domingo, 5 de diciembre de 2010

Mónica de Camariñas

O 21 de Novembro celebrouse en Camariñas un concurso/maratón fotográfico chamado "implícate" relacionado coa igualdade de oportunidades entre homes e mulleres.
(Un artigo da voz de galicia AQUÍ)

Nunca participara nun evento dese tipo así que decidín inscribirme para ver como era e mais para practicar un dos meus hobbies favoritos: "coñecer moita xente" :)

Antes de ir xa tiña na miña cabeciña algunha foto pensada, e para facelas, contaba coa colaboración dunha boa amiga actriz. Pero no último momento surxíronlle uns contratempos e non puido vir.

Así pois, alí me vexo, xa en Camariñas, en pleno maratón fotográfico (había que pasar alí o día dende as 10 da mañá ata as 20:00 e sacar as fotos nese intervalo de tempo) e sen modelo!

Chamei a Luis Más comentándolle a situación por se coñecía a alguén que puidese estar interesada en ser afotada (déboche unha meu! jeje) e facilitoume o número de Mónica Lista.

Mentres esperaba a que ela chegase, perdín o tempo por alí sacándome fotos aproveitando o mando a distancia por frecuencia de radio que lle collín a cámara.

elojo ti r

De alí a uns minutos chegou ela

moni bn
A Sara Carbonero da Costa da Morte! jaja

Dende aquí quero mandarlle moitos ánimos para que se recupere pronto!! que tivo un accidente en Vimianzo (seguramente oístedes falar del) e está coa pelvis rota. E por suposto tamén a María, a súa acompañante que está máis grave pero recuperándose. Un paquetiño de enerxía positiva para vós!

No concurso tíñamos que entregar catro fotos, pero ao final sobrounos o tempo e puidemos sacar fotos de todo tipo

monica lista

Non poderei colgar as que presentei ata despois do día da entrega de premios (o sábado que ven)

A anécdota negativa do día foi que, estando no Cabo Vilano sacando unha foto, o flash externo que tiña colocado nun trípode propio, decidiu suicidarse tirándose polas pedras abaixo, rebotando como se fose unha saltarina. Que doloorrr!!!!

Un Metz 48 de máis de 200 euros que apenas tiña un par de meses desgraciado por un descuido. Sorprendeume a súa resistencia estructural (puiden recuperalo) e estaba máis ou menos enteiro... pero as pilas, tapa, e reflector saíron voando polo aire, e por dentro ten que ter cousas soltas porque se o axitas, sona máis a sonajero que a flash. Vamos, que non funciona.

Unha vez asimilado que non volvería a estar con nós.... merquei outro

falsh roto
Estou contentísimo con el. Relación calidade precio paréceme boísimo, e iso que aínda non o puiden exprimir de todo por non ter tempo a lelo manual de instruccións :)

Por certo, se o queredes mercar, non vaiades ao Corte Inglés, que está 50 € máis caro que en Foto Artus. Corte inglés- 260€ Foto Artus- 210€

Unha aperta forte!!!
e coidadiño na estrada!

6 comentarios:

Anónimo dijo...

Toda la furia de El Corte Ingles sera descargada contra ti!!!!!!!!

Rubén Prieto dijo...

jajajajaja :)

Fran dijo...

Boas Ruben!
Quedouche simpatico o dialogo ca gaivota...jejeje Supoño que o momento no que viches a caida do flash debeu de ser moi chungo, eu perdin a tapa do obxetivo fai unha semana e todavia me dura o cabreo.
Xa lle gustaria a Sara Carbonero... Pois nada, que se recuperen e animo.
Un saudo pra tod@s

peter p. de mille dijo...

Xa lle gostaría á Cabronero...

A Minquiña está ben mellor e sejuro que ata é boa de ajuantar.

Isabel Tomé dijo...

Foi o que lle dixen ó meu fillo cando vin a foto "que máis quixera Sariña!" Pero non o puxen aquí porque estaba SEGURA de que Peter non me fallaría jajaja!e hoxe que miro, vexo que hai máis da mesma opinión... Por certo, a ver se ten unha rápida recuperación e pode pasar as festas na casiña!

Rubén Prieto dijo...

jejej graciñaaas, xa lle direi á Mónica que se pase por aquí cando estea baixa de autoestima jeje..
apertas!