Fai moitos anos, (bueno non tantos), no instituto, de cháchara con deivis, bocetando na parte de atrás da libreta, recordo que me saíra un monigote que me gustara, e comentáramos que era algo sinxelo e molón para unhas camisetas ou pegatinas. Pois ben, 7 anos despois véxome cun blog e coa oportunidade de retomar e convertir en realidade eses pensamentos de adolescente.... de "algún día molaría... de maiores..." :)
A hora de escoller algún deseño para enviar á imprenta, arreglarei as letras, que non se leen moi ben.
Intentei reflexar situacións cotiás, que nos puidesen ter pasado algunha vez, coas que nos poidamos identificar...
Que vos parece o monigote raiado como "imaxe corporativa de surfcostadamorte"? jaja
O monigote que máis me gusta é o da foto dos carteis de Nemiña e Rostro
Apertas e que teñades bo día!