Mostrando entradas con la etiqueta snowboard. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta snowboard. Mostrar todas las entradas

martes, 22 de febrero de 2011

colgados + artistas + profesionais + cámaras + moitodiñeirodenuestroseñor = a...

Xa non sei como calificar o video quero compartir contigo.
A min paréceme alucinante. Polas manobras, polos planos, polo colgados que están todos (ata o piloto do helicóptero), polas paisaxes... en fin. Acabo antes si vos digo que lle deades a play :)


Graciñas a Fran por poñermo no tablón do facebook ;)

sábado, 9 de enero de 2010

Quad + neve + snowboard = ..... (reedit)

= a unha mañá ben divertida.



Un calzado co snowboard, o outro con un quad de 800, e unha corda como vínculo de unión (dios, flipoume Avatar...) remolcábamonos costa arriba e costa abaixo, por prados cortafogos e carreteras. Sendo estas últimas nas que pasamos a maior parte do tempo. Un espesor medio de 25 30 cm foron suficientes para que a máquina tirase todo o que quixese e máis, e esquiador puidese gozar facendo slalom na mesma carretera ou sairse á cuneta para coller máis neve.

A ver se repetimos mañá e collo os videos de hoxe, nos que se nos ve baixando por carreteras e prados nevados remolcados polo Atv de David. E isto a 10 minutos de casa!

Despois pensei que redondearía o día indo pola tarde a surfear, pero as olas non estaban como debían estar para compensar o frío, así que redondeeino sacando fotos como un mono ata que o dedo do disparador se me conxelou.

lunes, 28 de diciembre de 2009

Escapada a Valgrande Pajares

Aquí vai unha entrada vaga, sen procesar ningunha foto nin nada, comento por riba.

Quedamos as 6 da mañá toda a tropa (Danix, Orozco, Marcos, Pol, Pil, Monk, Ramón e eu) en Coruña para colocar tablas e esquís na baca e tirar millas

Photobucket
Danix non aguantaba coas ganas e xa quixo sentir as gafas de ventisca mentres conducía. As caras dos/das que nos atendían nos peaxes eran un poema. E por se lles quedaba algunha duda sobre a nosa cordura, asomábame eu polo lado do conductor e matizaba alegremente: Imos á nevee!!!

Uns conducindo e charlando, e outros aproveitando o tempo doutra maneira jeje
Photobucket

En canto a alguén lle asomase a babilla, aí estaba eu para cazalo todo jeje
Photobucket
(os que sacamos fotos só saímos se atopamos algún espelliño que senon...)

En canto chegamos despois dunhas 3:30 h de viaxe, vestímonos a todo meter...
Photobucket
Cada un ideaba a súa maneira para non mollarse os pés

Esta cámara viu as montañas de lonxe, non me atrevín a subir á pista con ela por se me emocionaba nalgunha baixada e ocorría algúnha desgracia.
Photobucket
Pero si que sacamos fotos e videos co mobil, así que xa subirei algo máis se teño tempo.
As 5, ao acabar a sesión...
Photobucket
famentos (non comimos por aproveitar a neve ata o peche das pistas) mortos de cansancio...fumos para o albergue que tíñamos reservado sen parar de pensar en un bo chuletón para repoñer forzas.

-La cocina no abre hasta las 8:30
-NOOOOOOOOOO......!!!!!

A base de bolsas de patacas fritas e despistándonos un pouco con chistes e algunha partida
Photobucket
fixemos tempo ata a hora da cena.

Despois, directos para cama.
Photobucket
Habitacións con 20 literas que chegaban de sobra para durmir como pedras.
Outros retrasamo un pouco máis a durmida...
Photobucket
Photobucket
Photobucket
Anque non o pareza, so empreguei exposicións de 2 e 3 minutos... pero co teleobxectivo apuntando cara o sur, o rastro das estrelas era maior.
Ao abrir e ao cerrar o obturador, debe de entrar un exceso de luz qeu provoca eses "puntos gordos" de luz ao comezo e ao final do rastro das estrelas. Non sei se se deberá ao movemento do espello. Se alguén o sabe, que comparta sabiduría :)

O día seguinte tivemos unhas condicións de visibilidade perfecta, e a neve en moi bo estado tamén, con zonas de forapistas cubertas de neve totalmente polvo.

Como o luns daban chuvias para toda a península, aínda que alí fose neve, sabíamos que non ía a haber visibilidade ningunha así que o domingo volvimos para casa denoite. Caeunos unha nevada do copón no camiño, pero chegamos moi bien. Cansados, contentos e satisfeitos

Apertas!!

jueves, 25 de diciembre de 2008

Xoves en Leitariegos (con vídeo)

6:00 am Almorzo

Sona o despertador do mobil. A pouca luz branca que desprende o aparato é suficiente para iluminar parte da habitación, na que o único que rompía a oscuridade absoluta eran 3 ringleiras de furadiños da persiana que permitían que se colaran unhas raias de luz laranxa das farolas.

A medida que Dani e eu nos desperezamos (cada un na súa cama) váisenos dibuxando un sorriso na cara pensando no día que nos espera.

6:30 am

Almorzamos Javi, Danix e eu uns ovos fritos e unhas salchichas (sempre pensei que nunca me entraría un almorzo así, e menos a esas horas... pero non vexas o ben que me sentou!) Había que cargar o corpo de enerxía!

7:00 am

Xa chegamos ó aparcamento do Chino antonio (o centro comercial chino máis grande que vin). Alí facíamos tempo mentres non chegaba Jaime, Jesus, santi e javi, escoitando heredeiros da crus, cantando e bailando a versión que fan de Camilo Sexto (siempre me traiciona la razón y me domiiiina el corazoooóoon...). En canto chegaron, cargamos todo o material na furgo de Jaime, cargámonos nos mesmos tamén, e tiramos os 8 para leita. Juntos pero no revueltos.

9:30 am

Chegada a leita co correpondente flipe pola cantidade de neve
Photobucket

10:00 am

Empezaron a aparecer rampas nos bordes das pistas (pero que xogetona é a estación máis barata de españa)
Photobucket
Eu
Photobucket
Dani
Photobucket

Alex. A pena é que os mellores saltos, saen cando non hai unha cámara diante. A que sí Alex? jeje
Photobucket

Danix
Photobucket

Photobucket

Eu. Unhas veces sae o que queres facer...
Photobucket

Pero a maior parte das veces, os saltos acababan coma este. Cuada do quince
Photobucket

Jaime, o conductor da furgo, atopou no foro de leita esta foto, na que alguén dende un telesilla nos sacou unha foto cando estábamos ó lado dunha rampa sacando fotos
Photobucket

Nunha das baixadas que fixemos Alex e eu buscando sitios novos, atopamos esta ola de neve, e aproveitamos para facer un pouco o tonto e sacar un par de fotos "na boca do tubo"
Photobucket

O video que colgo a continuación, non se corresponde con este día, senon coa escapada anterior, na que non houbo tanto sol, pero si mellor calidade de neve (puro polvo)

É unha pena que a maior parte dos videos que teño dos saltos da última escapada fosen sacados co mobil e o "muvimeiker" non mos acepta... tereinos que subir un a un ó youtube e sen editar.. pero dame un montón de pereza..

É todo polo de agora. Se consigo editar un video coas grabacións feitas co mobil colgareino nunha nova entrada. E a non ser que volva a haber un día moi moi apropiado para ir á neve (temporada baixa, paquetón recien caído, e pronóstico de día soleado) supoño que ata o 1 de Marzo non volverei á neve. Tal día, estaremos marchando en avión para Formigal jiji.. que ganiñasss.
É a viaxe que se corresponde coa de Andorra do ano pasado, organizada polo concello de Teixeiro, con avión, hotel, forfait e comida pagados durante unha semana polo módico precio de 270 € para os empadronados nese concello. (a que dan ganas de empadronarse alí apropósito?jeje, un servidor xa o fixo jaja xD )

Un abrazo a todos, a pasalo pipa nas festas e mellor aínda nos días de "non festa"

martes, 16 de diciembre de 2008

MI-MA-DRIÑA!

Despois de un gratificante baño de surf (con guantes!), é unha alegría para o corpo atoparse estas cousas na rede....

Poucas veces se desexa que deixe de nevar cando un o que quere facer é ski ou snow non?
Bueno, pois xa pode ir parando de nevar,porque como siga así non van a dar acondicionado a estación para o xoves, que é cando queremos ir.

Onte comentei que co que nevaría o martes e o mércores posiblemente se enterrasen algo os telesillas da parte alta... pois ben.. estaba equivocado. Non fixo falta que nevara o mércores porque esta é a estampa de hoxe

Photobucket

Photobucket

Photobucket
(fotos sacadas do foro de www.leitariegos.net)

Nós supoño que arriscaremos e tiraremos para alí independientemente do que se diga no foro da páxina. Porque fai dous anos, pasou algo moi parecido. Despois de que caera a que denominaron nos telediarios "a maior nevada da década", fumos Dani e eu o día seguinte, a pesar de que no foro chamaban de "tolos para arriba" ós que intentasen ir ese día á estación. Unha pola gran posibilidade de que as carreteras estivesen sen arreglar (varios quitaneves se saíran da carretera e non traballaban ó 100%) e outra porque dicían que seguramente non lles daría tempo ós currantes da estación a tela preparada para abrir. Arriscamos e tivemos moita sorte. Había uns espesores de medo e o aparcamento habería cando chegamos uns 8 coches e ó acabalo día o doble. Foi o día no que saquei unha das fotos que está arriba, nas fotos que se desplazan por debaixo da cabeceira da páxina. En canto a vexades seguro que sabedes cal é.

En fin, a ver se este xoves temos a mesma sorte e podemos subir. E se podemos subir, a ver se está a estación aberta :)

Un abraso!

Preparando nova escapada!

teléfono.
Ru: -¿que pasa meu!?
Danix: - Rubéenn!! viste las predicciones???!
Ru: - Que prediccións?
Danix: - Para el jueves dan sol en Leitariegos despues de todo el paquetón que acaba de caer!
Ru: Diosss, pero si daban cotas de 600 metros? vai a ser un día épico!!
Danix: Vamos???!!!
Ru: Vamos!!!!

Conéctome a internet para velo cos meus propios ollos, entro no foro de www.leitariegos.net para ver se colgaron algunha foto... e atópome con esto
Photobucket
Photobucket
Photobucket
Photobucket
Photobucket
E esto na parte baixa da estación! Co que vai a seguir nevando martes e mércores seguro que o xoves, na parte alta, os telesillas estarán semienterrados na neve.
No foro atópome con unha porra na que cada un aposta polos espesores mínimos e máximos que vai a haber e todos rondan entre os 160 cm e os 2 m.

Xusto despois de cerrar a boca ó ver todo isto...
apareceme Jaime polo msn

Jaime: Rubén! que haces el jueves??
Ru: Ir a Leitariegos!!
Jaime: Si si!! vamooss! va a ser la hostiaa jaja
Ru: Tamén ves?? De P*** madreee!!

En cuestión de 4 minutos, pasei de estar tirado no sofá a... a estar tirado no sofá pero con unha sonrisa de orella a orella e con un "bule bule" no corpo que non cagaba.
Agora so queda planificarse para que a viaxe sexa o máis cómoda, divertida e barata posible. Estamos barallando a posibilidade de ir Jaime, Tere e amigos, dani alex e eu nunha furgo de 9 plazas... pódese liar parda.

Comentaron que a estación é toda coma un forapista de neve polvo. A ver se non provocamos ningunha avalancha indo por sitios prohibidos jejeje

Se alguén se anima a ir.. propoño que o faga saber, porque nunca se sabe se vai a atopar a alguén para compartir coche e gastos. Igual hai 10 persoas que se quedan sós en casa por non ir sós á esquiar.

Eu unha vez quedei con 4 rapaces do foro de leitariegos. Non nos coñecíamos entre nós, planificamos unha ruta e o que viña dende máis lonxe víñanos recollendo ó resto (quedábamos de camiño). Ó final, pagando o gasoe entre todos, levando bocadillo de casa e pagando o forfait saíunos todo por 13 euros! pasamos un día na neve xenial e fixemos 4 amigos novos. Unha experiencia que recomendo moi moito.

Un abrazoo!!!

sábado, 6 de diciembre de 2008

Escapada a leitariegos

Martes 2 de Decembro

5:40 am
Sona o despertador cunha canción de Bret Denen que comeza cun guitarreo moi suave.
Os ollos ábrense como platos (a pesar de telos cerrado 4 horas antes) e un sorriso plántase na cara antes de escoitar o segundo acorde da canción. A ilusión do neno que vai de excursión da un paseo polas entrañas. Acércase o momento de estrenala temporada de neve...
Unha ducha, vístome, poño un par de calcetíns, as botas, e baixo á rúa. O material xa o teño no coche.

6:00 am
Aparecen Jaime e Tere. Colocamos no seu coche a miña táboa de snow, botas, casco, guantes, roupa e arrancamos dirección "estación de esquí de Leitariegos".

7:10 am
Xa dende antes de chegar a lugo atopamos neve por todas partes, cunetas, prados...
Hai que repostar gasoe, saímos da autopista por un cartel que nos di que hai unha estación de servicio na saída "baralla-sobrado".... en fin... "sobrada" a de kilómetros que hai que facer ata atopar a dichosa gasolinera. Nunca saiades na saída "baralla sobrado"!

7:40 am
Parada na estación de servicio "Vega de Valcarce". Sempre ten un montón de xente, sexa a hora que sexa. (Xusto enfrente ten un puticlub estratéxicamente colocado, pero con esto non quero dicir nada ehhhh! jeje)
Aquí almorzamos un bo colacao quentiño (para contrarrestar os 0 cº que había fora) cunha boa napolitana e un croissant. Esperamos por Dani, Alex, Keko e Javi, (amigos da vida universitaria en Lugo) intercambiamos uns walkis para charlar polo camiño e continuamos a viaxe descojonándonos coas mensaxes destes tolos.

8:40 am
Empezan os problemas na carretera. Cando empezamos a subida ó porto, vimos que a carretera non estaba arreglada polo quitaneves. Había unha capiña de neve que facía que o supercoche de Jaime con ESP ABS SPA JHY PSY e JODT e unhas rodazas anchotas...patinaba moitísimo. E dani, detrás co seu super renault 19 coméndonos o cu e berrando polo walkie: "vennga!! darle caña!! vamos que hay nieve polvooO!". Tivemos que poñer as cadenas e chegamos arriba. Ó ser temporada baixa, forfait 9 euros (a máis barata de españa), e para o telesilla.

(perdonade a calidade das fotos, que están feitas co móbil)
leitariegos
calidade da neve impresionante. Tanto en pistas como en fora pistas (polvo con bo espesor)

Ó medio día saíu o sol e disfrutamos de neve polvo con visibilidade perfecta e temperatura soportable...impresionante
Photobucket

Fumos a probar estas dúas novas pistas vermellas que nunca baixara porque as veces que fora a leitariegos o ano pasado non as abriran
Photobucket

Pero o teleski parouse cando estaba chegando arriba, e mentras esperaba saquei estas fotos. (mentres o teleski me tocaba os webos literalmente)
Photobucket





-forfait: 9 €
-gasoe (entre varios): 10€
-almorzo, comida, colacaos: 10 €

Pasar un día cos amigos na neve en polvo con bo tempo... non ten precio
para todo lo demás, master card

jueves, 13 de marzo de 2008

Andorra 5º e 6º día: VAIA POLVO!

Despois de estar dous días nevando a saco, a cantidade e a calidade da neve caída en Soldeu e El tarter era impresionante. Nunca vira neve polvo de tal espesor...Por iso era moi común escoitar a expresión do título da entrada (que esperábades?)

O que vimos namais chegar, xa foi suficiente para sacarnos a todos un sorriso de orella a orella
Photobucket
Para min que había sitios nos que non facías pe jeje.

A paisaxe vólvese (para o meu gusto) espectacular.
Photobucket

Photobucket

A xente estaba eufórica. Nos restaurantes da estación notábase á xente moito máis alterada e a enerxía positiva esnifábase por todos lados. Se intentabas escoitar algo no jaleo xeralizado o máis común era oir: "que pasada!" "dios mio!" "buff que bajada!" "esto es impresionante.."

Si é que, a verdade, tivemos moita sorte de poder catar a nevada máis gorda do ano recién caída.



Unha das cousas que máis me gustou, foron as baixadas que nos pegamos entre os pinos, esquivándoos e tomando decisións no último momento sobre unha neve impresionante. Era tan blanda e suave que a táboa non facía ningún ruido ó avanzar sobre ela.
Ás veces era traballoso ata levantarse, a que si Dani? jeje


O último día, levei un trompazo bastante gordo. Caín co peito sobre un pequeno tronco cortado. Resulta que estaba grabando nese momento e, se vos fixades, pódese escoitar o grito de dolor :) Dende que levei o golpe ata que puiden dicir o de "non sei se me acabaría de romper unha costela" pasaron uns 5 minutos porque ó principio facíaseme complicado respirar o suficiente como para poder falar ben. Por iso tiven que cortar o video



Fíxenme unhas placas por si había algo roto pero houbo sorte. Aínda que me dixeron que as contusións costais tan fortes teñen dolores similares ás fisuras. Seguimos esquiando aínda que as caídas doían algo máis :)

Esta foto é dunha pista negra que baixamos. Había algúns esquiadores que baixaban como auténticos energúmenos... a verdade é que daban envidia poder ir tan rápido e de forma controlada
Photobucket
Era bastante empinada pero realmente pensei que iban a ser peores as negras de Andorra. Sempre escoitei... buff! as rojas de leita son como as azuis de san isidro... e teño escoitado, buff.. as rojas de san isidro son como as azuis de andorra... polo que supuxen que as negras serían paredes so aptas para profesionais... pero para nada. Se puiden baixala eu pode calquera :) Eso si, polo borde da pista para non molestar ós bólidos (e por donde estaba a neve máis paposa :)


E para rematar, un video dunha pista que se chama Gall de Bosc que é algo lenta pero bonita e divertida. Por iso a escollimos para grabarnos. Dani é o de casco vermello e chaqueta blanca e negra, Alex de cazadora negra e pantalón marrón, e eu o de cazadora laranxa
(ten música propia, acordádevos de parar a do blog)

Andorra 4º día: Relax

Se lestes a entrada anterior... non fai falta explicar con excesivos detalles como foi a xornada. Nunha palabra, foi tranquila. Ó estar a estación cerrada por temporal de neve e vento, preparámonos para descansar todo o cansancio acumulado nos primeiros días e na noite anterior.

Algúns volvéronse a deitar e outros quedamos de palique toda a mañá no salón do hotel.
Pola tarde dimos un paseo por Andorra, mercamos algunha cousa...e preparámonos para a visita a Caldea.

Ó ir en grupo, collimos unha oferta. Por 21 euros gozamos das instalacións dun dos mellores balnearios de Europa durante 2 horas e media. O suficiente como para quedar ben arrugadiños.

Fumos de noite, de 9 a 11:30. Moitos dos que viñan na excursión, fan a mesma viaxe tódolos anos, e polo que comentaban, parece ser que tivemos moita sorte porque normalmente o balneario está a tope de xente. Tanto é así, que tódolos anos que viñeran tiveran que facer cola para ir ós jacuzzis, saunas, baños turcos...etc. E desta vez, non había cola en ningún lado. Había moi pouca xente. Máis ou menos como nestas fotos. E eso que solo o noso grupo xa éramos 50 persoas.

Esta era a parte principal. Cada "cunca" era un jacuzzi que masaxeaba diferentes partes do corpo. Unha para o pescozo, outro para as pernas, outro para a espalda...
Photobucket

O baño indorromano tiña un encanto especial. Era moi acolledor.
Photobucket
Tiña unha pinipiscina coa auga a 14 grados. Un contraste bastante "jevi" jeje

E posiblemente, un dos maiores puntazos era o seguinte. Se ías nadando por unha especie de pasadizo e atravesabas unhas cortiniñas, aparecías no exterior.
Photobucket
Nós fumos de noite, e nevaba. Era unha sensación moi agradable estar bañándose en auga quentísima mentres che nevaba na cabeza e observabas as montañas nevadas. Só sacar o peito fora da auga era suficiente para notar os...¿20 grados? de diferencia de temperatura. Houbo máis de un que se animou a vir comigo a rebozarse na neve casi espidos para volver a meterse rápidamente no jacuzzi :)

Teño unha foto mental que vou intentar describirvos: Estaba nunha tumbona/jacuzzi, ó borde da piscina exterior, e o que se vía era a picuda pirámide de cristal do propio balneario, que se adentraba no oscuro ceo. Pero as distintas formas da peculiar edificación dibuxaban un montón de sombras poligonais na neve que caia iluminada gracias a uns potentes focos que estaban ben escondidos. Era tal cual unha escena dun storyboard de calquer película de ciencia ficción...unha pasada. Estaba esperando a que Spiderman aparecese polo aire pero non apareceu. Debía de estar no baño turco :)

Aquí estamos casi todos...
Photobucket

Se algunha vez pasades por Andorra, pasade por Caldea porque vale moitísimo a pena.

Andorra 3º día: comeza a nevada!

As condicións de neve eran prácticamente iguais ás do primeiro día. Estaba moi ben exceptuando algunha placa de xeo que había descuberta na parte alta. A boa noticia era que a ratos nevaba, e nevaba con sol. Se alguén mo explica... :)

Ó ser o segundo día de ski tampouco subimos ningún tipo de cámara. Subín o móbil, co que fixemos a maior parte das fotos e vídeos...pero pasaba o de sempre. Antes de baixar dicíamonos: "bueno, de esta hai que grabar ou sacar fotos eh..." Comezábamos a baixar, emocionábamonos, corríamos, saltábamos, animábamonos uns ós outros... e ó chegar abaixo... merda! non grabamos!! E así unha e outra vez.

Ó final da tarde, a capa de neve recién caída xa tiña un espesor considerable, arredor de 40 centimetros (unhas pistas máis e outras menos) polo que as últimas baixadas dese día convertiríanse nas mellores da viaxe ata o momento.

Tal foi a nevada que caeu en tan pouco tempo que puidemos ir esquiando polo aparcamento ata o mesmísimo autobús.

Despois, o autobús non daba saído do aparcamento. Tivemos que xuntarnos tódolos pasaxeiros na parte de atras (sobre as rodas motrices) para ver si podía saír... pero nada. Seguía patinando. Acabamos poñendo cadeas
Photobucket

Tardamos hora e media en facer un traxecto que normalmente leva 20 minutos. Imaxinade a velocidade á que tíñamos que ir. Era un espectáculo ver polas ventás do bus a tódolos coches patinando jeje. O bus inundouse de risas cando vimos a un tipo correndo detrás do seu coche cando se estaba preparando para poñerlle as cadeas. jeje. Foi moi simpático, tal cual videos de primera

Esa noite fumos a tomar algo en plan "relax", e ó final xa sabedes como acaban estas cousas... empezámonos a animar, entre bar e bar era inevitable verse involucrado nunha gran guerra de neve... con trincheiras, diferentes bandos, traidores, francotiradores agochados...
Non vos vou a especificar as cousas que fixemos, pero... dígovos cousas soltas, e vos atades cabos: "baixas presións en altas alturas que fan que calquer bebida, por lixeira que sexa, suba de forma especial..." "neve por un tubo" "oh! un carrito de compra!" "oh, unha costa abaixo!", "facía falta un casco....oh!unha pota!" "jajajaja" "sube! sube!" en fin...

Acabámola noite neste pub "la borsa"
Photobucket
que era orixinal polo seguinte: Os precios das cousas non eran fixos. As pantallas que se ven ó fondo imitan ás do mercado da bolsa, e nelas mostrábanse os precios dos productos que subían e baixaban. Cando a bolsa caía, e os precios estaban polo chan, saltaban unhas alarmas cunhas luces... e xa vos imaxinades a reacción dos consumidores non? :) unha boa táctica.

A frase que máis se escoitaba ó final era: bueno, hai que ir indo para ó hotel ehh, que en 3 horas hai que levantarse para ir esquiar, que para eso viñemos a Andorra! jeje

Por iso, cando ó día seguinte nos anuncian que non podiamos subir a esquiar porque está todo cerrado por temporal de neve... os que nos acabábamos de deitar había poucas horas, mirámonos... e puxemos cara de.. bueeeeeno..... e un leve sorriso xa o dixo todo :)

martes, 11 de marzo de 2008

Andorra 2º día. Chegamos a Grandvalira!

O luns cando chegamos á estación, parecía que non había moita neve...
Photobucket

Pero as pistas estaban xenial. Parece ser que os cañóns de neve podían traballar tódalas noites porque non había unha calva. Só na parte de arriba de vez en cando atopábaste algunha placa de xeo que te tiraba ó chan. (nunca probara/vira/caera en ningunha). Son como esas zonas de aceleración dos videoxogos que hai que grindar :)

O primeiro día de neve, co frenesí, nin cagamos nin sacamos fotos. Así que poño esta de Breixo e de paso preséntovos a estos amigos que fixemos na excursión:
Photobucket
Son Delia, Breixo, Sara, Dani e Edu. Un abrazo moi forte!
Como vedes na parte media xa había máis neve por todos lados.
Ó fondo á dereita podedes ver as pedazo rampas do snowpark. Daban medo!
Photobucket
Non nos daban os ollos para mirar a todos lados... Non probamos nin a metade das pistas que estaban abertas. E non foi por falta de ganas eh..
Ó chegar ó hotel, estábamos rebentados. Unha ducha reconstituínte, unha boa cena (bufet libre, puxémonos como becerros) e a repousala comida xogando unha partida ó gran turismo 4 alí no hotel.
Photobucket
(Os volantes tiñan motor e ofrecíanche un montón de resistencia segun en que momento. Nunca xoguei dunha forma tan realista a un xogo de coches. Aínda que tamén é verdade que nunca tiven un aparato destes)

despois, charlas, risas, guitarreo e a mimir