lunes, 23 de mayo de 2011

Surf, longboard, SUP e golfiños por Nemiña

Ola?
queda alguén por aquí? :)

Sen máis rodeos, déixovos unhas fotos que sacamos onte María Ledo e eu en Nemiña. Graciñas! vas ter que facerte un blog María, que as últimas veces que actualicei foi con fotos túas! jaja

IMG_2631
A Alberto, se o ves na praia na que estás, podes estar tranquilo, non hai mellor opción no que se refire a calidade de ondas :)

IMG_2614
Rapaciños que andan como poucos dos grandes

IMG_2603
Grandes que con pouco mar gozan como rapaciños

IMG_2593
A última hora había sitio para que un gozase camiñando pola auga co seu sup.

IMG_2545
Mamíferos como peixes na auga

IMG_2370foto: Maria Ledo
IMG_2514foto: Maria Ledo
Toño Casais perfeccionando día a día


IMG_2461foto: Maria Ledo
IMG_2460foto: Maria Ledo
IMG_2448foto: Maria Ledo
Eu cada vez disfruto máis do longboard. Antes tiña a escusa de que tiña a táboa pequena a arranxar e non me quedaba outra que ir co tablón, pero agora que xa teño todo a punto..... parece que da pereza volver ao pouco volume. Minto, parece non. Dá pereza.
O long para todo é máis descansado
IMG_2377foto: Maria Ledo

Aínda que a esperanza de facer algún día algún xiro así, fai que un queira recuperar a manioabribilidade dunha short
IMG_2402foto: Maria Ledo

IMG_2453foto: Maria Ledo
Alégrame ver que cada vez hai máis rapazas na auga...

Falando de rapazas...
sabela aran
Ela é Sabela Arán, a prota de Vilamor (www.vilamor.es) peli que xa estamos ensaiando e en nada comezamos a gravar.

Nela teño un personaxe moi pequeniño, pero por pequeno que sexa, hai que colaborar na caracterización! pintazas!
ruben prieto barbudo

Apertas a todos e disculpade o abandonadiño que teño o blog! cuestión de traballo graciñas a deus

viernes, 22 de abril de 2011

Surf en Nemiña

A semana pasada (ou fai dúas xa?) tivemos un par de baños en Nemiña.

Nun momento no que a marea baixara moito e as ondas eran rápidas e orilleras aproveitei para coller o meu pepino e disparar algunha que outra foto.

cutback

Sempre se agradece ter xente de nivel na auga porque collen calquer oliña e fan mil marabillas.

IMG_0328r

Aquí abaixo temos ao noso Moncho de Laxe facendo un floater
moncho floater

e acabándoo á perfección :)
IMG_0240

IMG_0215

IMG_0118

IMG_0147

Hoxe quero mandarlle un saúdo especial a Dani Trillo, un dos pupilos que comezou a surfear fai 4 meses escasos, xa mercou tablón, xa rompeu o invento en Rostro con 2,5m de ola, e xa parteu o tablón en Nemiña. Vas como unha moto!!

Apertas a todos e a disfrutar do que queda de Semana Santa!

domingo, 20 de marzo de 2011

Roubos en Mar de fóra

Coidadiño!

Ao meu amigo Brais rompéronlle un cristal do coche en Mar de Fóra para roubar. Sorte que só lle colleron o móbil e non tiña táboas nin nada de valor...

E onte parece ser que a un rapaz de coruña tamén lle entraron no coche para roubarlle unha carteira na mesma praia.

Vai a haber que andar con coidadiño.... que rabia.

Por outra banda... ao amigo Fran roubáronlle do seu garaxe en Vigo as súas dúas táboas de surf

Photobucket

Photobucket

Photobucket



Se alguén ve nalgunha web ou tenda de segunda man estas táboas que se poña en contacto. Fran, se queres deixa nun comentario o teu mail por se queres que se poñan en contacto contigo en caso de que aparezan.
Síntoo moito Fran, imaxino o que ten que fastidiar

Apertas!

domingo, 13 de marzo de 2011

BAÑAZO

Por se queres escoitar mentres...
(vale a pena)


Os "bañazos" son moi relativos.

Cando alguén di que en tal praia ou en tal outra houbo un "bañazo"... normalmente tratas de calcular as ondas que te perdiches facendo unha media entre: as olas que cres realmente que houbo en función das condicións meteorolóxicas e a fiabilidade do emisor.

Con isto non quero dicir que haxa "emisores" pouco fiables (que tamén), pero o que para unha persoa é un bañazo, para outros pode ser un baño mediocre. Eu penso que isto en parte vese influenciado polo nivel do surfista, xa que como ben di o refrán "cada un conta da feira como lle foi nela" e o que ten bo nivel disfruta ata na onda máis mediocre.
Debe de ser por isto que son moi poucos os baños que califico desta maneira :)

Por outro lado, agora que o penso, hai moitos "pros" que se volven uns inconformistas e quéixanse de vicio cando teñen olas decentes pero non lles da para entubar ou para facer aéreos (teño escoitado a algún berrando na ola, ou máis ben, berrándolle á ola), e hai moitos que se inician no deporte que con calquer espumiña se van para casa máis felices que ninguén...polo tanto, o argumento citado anteriormente perde todo o sentido e podería eliminar estes dous parágrafos dun plumazo que a entrada quedaría exactamente igual. E ti non terías perdido dous minutos. Pero a vida éche así de dura amijiño xD

Conclusión? pois que hai que facer un esforzo e intentar ser obxectivos.

Obxectivamente, para min este foi un bo baño:

IMG_5035

IMG_5036

IMG_5037
(Son eu intentando pillarlle o punto ao longboard. María graciñas pola secuencia!!)

Nun baño así estás agradecendo aos deuses ese regalo da natureza, pero dona Felicidade non é capaz de calar á señorita Avaricia cando a condenada comenta: Dios, se estivera un pelín máis grande sería un BAÑAZO!

E de alí a uns días chega isto
dereitolo

Dereitaza para un lado e esquerda para o outro

IMG_8875

IMG_8876

IMG_8877

IMG_8878


IMG_8879


IMG_8880

IMG_8881

Tubo do portugués que se marcou en canto collín a cámara namais chegar. Como comprenderás, non aguantei un minuto máis coa cámara. As miñas pernas case me deixan atrás cando marcharon correndo a vestirse o traxe de neopreno para non perderse nin unha soa serie.

Na auga éramos tres e case nunca coincidíamos no pico. Sempre había unha ola que desexaba transportarnos ao ceo. E nós, encantados de deixarnos levar, por suposto.

Apertas!
felicidade e paz para todos :)

lunes, 28 de febrero de 2011

Á gran pantalla!

Moi boas!

Unha vez máis, esta entrada non vai sobre surf (lo siento Carlos), pero é que me apetecía compartir con vós unha noticia: Pois nada, que me colleron para rodar unha pelí!

Gravaremos en xuño e xullo e está baseada nunha comuna "hippie" que se formou en Nogueira de Muñiz nos anos 70/80. Vamos, que me ven "ao pelo", nunca mellor dito :)
Agora teño que deixar barba e pelo longo ata acabala rodaxe! xD

Está dirixida por Ignacio Vilar, (director de Pradolongo), e verase en tódolos cines de Galicia a finais deste ano e creo que tamén en Madrid e Barcelona, xa que a peli, que se gravará en galego, dobrarémola ao castelán e subtitularase en varios idiomas.

Sabíao dende fai un mes máis ou menos, pero un sempre tenta andar con pes de plomo con estas cousas por si se volven atrás, por se finalmente non vai adiante o proxecto...eu que sei. Outro factor é que un non acaba de creelo de todo!... ao principio costa un pouco asimilalo. De feito, cando o dire me comunicou en Santiago que era un dos actores da peli quedeime en plan: "aha, ... si si...interesante...que ben..."
De alí a un par de horas, só, no coche de camiño a casa xa me comezaba a entrar a risa floxa, despois cantaba e de vez en cando escapábaseme un berro como se fose nunha montaña rusa pero no coche e a dous por hora :)

En fin, que agora que xa o comezo a leer na prensa e vexo que todo vai vento en popa, comezo a crelo.

Aquí uns artigos:
Faro de vigo: Ignacio Vilar rescata as comunas

Cine por la red

Xornal.com: o cineasta Ignacio Vilar comeza no Piornedo a rodaxe de "Vilamor"

Artigo de Manuel Rivas


E bueno, xa que estamos co tema... aquí vai o anuncio do que vos falaba nesta entrada

Owntheway from Mandeo Records on Vimeo.



Seino, hai un detalle un pouco absurdo... pero ao final quedou así :) Mira que non nos rimos co temiña... "Agora fago un furadiño na area e deixo o móbil enterrado, non?" "ocórresevos outro sitio onde metelo móbil?" xD

Bueno, por hoxe nada máis. A ver se despois subo algunha foto do baño de hoxe, que había unha dereita xeitosa que rompía cando lle apetecía.

Apertas!!

sábado, 26 de febrero de 2011

Un amigo vende coche:


VW. Golf CLD

Motor diesel 1,9
Dirección asistida
Discos e pastillas de freno novos
Neumáticos novos
ITV pasada ata Agosto 2011
Xogo de barras portaequipaxe
276000Km.
Cor blanca
5 portas

Precio: 3000€

Contacto: 609241141
presedo_xunta@yahoo.es

Sorte na venda Peter!

martes, 22 de febrero de 2011

colgados + artistas + profesionais + cámaras + moitodiñeirodenuestroseñor = a...

Xa non sei como calificar o video quero compartir contigo.
A min paréceme alucinante. Polas manobras, polos planos, polo colgados que están todos (ata o piloto do helicóptero), polas paisaxes... en fin. Acabo antes si vos digo que lle deades a play :)


Graciñas a Fran por poñermo no tablón do facebook ;)

viernes, 18 de febrero de 2011

De ruta polos cañóns do Sil

Moi boas!

Fai un par de semanas pegueime unha pequena excursión por Ourense e saíron estas fotos.

Photobucket
Camiño a un soño... cal é o teu?

Photobucket
sol plando

Photobucket
Libre albed Rio

Perdendo un pouco o norte sempre se atopa algunha pista que desemboca en mar de silencio

sábado, 29 de enero de 2011

Nemiña, surfeando a contraluz

Normalmente, surfear en Nemiña significa acabar cos ollos ben encarnados.

E non me refiro ao cabreo por haber saltadas de máis nin nada polo estilo (que algunha que outra sempre hai); senon que, como as condicións idóneas de vento para Nemiña son as de vento Nordés, e co nordés soe haber bo tempo, temos sol. Vale, e? Pois que precisamente debido á orientación da praia, o sol ponse polo mar. Xustiño por onde veñen as ondas, e máis no verán.
Resultado? que se queres ver se ven a serie, tes que estar mirando para o sol, coa conseguinte resposta fisiolóxica. Ollos encarnados como tomates.

Recordo que, de adolescente, cando me vían cos ollos encarnadísimos sempre me dicían:
- Eh! fumaches porros!!
- que no, que veño de surfear
- si si xa, agora chámanlle así...

(lei de vida)

Todo isto tamén significa que, a maior parte das veces, as fotos teñen que saír, si ou si, a contraluz.

(Fotos moi boas feitas por Maria Ledo, graciñas! en nada estás mercando cámara xa verás :)
Photobucket
Peroo... e o bonitas que quedan?
Aquí temos a Suso facendo un floater ben bonitiño. Acabaríao? non? si? que máis da. Carpe Diem :)


Aquí está Toño collendo un dos seus mellores paredóns
Photobucket
Recordade que colleu unha táboa por primeira vez en Outubro! ou eu son moi bo profe, ou el moi bo alumno. Ou as dúas cousas claro jaja.

E aquí un descoñecido xirando
Photobucket
(ou é o portugués?)

Hoxe á tarde por alí nos veremos, que hai xente que quere aprender a surfear a golpe de xaneiro! como ten que ser! :)

Apertas!!

martes, 25 de enero de 2011

Ondalongaaaaa!!! :D

Achégase o Ondalonga 2011!!



Paseino tan tan ben o ano pasado, que por nada do mundo me volvo a perder esta quedada.
Por se non liches a crónica que me encargaron escribir os da organización o ano pasado ESTÁ AQUÍ. Se despois de lela non che apetece vir...vaite mirar porque é que non tes sangue no corpo! :)

Dende a WEB OFICIAL informan:

"Fechas provisionales del esperado festival reunión longuera de Galicia, este año las fecha elegidas serán del 12 de febrero al 27 de marzo.( Estas fechas pueden sufrir cambios ya que aun no están confirmadas)

Como el año pasado este primer evento será una manera de reunir a todo aquel que quiera pasar un buen rato con otros longboarders y poder surfear , tal vez, la ola mas larga que se puede surfear por estos lares"

Eu volverei co meu stand de roupa surfcostadamorte e cunha novidade: Pintarei alí un cadro nun lenzo de dous metros (posiblemente un tubo visto dende dentro) e subastarase alí a partir do prezo do lenzo. Admítense "foto-suxerencias" para pintar :)

Apertaaaas!!!

miércoles, 19 de enero de 2011

Casa dos Noche

Video promocional da casa rural dunha amiga feito por amigos :)

CASA DOS NOCHE from Mandeo Records on Vimeo.



Unha casa con encanto. Tanto encanto como ten a caseira (Elena, a que aparece no video). Decorada con gusto e con moitísimo mimo.

Visitade a súa web:
CASA DOS NOCHE

lunes, 17 de enero de 2011

Onte, 4m en Rostro. Misturando surf co audiovisual

Iso era o que marcaba windguru para onte pola mañá. Un día dos longos.

Pola mañá cediño tocou grabar coa luz do mencer un anuncio dun GPS. Supostamente un aparato tan chachi guay que me leva ata a praia máis recóndita para surfear ondas perdidas, alonxadas de toda civilización. Pois ben, diso se trataba. Grabar unha "chegada á praia" grazas ao aparatiño e coa conseguinte surfeada.

Photobucket

Levei ao equipo ata a praia de Rostro primeiro pola súa pureza en canto á ausencia de "ladrillo" e segundo porque co vento sur que zoaba... as ondas serían mellores.

Sabía que ía a ser un baño peleón, pero tiña esperanzas de que estivera algo ordenado. E finalmente non foi así a pesar do que poida parecer na foto. O canal parecía un río dos rápidos con olas cruzadas que viñan por todos lados.

Debido aos tempos de espera, ademais de disfrutalos entre risa e risa co magnífico equipo de Mandeo Records, aproveitei para ir olleando os picos e sacar algunha foto

IMG_1914
O puntiño negro é unha gaivota.
(Ten moito ruído porque ao haber pouca luz tiven que tirar moito da ISO)

Despois de estar un cachazo co traxe posto grabando unhas secuencias en terra(que frrrrío), lanceime á auga a intentar coller algunha.
As ondas xa baixaran un pouquiño de tamaño pero aínda así deume tempo a coller dúas oliñas que me deron a miña dosis de adrenalina para esta semana que ven cargadiña de traballo.

Entre pitos e flautas déronnos ás 3 da tarde. Comimos un churrasquiño e tirei para Estorde onde me estaban esperando os rapaces/a para rematar un curso de surf (a golpe de xaneiro, uns valentes!)

Ah! certo, antes de chegar, paráronme uns señores de verde moi amables. Pedíronme a documentación, permiso de conducir... e dime:
-sabe el motivo de la parada?
-(eu pensaba: porque viña rápido? porque levo dúas tablas de iniciación na baca e 3 dentro do coche? polo sucio e revolto que o teño todo?) respondo: - Non (cunha cara de inocente que ao meu lado o osito de mimosín parecía un asesino en serie)
- Le paro a usted por tener la ITV caducada (e señalándome a pegatina do parabrisas)
- (me caaaagoentodoo! pero como me cazaches así al vuelo? pero como tes tanta vista condenado?.....) Anda! non me dera conta.

Despois de facer a denuncia volveu para o coche e cando ma entregou díxenlle:

"- E si che cambio a multa por un curso de surf?"

Sorriu, palpou as táboas que levaba na baca... e pensei: nada, agora ou me di que si, ou me multa por levar as tablas incorrectamente.

- Das cursos de surf?
- (buah, que me di que si, que me di que si...) Si si, de feito vou agora a traballar...
- (pausa)..... pff... Que che vou a dicir? (con sorriso amable todo hai que dicilo)
- A multa xa está posta verdade?
asentiu coa cabeza e despedímonos coa sensación de que algo bonito puido ter comezado...pero que se quedou en un "ataloguiño, graciñas..." e en 200 euros de multa.


Apertas!!

miércoles, 12 de enero de 2011

1º Mural infantil: O Principiño

Despois de dous días de traballo...


principiño 2

principiño1

...este é o resultado do primeiro mural que me encargan para alguén que aínda non naceu :)

principiño red


Así estaba antes a habitación
antes
simplemente branca.

Os encuadres son un pouco raros porque a habitación era pequeniña e o 18 mm non me deixaba abarcar toda a parede. (Rediosss...necesito un obxectivo angular ou ollo de peixe)
Noraboa a Yoli e Fran pola pequecha/o e graciñas por ser taaaan amables comigo! :)


Apertaaas!!

miércoles, 5 de enero de 2011

Baño de Nemiña 2-1-11

O primeiro día do ano Nemiña estaba intratable. Pero, un día despois, cunha disposición mental e corporal bastante distinta, decidimos volver a intentar pegarnos o primeiro chapuzón do ano.

Por alí estaban todos, ou case todos. Despois de charlar un rato comentando a noite de fin de ano, fomos entrando á auga pouco a pouco...

O tamaño baixara unha animalada comparado coa víspera, e entre barra e barra saía algunha oliña.

Xuntiños para a auga fómonos Dani Toño e eu, os mesmos que despedimos o ano na mesma praia brindando e surfeando (xunto con Antonio e Felipe)

María quedou en terra coa miña cámara e sacounos estas fotos e moitas máis. Moitas graciñaas María!! Permitinme procesalas pero a materia prima é súa. María, agora tócache ir aprendendo co photoshop para cando teñádela cámara! :) Eu tamén tería que aprender que boa falta me fai.

Durante os cursillos de surf sempre estiramos antes de entrar á auga (e eles agora fano sempre) , pero na vida real cóstame bastante poñelo en práctica. Por iso aquí é aplicable iso de "fai o que digo e non o que fago" :)
nemiña

Aquí Toño, nunha das súas mellores paredes ata o momento, afotado pola moza, visto pola nai e animado polos amigos. Todo un luxo para levar tan pouco tempo surfeando! A min nunca tal me pasou despois de 7 anos surfeando!
nemiña

Aquí Pablo agarrando canto intentando atrapar a parede
nemiña


Marcos, mellorando cada día o seu droopknee
nemiña

Luis Más, Camariñas crew
nemiña

nemiña


Gero, outro "recén" enganchado a este deporte
nemiña

Este son eu, executando unha maniobra que se chama "sacamocos outwave"
nemiña
(á espera de que Álvaro me mande un par de fotos que me cazou jeje)

E Brais, que lle da a todo, non vaia a ser que abra unha sección e poida apañar algún xiro :)
nemiña

Pero desta vez, tocou cerrote. Que por certo, non escaseaban.
nemiña

O próximo baño? nin idea, gracias a dios teño bastante curro e non teño tempo nin pa ca... cabecear un rato.

Apertas a todos e a cumprir os propósitos do novo ano! (eu estouno intentando!)