Moi boas!
Para non darvos a lata colgando unha entrada con cada función que vaiamos a ter... xa vos anuncio aquí as que nos quedan ata fin de mes:
- Mañá mércores, actuamos no Salon Teatro, en Santiago de Compostela ás 23:15
- Venres 22 de Outubro, en Milladoiro (Casa da cultura)
- Sábado 23 de Outubro, en Carballo (Pazo da cultura) ás 21:00
-Tamén vos recomendo moitísimo ir a ver "Palabras encadeadas" tamén de Talía teatro, o domingo 31 ás 20:30. Para min é a mellor obra que vin. Así, con un par. Será no forum metropolitano en Coruña
Mais información na páxina de Talia: taliateatro.es
Cambiando de tercio, o outro día publicaron un mini artículo na voz de galicia dunha minientrevista que me fixeron mentres acababa o último mural. Graciñas Eduardo! A entrevista non foi grabada polo que as respostas non son textuais. Sei que é imposible transcribir unha entrevista de memoria ou anotando nun caderno, por iso lle resto toda importancia e culpa ao entrevistador! que, por certo, foi super amable e agradable. Pero, por matizar, por exemplo, o titular non foi dito por min textualmente. Só durante a conversación comentei que vivir das afeccións era un luxo, pero é distinto a rematar a frase con un "que eu teño" non sei. "Cositas" sen importancia pero coas que non me sinto identificado.
Pero de todas formas, agradécese tremendamente o artículo. Toda publicidade é benvida ;) Podedes lelo facendo click AQUÍ
E buscando este, atopei outro! (click AQUÍ ) do que non tiña constancia, dun concurso de fotografía no que quedei finalista coa foto de "pescando estrelas" e que se expuxo no faro de Fisterra :) O gañador foi Juan louro, do blog que teño linkado "ézaro en fotos"
Apertas forteeeeeess!!!
4 comentarios:
Si xa se ve que o que che entrevistou non tiña dous dedos de frente....
rubén prieto tomé Pintor de murais e actor
Pon en maiúsculas solo a P de "Pintor"?? WTF?? xDD
Noraboa pola obra crack! aínda non tuven oportunidade de ir vela, que me queda lonxe e curro 6 días a semana últimamente, a ver si cae algunha función por aquí cerca pronto :)
Saúdossss
Lo que no haga uno mismo..... ya lo sabes, a reportero tambien
Ese é o precio da fama. A partires de agora, xa sabes, a medir moi ben as túas declaracións ;-)
Por certo, supoño que a obra tamén a ides representar en Ceé, xa avisarás (o enlace que puxeches de Talia teatro non funciona).
Unha aperta.
graciñas plo aviso antonio. si, actuaremos en cee... avisados quedaredes ;)
apertas!!
Publicar un comentario