín Expréss ou "la vuelta al mundo en 80 días"

Cando xa estaba buscando un mapa para ver en que carretera colocarme para empezar a miña aventura, e recordando que media España debía estar nevada co frío que había.... acordeime de que houbera xente que fora á presentación en coche dende Galicia. Un par de chamadiñas e asunto amañado. Volvín a Galicia en coche con Fernando Morán, Vicente de Souza e Victoria Pérez. Ata agradecín a volta en coche porque aproveitei para durmir un bo cacho, charlamos e rimos, pasamos por neve e comimos de marabilla nun sitio do que non recordo nin o lugar nin o local, polo que vexo difícil que volva.

En definitiva, unha viaxe/aventura na que coñecín moitísima xente en pouco tempo, paseino xenial e vivín experiencias novas.
Nada mal para escaparse co posto a golpe de martes

Pd. Os actores dos que dixen nome e apelidos, poderédelos encontrar no catálogo de actores da asociación

Un abrazo moi forte a todos!

jueves, 10 de enero de 2008

Hugo Rosales bailando na rúa

Moi boas!

Eu e Salvia sempre dicíamos que molaba irse unha temporada de Galicia, a traballar nun sitio novo, coñecer "novas culturas", xente nova, facer novas amizades... É dicir, estes plans que sempre dicimos que estaría ben facer e casi nunca facemos.

Pois ben, houbo un verán (o do 2005) que se nos presentou a oportunidade e non a desaproveitamos. Fumos a Gandía (Valencia) a traballar nunha escola de windsurf e vela lixeira que se monta tódolos veráns na praia. Foi unha experiencia inolvidable. Pasámolo moi ben, coñecín moitíiiiisima xente (sobre 250 persoas solo en alumnos), fixemos moi bos amigos, vimos sitios novos, aprendimos moito sobre o oficio... e ademáis de todo isto.... curramos como negros. jejeje

Pero bueno, ó tema (como me enrollo, si me deixades nárrovos todo o verán..pff) unha noite que paseábamos por Gandía chamounos moitísimo a atención uns rapaces que estaban bailando breakdance na rúa cun radiocasette.

Non dudamos en acercarnos a observalo espectáculo de cerca. Eles estaban practicando/ensaiando/disfrutando, vamos, que non tiñan gorro para recaudación nin nada jeje.

Puxémonos a falar con eles, para preguntarlles si os podía grabar e eso e representáronnos unha coreografía e todo. Resultaron ser uns chavales encantadores.

Aquí vos deixo o video


Xa levaban horas machacándose, polo que estaban bastante cansados xa... pero aínda así...pff... mimadriña o que fai o rapaz


Neste video a camara non me enfocou, pero bueno, vese o que fai


E aquí o amigo que tampouco se queda corto..


Pois ben, a miña sorpresa foi cando, (dous anos despois) vendo a tele tranquilamente, vexo a un tio que me da a sensación de que o coñezo... e ó velo bailar... ato cabos.

Resultou ser o rapaz que coñecéramos en Gandía. Chámase Hugo Rosales, e é un dos concursantes do programa "Fama, a bailar!" de Cuatro. Xa vedes, casualidades da vida :)
Dende aquí deséxolle moita sorte e que disfrute da experiencia o máximo posible

Un abrazo!