Post "surfeiro" dedicado ao meu benquerido amigo Carlos el rojo.
En facebook hai moitos amigos, polo medio andan os de verdade (os suficientemente tanxibles como para poder darlles unha colleja ou unha aperta)e entre os tanxibles están os que che din: "Tio! en tu blog de surf no hai surf"
jeje Ole! e non lle falta razón.
Así pois... unha entradiña con fotos frescas polo temática pero medio murchas pola actualidade das mesmas. Pois son de fai dous findes. Concretamente do día 8 deste mes.
Aquí temos a Bruno longboardeando
Collendo carrerilla para...
...Zas! floater perféustamente rematado
Aquí temos a Antonio de "el blog de nerio" surcando pequenas cavernas acuáticas :)
Acabo de acordarme... Unha vez en Carnota, levamos a un amigo "Bato" (para quen o coñeza) a coller olas por primeira vez cun body. O fenómeno colleu o truco á primeira e surfeaba paredes como se o levase facendo anos. Dunha ola que rematou en cerrote, o moi animal meteuse no tubo ante o asombro de tódolos que sabíamos que era o seu primeiro día. Esperando a que saíse á superficie, esperando os seus berros de euforia e satisfacción pola visión do interior da onda..... O tipo aparece, tan pancho, colle o body e arranca cara o pico de novo sin decir absolutamente nada mentres os compañeiros aínda tíñamolas mans na cabeza. Cando lle preguntamos: "-pero tio!!! non flipaches coa visión do tubo!!??" contesta -"tubo? que dices? no se, yo iba con los ojos cerrados..." e segue remando.
Aquí temos a Suso disfrutando dunha esquerdiña...
que parecía que ía a...
pero...uiiishh case :)
Houbo ata peleas entre locais... xD
(pasámolo tan ben burlándonos dese tipo de actitudes tan radicais e egoístas sobre o localismo...)
Para rematar... unha bonita posta de sol (está sen procesar, tal cual como saíu da cámara)
Todo exercicio precisa unha sesión de volta á calma...
Calmar
Porque me gustarán tanto este tipo de fotos? transmítenme tanta paz...
Unha aperta a todos e disculpas aos que entrades ao blog buscando ondas e nunca as atopades!
4 comentarios:
Boas Ruben!
O baño ese tuvo que estar ben, cando se xuntan ondas e boa compañia, iso e unha maravilla! Gustame moito ese punto de luz que teñen as fotos. E esa ultima dan ganas de coller esa espuma e botala por riba como si fora unha manta no inverno.
Unha aperta e boas ondas!
vaia fotos! ata parece que sabemos e todo!
un saúdo,
... e visitade o noso blog! :D
Graciñas fran! :) nunca me cansarei dese tipo de foto. O baño non estivera mal.. pero as fotos sempre engañan moito...
Bruno!! joe.. que non te tiña linkado o blog!! a partir dagora cada vez qeu actualices subiras na miña lista de blogs favuritos ;)
apertaaas!!
moito blablabla pero ti eres bo, porque non me sacastes fotos a min que tamen estaba ali, porque ?? e despois falas de que os outros son esto e aquelo..... e ti ?? como te autodefines.... sejuramente como o maximo que ai no mundo, ja,ja
Publicar un comentario