lunes, 7 de abril de 2008

II Limpeza de Nemiña

Teño que comunicarvos unha moi boa nova:

A próxima limpeza de Nemiña xa ten data. Realizarémola o Sábado 3 de Maio e será organizada de novo por membros do Club os Tombos.

O plan será o mesmo que o da primeira limpeza. Quedaremos pola mañá, limparemos, algúns surfearemos antes de comer, comeremos un bo churrasquiño, volveremos a surfear, ou durmimos unha sestiña, volvemos a surfear e se sobrou algo podemos volver a comer churrasco jeje. Jobá.. ultimamente xa relaciono máis co surf a palabra churrasco que outras como "bilabon" ou "cuicsilver".

¿Vos sabedes o ben que se da pillar unha ola e que inmediatamente despois che veña á boca o sabor a criolliño e salsa de churrasco? jeje como dixo un cuñado meu, "¡mola a dios! é como comer dúas veces!"

Desta vez cambiaremos unha cousiña que aprendimos da limpeza anterior. Como da vez pasada nos fallou moita xente que dixera que iba a vir, sobrou moitíisimo churrasco e a perda foi importante. Así que desta vez, cando repartamos os guantes e as bolsas xusto antes de limpar, iremos anotando os nomes de todos para comprar a carne nese momento e así calcular ben a cantidade de comida e bebida.

E falando do club os Tombos... aproveito para facer un pouquiño de publicidade e colgarvos unhas fotos extraídas dun video que fixo Bruno. (Xa vos avisarei cando o video esté listo e colgado)

O baño non estaba como para tirar bombas, pero pasámolo xenial. Aquí temos a Suso
Photobucket
Photobucket

Mesi
Photobucket

Rueda
Photobucket

Bruno, o autor do video. Moitas gracias dende aquí polas túas reportaxes acuáticas!
Photobucket

Alberto (O rapaz de Arteixo da autocaravana verde) que non sei si é do club, pero como se o fose. Esperamos vervos na limpeza!
Photobucket
Photobucket

E aquí un servidor, nunha táboa de parafina moi limpa xD (xa a limpei e amañei eh.. que estos días de mar plato serven para algo)
Photobucket

Non están todos os que son pero son todos os que están.

Unha aperta!!

Proposta para hoxe: recorda a última vez que te partiches o cu de risa. Reviviralo momento.

10 comentarios:

Anónimo dijo...

ke ben o pasades.koko

Matt dijo...

...un gran apoio...e espero que trala limpeza, cando collades a táboa, o mar volo recompense cunha boa ristra de olas...xa podían, en máis dun sitio, seguir o voso exemplo...

Kukurusta dijo...

Hola Rubén, muy guapas las fotos! con que cámara las hiciste?

Unha aperta!

Rubén Prieto dijo...

koko, a verdade é que si... a ver si te podes escapar na ponte!

matt, graciñas, como teñamos boas olas acordarémonos de ti jeje

kukurusta, bueno, en realidad, yo solo saqué las 3 últimas, pero el que se curra los videos y eso es Bruno. y son fotogramas capturados de videos, por eso la calidad no es muy buena. La cámara creo que es una digital compacta de las "normalitas" creo que tiene 7 megapixels, hay que preguntarle a Bruno.a ver si aparece por aquí y nos contesta. la mete al agua con una funda normal de plástico.

unha aperta! ;)

Kukurusta dijo...

Ok Rubén, muchas gracias, esque han sacado unas de video y foto para el agua, que vienen con un velcro para atarlas a la muñeca, mira, te dejo el link. Unha aperta!

Koko, saludiños! a ver cuando te vemos por el monpás, jejeje.

http://store.magicseaweed.com/Digital-HERO-3-Waterproof-Camera/Item/770/

Rubén Prieto dijo...

kukurusta... ya me conocía yo la cámara esa.. jeje mira que le tengo ganas.
Está genial.

Unknown dijo...

que grande ru....que buenos me traen esas olas..nos vemos pronto

Rubén Prieto dijo...

Recuerdos? jeje.. a ver cuando os pasais por aquí.. Sois los locales de esta zona que más lejos vivís jeje
un abrazo mu grande!

Anónimo dijo...

Espero que cambiades a data para a limpeza xa que me coincide bastante mal e teño ganas de ir.

Unha aperta e bos tombos!!!

Anónimo dijo...

Espero que cambiades a data para a limpeza xa que me coincide bastante mal e teño ganas de ir.

Unha aperta e bos tombos!!!