Cantas veces escoitamos isto na auga?
A maior parte das veces serve para avisar de que a seguinte onda é mellor que a que imos a remar. Pero outras veces, é unha advertencia para que teñamos coidado. Para que rememos cara o horizonte coa esperanza de que non nos cace a grande.
No caso da seguinte foto. Máis que berrar, tocaría decir polo baixiño: "padre nuestro que estás en los cielos...." eso é o primeiro que se me ocorre e iso que non son relixioso xD
Á foto seguinte penso que lle vou chamar:
"La Masa!"
Este amole de auga rompe na parte esquerda de Rostro, nas pedras que tan fielmente me avisan de que se achega a serie. (Exceptuando os días nos que as olas rompen á mesma altura que as pedras...días nos que se agradecería unha alerta de ese tipo ou un helicóptero no caso de que veña "a de atraaaas!!" :)
E a última foto, trátase do meu primeiro intento de "tilt-shift". Un efecto no que se intenta miniaturizar cousas grandes coa axuda do desenfoque gaussiano de photoshop.
Acabo de acordarme agora: Meu sobriño de 3 anos (etapa dos "porqués"), é, como moitos nenos, forofo dos tractores. Cando a súa avoa lle regalou no cumpre un conxunto de roupa "la mar de chulo", dixo o pequecho: que boniitooo!........ e... porqué non é un tractor?
:)
Apertas fortes!
3 comentarios:
Menuda masa! dios! te caza eso y mueres! La del tractor esta muy lograda, viendola entes de leer, se me hacia algo raro en la foto, como si fuese un juguete. Mu chulas!
Boas Ruben! A miña pregunta, ¿e que se fai nese tipo de situacions? ¿fas o pato? ¿mergullaste e sales da tabla? O certo e que mete medo... As fotos estan cojonudas, noto certa diferencia nas cores con respecto a anterior maquina, ¿e impresion miña?
A do tractor esta moi chula, por momentos parece que vai a aparecer un click de Famobil...
Unha aperta pra tod@s!
Qué tal Ruben?, menudas fotazas, a segunda e moi boa, pero a do tractor encantoume, xa quería ver algunha dos cantís do sábado.
Saudiños.
Angeles.
Publicar un comentario