martes, 2 de noviembre de 2010

Barrañán

O xoves pasado andaba por Coruña facendo recados, e ocorréuseme chamar ao meu gran amijiño Carlos (de adesgana.com) para comer por aí. O seu plan foi máis que apetecible: Bocata, táboas e a Barrañán.

Eu non levaba táboa pero apetecíame ir a esa praia xa que non a pisara nunca.
Despois él ofreceume unha evolutiva súa, e ía decidido a botarme en bañadora a coller unhas ondas, así, "aloloco". Despois resulta que tampouco levaba invento e as olas non eran nada doutro mundo, así que quedei fora disfrutando doutra maneira ben distinta: afotando! :)

Por alí estaban os locais da zona disfrutando das ondas...
golfos blog

E ben preto, compartindo o pico, había uns humanos que exprimían as ondas a máis non poder cos seus bodyboards.

cerquiña
Nesta foto pódese apreciar como un dos golfiños que saen a respirar é unha cría pequena. Ou polo menos distínguese ben vendo a foto en grande. Sorpresa que acabo de levar agora :)

Outro ser vivo escapando da auga (moi majo por certo, un pracer)
aereo

Había un rebote na parte dereita da praia que de vez en cando formaba un codiño que semellaba moi divertido para os corcheiros
codo

O pico non estaba nada definido pero de vez en cando saía algunha aproveitable
drop

rollo!
rolaso

Outro!
rolo

E por último...(pero non menos importante!).... Carlos!!
carlos

1 comentario:

Fran dijo...

Boas Ruben!
Nunca tiven a sorte de coincidir na auga con eles, pero de seguro que ten que ser unha boa experiencia. Por certo, tedes a auga con boa temperatura? Recordo que outros anos por estas fechas eu xa andaba cos guantes e tiritando na auga...
Unha aperta pra tod@s!