lunes, 17 de enero de 2011

Onte, 4m en Rostro. Misturando surf co audiovisual

Iso era o que marcaba windguru para onte pola mañá. Un día dos longos.

Pola mañá cediño tocou grabar coa luz do mencer un anuncio dun GPS. Supostamente un aparato tan chachi guay que me leva ata a praia máis recóndita para surfear ondas perdidas, alonxadas de toda civilización. Pois ben, diso se trataba. Grabar unha "chegada á praia" grazas ao aparatiño e coa conseguinte surfeada.

Photobucket

Levei ao equipo ata a praia de Rostro primeiro pola súa pureza en canto á ausencia de "ladrillo" e segundo porque co vento sur que zoaba... as ondas serían mellores.

Sabía que ía a ser un baño peleón, pero tiña esperanzas de que estivera algo ordenado. E finalmente non foi así a pesar do que poida parecer na foto. O canal parecía un río dos rápidos con olas cruzadas que viñan por todos lados.

Debido aos tempos de espera, ademais de disfrutalos entre risa e risa co magnífico equipo de Mandeo Records, aproveitei para ir olleando os picos e sacar algunha foto

IMG_1914
O puntiño negro é unha gaivota.
(Ten moito ruído porque ao haber pouca luz tiven que tirar moito da ISO)

Despois de estar un cachazo co traxe posto grabando unhas secuencias en terra(que frrrrío), lanceime á auga a intentar coller algunha.
As ondas xa baixaran un pouquiño de tamaño pero aínda así deume tempo a coller dúas oliñas que me deron a miña dosis de adrenalina para esta semana que ven cargadiña de traballo.

Entre pitos e flautas déronnos ás 3 da tarde. Comimos un churrasquiño e tirei para Estorde onde me estaban esperando os rapaces/a para rematar un curso de surf (a golpe de xaneiro, uns valentes!)

Ah! certo, antes de chegar, paráronme uns señores de verde moi amables. Pedíronme a documentación, permiso de conducir... e dime:
-sabe el motivo de la parada?
-(eu pensaba: porque viña rápido? porque levo dúas tablas de iniciación na baca e 3 dentro do coche? polo sucio e revolto que o teño todo?) respondo: - Non (cunha cara de inocente que ao meu lado o osito de mimosín parecía un asesino en serie)
- Le paro a usted por tener la ITV caducada (e señalándome a pegatina do parabrisas)
- (me caaaagoentodoo! pero como me cazaches así al vuelo? pero como tes tanta vista condenado?.....) Anda! non me dera conta.

Despois de facer a denuncia volveu para o coche e cando ma entregou díxenlle:

"- E si che cambio a multa por un curso de surf?"

Sorriu, palpou as táboas que levaba na baca... e pensei: nada, agora ou me di que si, ou me multa por levar as tablas incorrectamente.

- Das cursos de surf?
- (buah, que me di que si, que me di que si...) Si si, de feito vou agora a traballar...
- (pausa)..... pff... Que che vou a dicir? (con sorriso amable todo hai que dicilo)
- A multa xa está posta verdade?
asentiu coa cabeza e despedímonos coa sensación de que algo bonito puido ter comezado...pero que se quedou en un "ataloguiño, graciñas..." e en 200 euros de multa.


Apertas!!

3 comentarios:

vientosurf dijo...

jajaja buena historia, buenas olas y buenas fotos! Nos vemos esta semana por coruña rubix.
Abrazos

Rubén Prieto dijo...

zenkius broder ;)

Anónimo dijo...

buena historia ruben!!!!
muy bonita historia!!!!!


ferdy.