jueves, 7 de octubre de 2010

De risas...

Onte á noite, na casa do meu amigo Fran, fixemos unhas probas de video coa miña cámara e grabamos un par de cousas... pero por grabar. Sen sentido ningún. Nin intención de facer nada. Pero o rapaz, que saíu listiño coma un allo, graboume uns planos falando diante dun croma, e despois estivo xogando/editando no seu novo super mac pro de 8 nucleos ata que saíu isto:



Fran Zeibe, o que me editou o VIDEOBOOK e o que grabou/dirixiu e editou todos ESTES VIDEOS ten un pedazo estudio de postproducción en casa do que algún día poñerei algunha foto se me deixa. A unha imaxe normal e corrente grabada sen iluminación adecuada...cambioulle a apariencia de "Caseiro" a "serie americana tipo CSI" en dous minutos.
É incrible o que se pode facer coloreando unha imaxe e a cantidade de parámetros que se poden dominar. Vaia mundo por descubrir o da edición de video... Mimadriña.. o que me queda.

3 comentarios:

Jose dijo...

Eu quero un pero con Pilar Rubio, jeje.

Peter p. de Mille dijo...

Kagontooo!! que maior me collen estes avances joeeer.
Ainda lembro as cutrepostproduccións que facíamos cun tal Raul e Isabel nun local vangardista do Jólibuz da Costa da Morte na sede do "CRCEE Studio".
Que tempos, ata tiña pelo!!
Se tiveramos estes medios!!

Fran dijo...

Boas! Buf, anda que non flipamos daquela ca peli esa de Tron. Eu de todas maneiras casi que me quedo con segundo entorno...jejeje
Moi boa factura. Unha aperta pra tod@s