miércoles, 29 de septiembre de 2010

O meu obturador

Cunha cámara nas mans...ou nos ollos
a forma de ver o mundo cambia.
Non ves, observas;
non miras, admiras...

o meu iris

domingo, 26 de septiembre de 2010

Bañazo en Nemiña?.....

IMG_2560

Parece, verdade?
Pois non!

Cun teleobxectivo e un pouco de paciencia, sempre se pode apañar algunha foto dalgunha ola que nalgún momento en concreto rompe ben. Pero esa foto non resulta fiel nin reflexa para nada a sesión de surf que se viviu nesa praia.

Onte achegueime a Nemiña pola mañá a surfear, pero ao final o que fixen foi estrenar o novo equipo en fotos de olas. Supoño que pola tarde, coa marea alta (eu non podía ir)...estaría algo mellor, pero pola mañá...non había moito que facer.

Eran destas sesións nas que os que salían, facíano despois de estar 40 minutos comendo, descolocados e despois de coller unha ou dúas olas. Nas que tódalas olas eran cerrotes, ou demasiado rápidas...

IMG_2547
(esta foto si que reflexa o baño de pola mañá)

ou caían series descolocadísimas, en sitios impredecibles...

IMG_2569
(houbo un que saíu co longboard partido pola metade... síntoo moito!)

A medida que pasaba a mañá, ían aumentando as miñas ganas de surfear, pero cada vez tiña menos tempo e ao final non me botei. Ao final marchei arrepentido... por non facerme caso a min mesmo cando digo iso de: "Cando dubides se está bonito ou non, ante a duda, entra e compróbao"

Porque ben é certo que, neste tipo de baños, basta con coller unha boa para que merecera a pena ter mollado o traxe. E senón.... (carlos, agora sempre me vou a acordar de ti cando diga "senón"=teta grande?...madrequeteparió xD) como dicía... senón ¬¬ que llo pregunten a este...

IMG_2577

Apertas a todos e boas ondas!

martes, 21 de septiembre de 2010

Un trailer dun making of

O noso artista audiovisual Gutier Rolán acaba de colgarme no facebook un avance dun making of dunha das curtas nas que actuamos este verán... e gustoume moito!
Aquí o comparto con vós

Teaser making of Amor ansioso from Aira Studio on Vimeo.




Por certo, a modo anecdótico, hoxe estou escribindo aquí de milagre. Ía pola mañá de camiño a Ourense a unha rodaxe cando, POLA AUTOPISTA, con néboa espesa, me cruzo con un coche vermello que viña en dirección contraria a toda velocidade. Eu ía, aínda non sei porque, detrás dun camión. Non sei porque non estaba adiantando nese momento... deixarémoslle o asunto a Iker Jimenez.

Unha aperta forte e...hoxe máis que nunca...CARPE DIEM!!

lunes, 20 de septiembre de 2010

Bellezón da costa da morte

O prometido é deuda


O sábado Alba e eu collemos o coche coa intención de buscar algún rinconciño apartado da Costa da Morte para facer o noso primeiro Book (seu como modelo e meu como fotógrafo); Xa que hai algunha que outra axencia de modelos interesada nela (non é de estrañar) polo que precisaba unhas fotos máis ou menos decentes.

Respiranza
Respiranza

Princiosa
Princiosa

Vistascostas
Vistascostas

Auga
IMG_0534

Mira
perfil


1

Quieta!!
salpicame

Atrapado
atrapado

As fotos están sen procesar. Recén saídas da cámara (só as firmei). Un dos motivos é que non sei porque o photoshop non me lee os arquivos Raw! (menos mal que disparei en raw+L). Nin o photoshop do portatil nin o do ordenador de mesa é capaz de abrirme os arquivos. A alguén lle pasou antes? Porque antes, os Raw da 400D abríamos perfectamente...porque os da 550D non? En fin...


Foi un pracer traballar con ela... Tivemos moita sorte co día, boa temperatura, moita luz (demasiado dura pero gustoume poder queimar fotos olvidándome un pouco das "normas" que ás veces tanto limitan a creatividade)... Calor que puidemos saciar pegándonos un bo chapuzón nesas augas tan cristalinas e frías!

E tamén foi destacable a paciencia que tivo ela porque o flash que disparei sempre a distancia, ía cando lle apetecía...

A ver cando me volve a xurdir outra sesión...porque cada vez gústame máis isto

Unha aperta a todos!

Bo luns a todoos!!

Veeeeña! a comerse unha semana máis! para comezar o luns con bo pe...

Hoxe á noite colgarei unhas fotos dunha sesión que tiven o sábado cunha modelo da zona. Estade atentos! :)

Por certo! tedes camisetas surf costa da morte en Raz, Coruña!

Apertas!

viernes, 17 de septiembre de 2010

O meu novo equipo!

Bos días a todos!!!

Para ir escoitando...



Amigoss... cámara.
Cámara...amigos.
:)

17092010053

A miña nova compañeira de viaxe componse de:
- canon 550D
- Grip bg-8
- flash metz mecablitz 48 AF-1
- Obxectivo 18-55 canon estabilizado (eu penso que sempre estivo infravalorado este cacharriño)
- Obxectivo Sigma 50-500
- Disparador remoto por radio para flash e cámara "Tokura"
- Mochila bandolera Lowepro

Merqueino todo en foto Artus (menos o tele) e en canto cheguei ao coche (que o tiña aparcado no náutico) non puiden conterme e comecei a desembalalo todo para probalo. Recordades a sensación de cando chegaban os reis magos e te atopabas unha torre de xoguetes e non che daban os dedos para abrir tódolos regalos á velocidade que che gustaría? pois así me sentía eu jeje.

O primeiro que fixen foi montarlle o "Bigma" e facer un video apoiado nun cono (o trípode aínda está por chegar) Velaiquí lo tienes:

video test 550D + sigma 50-500 (sin trípode=tiembla) from Ruben Prieto on Vimeo.


(Para velo en full hd hai que clickar en "vimeo")

Comprendín porqué é taaaaan necesario un trípode cando só o obxectivo pesa case dous quilos e aumenta tantísimo. Imposible ter a imaxe firme. Un milímetro na cámara significa un par de metros co zoom a tope.

Ao principio do video vese unha torre ao fondo de todo...Bueno, pois esa torre foi a protagonista da foto número 0001 desta cámara. Estamos ante un momento histórico! a miña camariña acaba de vela luz!

IMG_0001

Despois da posibilidade de grabar video, a seguinte novidade para min era o flash externo. Nunca tivera un. E menos con disparador remoto. En canto cheguei a casa fixen a primeira proba (co 500):

auto
(Non, non teño unha flor na cabeza :)

Se vos fixades no reflexo do obxectivo, vese un pasillo, e ao fondo unha porta. Esa porta da a unha habitación que ten ao fondo un espello. Pois é nese espello onde estou reflexado! Curioso verdade?..... pois a min parécemo xD

Saíume queimada porque non tiña un sitio onde poñer o flash lonxe de min... e foi despois cando descubrín como poder reducir a potencia do flash de forma fraccionada.

Só disparando o flash por control remoto se pode facer un autorretrato no espello sen que saia o fogonazo reflexado. Nesta outra (feita co 18-55) tiña o flash sostido coa man esquerda.

espello

Bueno, aínda me queda moooooito por experimentar. Como me tarda o trípode!
Non me enredo máis..."Collo unha e saio"

Unha apertaza a todos!!

jueves, 16 de septiembre de 2010

Farola máxica

Xa teño equipo!!!

lua


Pequena proba feita co teleobxectivo, sen trípode, iso moi alta e disparei en jpg! (ten pecado o asunto)

En breves fago unha presentación formal do material.

Estou como neno con zapatos novos!!
Unha aperta!!

sábado, 11 de septiembre de 2010

Novedades e Pepinazooo!!

Moi boas!

Pequenos cambios na vida. Curviñas divertidas que van aparecendo na estrada e un trata de disfrutalas ao máximo sin pensar moito na seguinte curva. Co único airbag de levar un par de cartas na manga por se hai que cambiar de camiño. Pero sempre cara adiante. Vento en popa a toda vela.

A finais da semana que ven a miña nova residencia será en Santiago de Compostela. Motivo? Pois que dende finais de agosto comecei a traballar para unha compañía de teatro que se chama "Talía" e os ensaios son tódolos días (menos fins de semana) en Milladoiro.

talia

Estamos cun proxecto que se chama Volpone e que estrearemos o 15 de Outubro. Avisados estaredes :)

Outra novidade, máis "pequeniña", é que vendín todo o equipo fotográfico para collerme un mellor. Polo de agora só me chegou o teleobxectivo, pero morro de ganas por facerme co resto do equipo que me propuxen.
Preséntovos ao meu novo pepino!

09092010031

09092010035
(disculpade a calidade das fotos, pero é que non teño cámara... foron feitas co mobil)

É un Sigma 50-500. Despois de 2 semanas estudiando distintas posibilidades...non atopei nada mellor relación calidade/precio. A ver se son verdade tódalas virguerías que se falan del por internet.

E espero poder colgar en breves novos cortos, murais e fotos que quedaron no tinteiro.

Apertas a todos e desculpade de novo polo blogabandono!

miércoles, 1 de septiembre de 2010

Posta en Mar de fora

Supoño que sería casualidade (xa que as postas están no ceo e non na praia), pero as mellores postas de sol que vin foron dende a praia de Mar de Fóra, en Fisterra.
fuxido no fin do mundo
esta foto podédela descargar no tamaño orixinal por se a queredes como fondo de pantalla ou calquer cousa....
Agora teño qeu compensar a miña ausensia co que poida xD

Disculpaaas!!

Bueno rapaces...
quería disculparme por actualizar taaaanto, e tanto o blog este verán.
Sei que son moi pesado colgando entradas, cada vez máis interesantes, pobladas de fotos, artículos de grande interese social, retratoosss, relatos... ;)
Bromas a parte...
En fin, que me da moita rabia ver que moitos de vós seguides entrando no blog fielmente e eu non vos correspondo como vos merecedes con algunha entrada pataqueira das miñas.

Normalmente, as visitas no verán (e fins de semana) baixan bastante porque a xente anda a outras cousas intentando aproveitar o tempo fóra de casa... pero no meu caso, non actuelicei o blog por todo o contrario.
Cando vos tedes vacacións... é cando eu máis traballo. Vamos, que tiven tempo para comer (e ás veces) de milagro.

Teño moitas novas que contarvos, fotos, retratos, proxectos, aventuras... e estou desexando ter un pouquiño de tempo para compartir con vós tódalas cousas positivas que me rodearon e rodean este verán.

Un biquiño grande como a lúa e graciñas por seguir aí!!

cobarde

martes, 10 de agosto de 2010

Regálanse gatiños!!

Precisamos axuda!

_MG_9781
Este precioso gato, negro coma o pecado, é o pai...

_MG_9767
E esta "siamesa" a nai dunha camada de 4 gatiñas das que nos temos que desfacer.
Entrecomillo "siamesa" porque en realidade, o tipo de gato ao que todos lle chamamos siamés, é un gato común color "point". Un siamés ven sendo algo máis parecido a ESTO

Tres cucadas como esta
_MG_9758
...e unha negra, son as criaturiñas que precisan unha casa onde vivir. (Teñen unha pequena tara na cola, pero tamén a teño eu na cabeza e ninguén me botou de casa por iso)
_MG_9413
Nos xa temos moitos e sendo todas femias, isto pode convertirse nun zoolóxico que necesitaría algún tipo de SOLUCIÓN para controlar a natalidade (é broma ehh)

Agora en serio. Non queremos sacrificar estos bichiños, pero tampouco podemos telos. Así que se queres, ou sabes de alguén ao que lle poida interesar a compañía dun destos animaliños... agradecería enormemente que te puxeses en contacto comigo comentando na entrada, a través do correo: carpediemsempre@hotmail.com ou o teléfono 655 578 544

Tamén podes axudar compartindo esta entrada no teu perfil de facebook.
Malo será que entre todos e coa axuda da rede non poidamos atopar unha solución feliz.

Unha apertaza e mil grazañas a todos de antemán ;)

jueves, 5 de agosto de 2010

Troco: Mural por Salto en paracaídas!!

Porr fííííínnnn!!!
Outro soño cumplido!!


Salto a partir do minuto 6:20 (intentei cortalo video pero non fun capás)

Levaba moitos anos querendo saltar dun avión e antonte puiden facer un salto tandem en Ocaña, a media hora de Madrid. Por se alguén se anima.... skydivemadrid.
É totalmente recomendable. Non se pasa nada de medo!!


A punto de subir a 4000 metros...
Photobucket

asomadiños ao balcón...
Photobucket
Daban ganas de mirar para abaixo pero había que manter a cabeza nesa posición...
Non da tempo a pasar medo porque un non decide nada. Vas enganchado ao instructor e é el o que te move, o que te coloca e o que salta...

Photobucket
Que pedazo de sensación. É como si saltaras dun avión ¬_¬ tal cual.
Non hai con que comparalo, pero é menos forte do que parece.
Photobucket
Se xa teño arrugas de rir, penso que dende antonte vou a ter un par delas máis de regalo
Photobucket Porque penso que fun toda a caída con este berro que non sabes se é risa ou con esta risa berrada...Non sei se me explico ou me entendes.

Ah! e ao desplegar o paracaídas, deixoume os mandos e baixamos facendo unhas barrenas que se che durmían as pernas do fortes que dábamos os xiros. Disfrútase das dúas cousas unha animalada.

Pois como che contaba, xa había moito tempo que tiña ganas de probar isto porque sempre pensei que tería que ser o máximo no que se refire a descargas de adrenalina. E fai uns meses, atopábame en Madrid para facer un casting e ocorréuseme mandar un email a varios aeródromos propoñéndolles un cambio: facer un pequeno e simple mural a cambio dun salto. Á hora e media recibín contestación dos de skydivemadrid e paseime por alí para saltar e pintar, pero non houbera condicións meteorolóxicas adecuadas. Nin para unha cousa nin para outra. Por iso se retrasou o asunto ata a seguinte vez que tivese que ir a Madrid (outra proba esta semana).
O mural nun principio ía a ser a terceira parte, pero ao final envenenámonos e quedou así de grande...
Photobucket
así que a ver se volvo por alí para pegar outro saltiño :)
Aínda que me parece que a próxima vez que me pase por alí vai a ser para facer o curso de paracaidismo para acabar saltando só. Eso xa ten que tirar algo máis do peito... tomar a decisión un mesmo de saltar dun avión

Unha aperta a todos e desculpade polo abandonadiño que teño o blog!!! (moito traballiño últimamente)

Muaks muaks muaks...

sábado, 24 de julio de 2010

Laser discoteca fulmina camaras 7D, 5D...

How to break your 5D in a second from Agua on Vimeo.



Moi boas!
canto tempo verdás? :)
unha entrada express que me parece de interess...

Resulta que seguramente en breves me merque a canon 500D para comezar a grabar video en hd (e vendo a miña)... e mirando mirando... atopei

ISTO

Apertas!!

domingo, 11 de julio de 2010

Viaxe a cando.

8:00 am
Por sorte, moitas cousas que facer. Un día cargado de tarefas, por sorte, todas relacionadas con temas que me gustan e divirten.

Para comezar o día, unha nova rutina, ir a surfear haxa o que haxa. Decidín desistir no intento de ir ao ximnasio e sustituir ese gasto por gasolina para ir á praia. Cambio Natureza por local cargado de alentos, prefiro sensacións e elementos puros ante máquinas e ruidos. Poleas por auga. Chan por mar. Natura.

9:00 am
Por sorte, hai ondas e sen vento. Camiño pola area ata estar enfronte do pico que máis me gusta. O benestar fai que, por sorte, disfrute de como cada gran de area masaxea a miña planta do pé. Alí, os dous sós. O mar e eu. Ninguén máis. Sorrío ao bailar cunhas cuantas ondas, ríome con outras que me tiran...e saio.

10:00 am
Coa sensación de ter o día feito, coas pilas cargadas para inventarme un día novo...diríxome ao coche, pero non sen antes facer unha pequena paradiña. Unha pequena lagoa coa auga totalmente cristalina e calmada invítame a mergullarme nela...

(escóitaa mentres segues lendo)


Rompo, moi despaciño, ese suave cristal de auga morna, virxe.
Acaricio, moi despaciño, a auga, por riba, por baixo. Coas xemas dos dedos intentando sentir todo remuíño milimétrico que produce o meu movemento, despaciño. Boca arriba, mirando o ceo azul, sentindo a auga, a temperatura...despaciño. Facendo o morto, sentíndome máis vivo que nunca. Despacio.

Comezo a relaxar tódolos músculos do corpo. Que non se me escape nin un. Dende as cellas aos hombreiros. Dende as mans aos pes, dende o pescozo ás pálpebras.

Mimeticeime de tal forma coa auga, coa súa temperatura, co momento...que sen dudalo quitei o traxe de neopreno. Con movementos suaves para non rompela maxia. Pouco a pouco, sen prácticamente abrilos ollos. Despaciño.

Completamente nú, espido, como mamá me trouxo ao mundo. Mamá. Auga. Aire. Eu. Auga. Infinito. Nada. Ceo. Auga. Moito máis que palabras. No sentido máis intenso. As palabras comezaron a desaparecer do pensamento, despaciño. Ata que o pensamento cala.

Boca arriba, comecei a relaxarme máis e máis. Nin unha soa molécula do meu corpo traballaba. Todas durmían. A respiración cada vez máis lenta. Cada vez flotaba menos. Os tres palmos de profundidade permitiron que non afundise entrando en contacto coa area, moi suavemente...despaciño. Escoitaba como a miña respiración ía cada vez máis lenta, cada vez afundíndome máis e máis. A auga chegara aos oídos, chegou aos ollos e quedáronme fóra da auga, únicamente, os orificios do nariz.
Era como respirar debaixo da auga. Era non, respiraba debaixo da auga. Cada vez escoitaba menos a respiración, cada vez menos aire. Ata case deixar de precisalo, ou deixar de escoitar...

Non escoitaba silencio, non porque non o houbera, senon porque non escoitaba.
Non via negro porque tivera os ollos pechados, senon porque deixei de mirar.
O aire, puro, converteuse prácticamente innecesario.
Non notaba frio ou calor, porque non notaba.
Non estaba feliz nin triste, porque non estaba. Non era.
Deixei de estar. Alí.
Non sei a onde, pero a algún sitio fun. Fóra dese corpo.
Non sei a cando.
Non sei en donde.
Pero todo estaba tan claro...tan fácil...tan sinxelo...
Só había que deixarse arrastrar polo momento.

Como antes de nacer

Non era humano. Non sei si era. Pero sentíame célula.
Non sei se pasaron segundos, minutos ou horas...
Deixei de existir como humano para ser animal. Ser auga

PAZ ABSOLUTA
.......

Logo desa viaxe, a medida que me ía facendo dono do meu corpo, notaba como se tivera que vestirme o meu propio corpo para comezar a ser dono del de novo. Primeiro vestinme un brazo, notando como cada célula nerviosa ía cobrando vida, despois outro brazo, funme embutindo no tronco e por último as pernas. Cando cheguei a notar os dedos dos pes xa estaban desperezándose tódalas células nerviosas do corpo como se despertaran por primeira vez.

Pensaba que posiblemente tería vivido un dos momentos máis especiais e agradablemente raros da miña vida.
A medida que comezaba a moverme, despaciño, a abrilos ollos, levantarme, a gobernar nas extremidades como se fose a primeira vez, como recén nacido, a camiñar...íame humanizando. Ata ser consciente de que posiblemente puidera estar case unha hora no ventre materno. Ata darme conta de que non me importou absolutamente nada se había alguén mirando ou non.
E despois comezou a entrarme a risa ao pensar que calquera que me vise dende fóra podería pensar tranquilamente:

-"Buah neno, vaia risas, había un pavo durmindo en pelotas nunha charca!".
O curioso era que me daba exactamente igual. Reseteeime no meu mundo sen pensar se quera que podía haber alguén máis.

Se hai vida, morte e outra cousa máis, algo máis intermedio, eu andiven cerca, ou, polo menos, esa foi a sensación. E o que importa, son as sensacións. Nada máis.

"Antes morto que sen vida"

martes, 29 de junio de 2010

Cutrestop-motion do mural de Saburil

Non sei como mas arreglo pero sempre acabo editando estes videos as tantas da noite, entre cabeceo e cabeceo diante do ordenador. Así quedaron os créditos que parecen unha sopa de letras.


Debido a que estaba nun sitio público e ás veces había xente comendo no restaurante, non tiña nin o espacio nin a liberdade para facer o pinzo como de costume.
A maior parte das fotos quedaron oscuras. A próxima, aínda que sexan para stop motion (fotos de baixa calidade) fareinas en formato RAW para poder procesalas xuntas. Que se hai unha forma de procesar moitas fotos JPG ao mesmo tempo non a coñezo.

Bueno, como xa vos comentei, o mural está feito no restaurante Saburil, na praia de Nemiña. Dicir (e non levo comisión) que se come de pu*Ǩ^*tísima madre. Con productos da casa, todo cociñado "como hai cen anos" que diría meu avó.
Como vivo a 5 minutos nunca comera alí, pero esa semana que pintei e comín no Saburil engordei 3 kilos, non vos digo máis.

lunes, 28 de junio de 2010

Yo no soy marinero!!!...

Yo no soy marinero!!...
soy un delfín... soy un delfín soy un delfín
xD
Photobucket

(como me rin con este anuncio de Mixta)

(Para quen non o vira)

Onte veu a Nemiña o meu amigo delalma Dani Temprano , alias Danix, excompañeiro de piso da etapa universitaria lucense, que tempos, que recuerdosss, que risas...

Un artista que rebosa talento polas orellas (pinta, fai música, saca fotos...), surfista con estilazo, amigo co que te irías de viaxe a unha illa deserta.

Aproveito para facervos unha presentación formal do seu blog VIENTOSURF. Un blog con encanto.

Pois onte houbo un momento no que saiu unha orillera xoguetona e mentres eu me poñía morado a comer area, golpes, trastazos e auga... o meu querido amigo sacoume unhas cantas fotos xD. Graciñas Danix! Hai que aproveitar que os que temos cámara poucas veces estamos diante dela

Photobucket

Photobucket

Photobucket
A comer areaaaa!!

Photobucket

miércoles, 23 de junio de 2010

Mural do Saburil (Nemiña) rematado!

Teóricamente. E dígoo porque hoxe xa me fun contento de alí. Pero cando volva seguro que cae algún retoquiño. Poruqe estas cousas... canto máis as miras máis defectos lles atopas.
E téñolle ganas de facer unhas plantiñas máis.
Aquí van unhas fotos

Photobucket
Iago

Photobucket

Photobucket

Photobucket

martes, 22 de junio de 2010

Documental surfeiro da costa coruñesa

Moi boas!

Ángel Galindo, Katia Romeu Caamaño e Lucía Tamayo Prieto son uns alumnos da universidade de Comunicación audiovisual que fixeron un pequeno documental sobre o surf. Supoño que por proximidade entrevistaron a surfistas da provincia de Coruña, entre os que estamos Pablo Vaquero, Manel toja, Pablo Montero, Pepo figueroa, Fernando Mosquera, Alberto Rodríguez, Antón hermida e un servidor.
Photobucket
Por se a alguén lle interesa velo pode descargalo no seguinte link: http://www.megaupload.com/?d=2DG2NCJM

Apertas fortes e que teñas un bo martes!

miércoles, 16 de junio de 2010

Pintando no Saburil

Onte comecei un mural no Saburil, o restaurante de Nemiña.

Vaia gozada iso de estar traballando, comer mentres lle vas pegando un vistazo ao mellor pico, pintar un pouquiño, saír e, sen movelo coche, poñelo traxe, coller unhas oliñas, volver, seguir pintando... que juay. Vaia sitio privilexiado no que vive o colega Iago :)

Bueno, pois este era o mural que tiñan alí dende fai case 30 anos... (normal que tiveran ganas de cambialo)
Photobucket

e así é como vai despois do primeiro día de traballo. A ver si en 3 ou 4 días máis o dou rematado
mural,caballo,blanco
Se me notades unha postura un tanto rara, é porque, como de costume, estou facendo o pinzo para un video stop motion. Aínda que tiña un par de ideas que non podo levar a cabo porque teño moi pouco espacio coas mesas do comedor.. e ás veces hai clientes e non os quero asustar. Que a min non me da vergonza pero a eles igual si e non quero espantarlles a clientela jeje


Unha saúdo a Antonio & Co. de Pontevedra! encantado de coñecervos ;)

Apertaaas!

viernes, 11 de junio de 2010

costa da morte kayaksurf

Moi boas!

Sorpresa a miña cando abro a bandexa de entrada e me atopo un correo de Jose Piñeiro que me descubre o seu blog costadamortekayaksurf.blogspot.com tamén sobre surf, tamén da costa da morte e tamén en galego... peeeero estes amigos nosos surfean con kayak e non con táboa.

Photobucket

Como é un tema non moi coñecido, polo menos por esta zona, pareceume interesante que nos mostrase algunhas fotos ou videos do que se pode chegar a facer con eses aparatos.

Photobucket

Eu pensaba que a maniobrabilidade do kayak era bastante reducida, pero polo que vin nalgún video, xa fan xiros máis cerrados que os que podo facer eu coa táboa... (aínda que xa sei que superarme niso tampouco é moi complicado jeje)

Podedes ver fotos dos rapaces deste clube facendo click AQUÍ



E este é o dono do blog nunha das nosas praias favoritas