¡Amigos!
Fostes moitos os que despois de varios anos sen producir me seguíades pedindo sudaderas de surf costa da morte. Pois ben, boas novas!
Retomamos o tema, desta vez con sudaderas Gildan, o modelo que aparece abaixo e nas cores que aí tedes. Aínda que facilita bastante o tema pedilas en negro porque hai máis posibilidades de que teñan en stock.
Pois ben, o prezo de lanzamento vai ser de 29€, porque por agora só as vou vender por internet pero en canto volva a vendelas dende as tendas terei que subirlle o prezo! Así que se estades interesados espabilade e non esperedes a que veña o frío jeje.
Deixademe os interesados un comentario aquí co voso pedido e un email e xa me poño en contacto con vós. Ou directamente escribídesme a roupa@surfcostadamorte.com
Apertas!!
1 comentario:
Como comprador pioneiro da liña de vestiario "Surfcostadamorte" certifico que aguantan o que lles botes. A saber: Temporais no Atlántico N., lavados inmisericordes con deterxentes inadecuados,almacenaxe na sentina do "Hansa" ata que me lembrei onde a deixara...etc,etc.
Publicar un comentario