Mostrando entradas con la etiqueta Pinta a túa táboa. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Pinta a túa táboa. Mostrar todas las entradas

lunes, 23 de noviembre de 2009

A táboa máis bonita do mundo...

...pode ser a túa.
Cal foi a táboa máis bonita que viches na túa vida?

O recoñecido shaper Chus, de chusmasurfboards e máis eu decidimos xuntarnos para ofrecer un servicio conxunto que consiste no seguinte:

Renovar por completo a túa táboa (short, fish, evolutiva, longboard...)
Chus dalle un prelixado a táboa, eu píntoa cun deseño orixinal ou copiado dunha foto que o dono escolla, e Chus volve a darlle unha capa de resina de acabado para protexer o debuxo e a táboa, coa posibilidade de darlle un acabado en brillo para que quede coma un cristal.

Photobucket

Photobucket

Photobucket

Photobucket
(Descoñezo a fonte destas fotos porque foron collidas de páxinas tipo "photobucket" ou "imageshak", así que pido disculpas ós donos das mesmas e se están lendo isto que mo fagan saber na dirección que hai ó final da entrada)

Esta cutremontaxe é miña:
Photobucket

Podes renovar a túa táboa dende 80 € (pintada e con capa de resina que protexe o debuxo e a táboa sen incremento de peso)

Se o deseño é moi complexo, o precio incrementaríase.
E se a táboa ten toques, golpes ou aboiaduras grandes, será totalmente arreglada e restaurada tamén por un pequeno incremento no prezo.

Se queres surfear na táboa máis bonita do mundo contacta conmigo a través do correo electrónico e falamos: carpediemsempre@hotmail.com

Pide sen compromiso o teu presuposto adxuntando unha foto co deseño que queres e describindo estado no que tes a táboa

Apertas!!