Sorpresa a miña cando abro a bandexa de entrada e me atopo un correo de Jose Piñeiro que me descubre o seu blog costadamortekayaksurf.blogspot.com tamén sobre surf, tamén da costa da morte e tamén en galego... peeeero estes amigos nosos surfean con kayak e non con táboa.
Como é un tema non moi coñecido, polo menos por esta zona, pareceume interesante que nos mostrase algunhas fotos ou videos do que se pode chegar a facer con eses aparatos.
Eu pensaba que a maniobrabilidade do kayak era bastante reducida, pero polo que vin nalgún video, xa fan xiros máis cerrados que os que podo facer eu coa táboa... (aínda que xa sei que superarme niso tampouco é moi complicado jeje)
Podedes ver fotos dos rapaces deste clube facendo click AQUÍ
E este é o dono do blog nunha das nosas praias favoritas
Aquí me tedes celebrándoo onte ao máis puro estilo "teenager" cos amijiños no porche da casa e con TARTA DA MIÑA SANTA NAI! destas de galleta/crema/galleta/chocolate/galleta/crema/chocolate aaaaaaaaaaiidiosmioquerrricaqueestámadrequemepariónuncamejordicho!
Coincidindo con este día, tiña pensado regalar unha camiseta "surf costa da morte" ao visitante 100.000 pero xa nos pasamos!!! :) Si, si, estaba todo pensado dende que fixen o blog...con 23 anos recén cumpridos xa calculei... A ver se para o 25 cumpreanos teño 100.000 visitas jajaja...
En fin, que un millón de gracias a todos e cada un dos que vos pasades por este superhumilde caderniño de bitácora.
Así que, como quería ter un minidetalle con vós, a camiseta oficial do blog vai para o visitante número: 101.101 (podédelo ver abaixo de todo, nun recadriño amarelo)
E diredes vós... e como sei eu se o que me avise (mandándome un correo a carpediemsempre@hotmail.com) é ou non é realmente o visitante número 101.101?? pois non, non o podo saber. Podería decir que se fixese unha captura de pantalla ou algo así... pero sei que non é necesario, fíome plenamente da bondade dos meus benqueridos lectores :)
Espertate con isto! Que viva a música de bo rollo!
Estou almorzando. E dirás... e a min que me importa xD É que son consciente de que actualizo pouco e un dos motivos é porque cando me dou conta perdo 2 horas con cada actualización que si escollendo fotos que si arreglándoas... ná, fuera. Hoxe toca ENTRADA EXPRESSS! Como me contestou antonio na entrada anterior que prefería varias entradas cortas que poucas largas...aquí vai esta. A toda mecha.
Propúxenma facela mentres almorzo. Agora estase quentando o leite no microondas e as fotos subíndose ao photobucket....
...
CLIIIN!! Leite listo e fotos subidas
Obviamente non vou nin tocar as fotos, valas ver así tal cual saídas do forno. Máis que nada porque senon si que se me enfría o colacao.
Aquí tedes a cinco rubias espidas mirándome con desexo. Cantas veces esperei este momento...
Rayito. Estas fotos do mesmo día que a entrada anterior
Suso
A esquerda que provoca esta conversación: -Non pinta mal... -bah, pero seguro que imos "atalá" e se queda tendida coa marea... (Panda de vagos)
O home que perdeu a cabeza por ver o tubo. Un tronco con 3 extremidades... algo raro
Xiro desfasado
Ala!! xa teño pouquiño leite na taza. Momento de coller varias galletas, estrujalas e facer unhas papas. Déixovos que remato de almorzar!
Moi bos días!! Antes de nada... ponte a disfrutar do bo rollo que transmite esta cancionaza de k'naan
(Creo que xa teño canción para o stop-motion do próximo mural) :)
Onte e hoxe non houbo practicamente ningunha onda, polo que houbo que buscarse alternativas! Nova adquisición! Non pensei que se lle fora a sacar tanto partido. É a alternativa perfecta á falta de ondas ou a ondas malas/tendidas babosas. Cando a táboa/tablón xa non funcionan...é hora de saír, collelo kaiak, e botarse unhas risas cun bo amigo
Pois como non hai fotos de acción... colgo unhas duns baños deste mes en Nemiña. Se non me equivoco son do día 2. Marcos, van por ti! jeje (que sempre me di que o blog non é fiel ao dominio, con toda a razón do mundo)
Suso co seu estilazo característico
Descoñecido chimpando
Moncho de Laxe disfrutando das boas vistas que regala esta esquerdiña. Sae de vez en cando neste fondos tan cambiantes que sufrimos/disfrutamos.
Alguén sabe quen é o que está reentrando?
Agora que o penso, esquecinme de presentarvos a miña nova táboa! Estreneina en Louro, xusto despois de recollela no taller de CHUSMA.
Estou moi contento con ela. É anchiña na popa polo que aguanta ben dos meus 85 kg, e manten o planeo moi ben en olas con pouca forza. Ao ter 4 quillas fáiseme moi maniobrable, volume na punta que da unha boa remada... contento.
E ademais, encantoume o feito de que puidera colaborar na parte "artística" da táboa. Pintei o deck con pintura acrílica e esponxas, e a parte de abaixo, no proceso de laminado, escollín as cores e chorreei a resina tintada que me preparou chus ao meu gusto e maneira... despois encargouse el da parte técnica, de esparcila e facer un laminado como dios manda...pulido etc. Un crack.
Pasou unha cousa curiosa ese día. Vin a un rapaz que se andaba tumbando polo chan e adoptando posturas de contorsionista ao máis puro estilo "eu" sacando fotos cunha reflex dixital, e, aproveitando que non lle ía a ter que explicar en que botón se disparaba na miña cámara...pedinlle que me sacase unha foto coa táboa antes de "manchala" de parafina. O fotógrafo en cuestión resultou ser JUAN FERNANDEZ, prestixioso fotógrafo da surfer rule.
Ben, pois hoxe chégame un mms do meu amijo CARLOS cunha foto da surfer rule na que aparezo eu camiñando coa miña recén estrenada táboa. Que ilusión! amijiñoos! sonvos famoso! Debo de ser o único personaje que apareceu na 360 (nunha reportaxe de dani almeida) e na Surfer Rule e en ningunha das dúas aparezo surfeando!! A verdade é que me está dando que pensar xD
E para despedirme, unha foto de hoxe, que fun ata Rostro co veciño Rober a pasear cos cans e sacar unhas fotos.
Pescando estrelas
Tiña outra na que o sol non estaba queimado, pero... gústame máis esta. Ademais, se o sol non se queima conxelaríamonos todos non?
Unha aperta e que teñas moi bo xoves!!
pd. Prefires moitas entradas curtas ou poucas longas?
Antonte, en canto acabei de facer uns recadiños pola mañá, un foguete no cu comezaba a botar chispas para coller material de bocata e tirar para Nemiña.
O día anterior, a pesar de haber olas para os "clics" de playmobil (ti tamén lle chamabas clics ou era eu só?), entre o sol, a temperatura, a compañía de Carlos e Belén, o bo rollo na auga, e algunha que outra esquerda pequena pero xeitosiña... a sensación coa que un se ía para casa era de "bañazo". Así que, o martes, coa subidiña de mar que había prometía bastante.
Unha vez en Nemiña, as ondas non estaban mal de todo. Foi entrar na auga e comezar a saír unhas esquerdas como churros. Durante aproximadamente unha hora, nun punto de marea moi concreto, viñan series seguidas para suministrarnos de ondas aos 15 ou 20 que en 5 minutos nos xuntamos na auga. As máis grandes poderían ter unha porta (2m reais)e teño "fotos mentais" moi boas como unha parede de Marcos en Drop knee cos brazos abertos cun tubo detrás no que cabería perfectamente.
Gozando como estábamos, o que menos apetecía era saír a sacar fotos así que... vas a ter que crerme jeje.
A única pega que temos agora con Nemiña é que se formou unha barreira de area ao máis puro estilo "mar de fora", que fai que en marea alta se convirta nunha piscina con rebotes.
Xa coa marea alta, despois dun merecido bocata/xelado/clara/charlas ao sol, volveron uns cuantos a auga aproveitando unha orillera que saía. Eu decidín quedarme na orilla sacando algunha foto. (Ao final tiven que acabar subido a unha pedra...tíñadesme que ver correr cando unha ola orillera intentaba cazarme atrapándome entre a laguniña e o mar)
Aquí abaixo temos a Moncho de Laxe
Este é Manuel. Estaba lesionado por iso non ía a facer ningunha maniobra... ¬_¬
Floater queimando a onda
Os rebotes que se formaban dábanlle un punto divertido ao baño
sobretodo para min que era o que vía en primeira fila os castañazos, jeje
Nesta, Suso pasou uns 10 metros de sección e cando chegou á parede... sorpresa! :) Encántame a expresión que se lle ve a Suso na foto. Póñolle un globito co texto ou xa llo poñedes vos? claramente está dicindo: "-cachis en la mar..." Aquí disfrutando dunha oliña que duplicaba o seu tamaño por momentos
Despois fixemos un lume, parrilla, chourizos criollo, salchichas, lomo, cervezas, calorciño, ceo estrelado, charlas... ata as dúas da mañá. E para casa que mañá é outro día :) Unha aperta para todos!
E digo "estamos", en plural, porque en facebook estamos todos (ou a gran maioría). E dende hoxe tamén o está este humilde blog. Desta forma vós tamén poderedes participar dunha forma máis activa subindo fotos, colgando enlaces, videos... e comentando máis facilmente sen ter que poñer en cada comentario un usuario, contrasinal e interpretar unha palabra dunha imaxe.
Seguro que te preguntaches (e se non cóntocho igual) porque tardei tanto en incluir este blog na rede social. Moi fácil, parecerache unha tontería, pero, a forma que había antes de unirse a unha páxina era dándolle a un botón que poñía "hazte fan" ou "faite seareiro" e ese detalliño non che me gustaba nada de nada. Non quero suxerirlle á xente que se faga fan! non me salía da gana.
Agora cambiou. Agora hai que darlle a un botonciño que pon "me gusta" ou "gústame", así que, si che gusta este blog, e queres que te avisen das actualizacións e ver máis cousas con máis frecuencia... únete ;)
A semana pasada andiven por Madrid, e á volta, paseime por Windows!
Xa viña todo o camiño pensando en sacar algunha foto únicamente polo ceo que había.. pero cando vin eses campos verdes e lomas redondeadas propias do mesmísimo fondo de escritorio de windows... non o dudei. Peguei o volantazo na seguinte saída que me atopei e a correr polos prados cual Heidi correndo tralas ovelliñas.
Sei que ando algo ausente últimamente, tes que perdoar. A semana pasada grabei dúas curtas por Vigo, fun a Madrid a un casting e a visitar uns amigos, houbo que pasar por Santiago (que un pouco de festa tampouco vai mal) e un montón de cousas máis que fan que che dea a sensación de que non pasaron dúas semanas senon dous meses.
Tantas cousas que contar e fotos que ensinar que cando me sento frente ao cacharro embótome e penso "ui, para esto póñome noutro momento que teña máis tempo" e como o tempo desaparece entre os dedos... nunca atopo o momento. A ver se fago os deberes ultimamente e che ensino entre outras cousas unhas fotiñas de Nemiña de fai uns días.
Unha aperta e un saúdo especial a Juan de Maniños que me cargou as pilas para darlle caña ao blog ;) Encantado de coñecerte!
"Cinco trabajos autoeditados. Su último cd Vendetta Mixtape fue seleccionado como una de las mejores maquetas de 2008 por la revista Hiphop Nation. Es autor del tema 'Rapestadio', cierre de las emisiones deportivas de la cadena de radio nacional Onda Cero. Hasta la fecha ha sido entrevistado por Radio Nordés Cadena SER, Loca FM, Radio Villalba (Madrid), La Voz de Galicia y Talento Novaxove."
"Rapeiro" de Corcubión entrecomillado.
Entrecomillado porque esa palabra trae ás nosas mentes un estereotipo que, ao meu modo de ver, non o define.
Humildade agochada só por momentos e letras. Sinceridade rotunda. Un periodista, co seu máster...que no seu tempo libre escribe e rapea. Vello amigo.
Fai máis de 10 anos (teríamos 14 daquela) era un deses "raros" que andaban cos pantalóns anchos e gorras de medio lado.
(As fotos que aparecen nesta entrada fíxenllas fai cousa de un mes en Cee, con Corcubión ao fondo, o seu pobo natal. A falta do flash externo que necesitaba para facer estas fotos que tiña na cabeza.... intelectus apretatus discurren que rabean... así que acabamos nunha especie de pequeno porto onde puiden poñer o meu coche coas largas postas a unha distancia prudencial para non queimarlle a cara. Agora as imaxes aparecen con un pouco de ruído pero foi cousa da compresión das fotos.. a ver se averiguo que pasa con ese problemiña.)
As súas letras contan historias...
e non se limitan a dicir "eu son o xefe e ti es un merda" aínda que ten algunha canción con un toque "sobrado" misturado con simpatía que fai máis que evidente que son construccións de personaxe.
Acaba de presentar o seu primeiro videoclip
Última entrevista por novaxove AQUÍ (para a que lle fixen as fotos)
A semana pasada, como xa vos comentei, paseina en Coruña pintando un mural preto da praza de Pontevedra. Na tenda de roupa e complementos "kiero +" que se inaugurará este 3 de Maio.
Como de costume, a medida que pintaba a ritmo de Morgan Heritage, fun sacando fotos durante o proceso para poder editar este video :)
s.f. 1. Respecto moi grande [por algo ou por alguén].Acción de inclina-la parte superior do corpo cara a diante ante unha persoa, como mostra de respecto ou cortesía
Esta semana atópome en Coruña pintando un mural ao lado da praza de Pontevedra. Na rúa Cordelería, xunto ao hotel Zenit. Hoxe foi o segundo día de traballo e a cousa vai tal que así... (estou preparando un video stop motion con este mural tamén)
Mañá seica chove así que no lugar de seguir con este (que lle quedará día e medio de traballo) sigo dentro do local no que farei unha posta de sol con dúas siluetas. Se te queres pasar tomámoslle un café.
É o primeiro mural que pinto "en público", na rúa, e, polo que vexo, é unha cousa moi positiva a nivel "promosión". Onte o promotor da obra do lado "fichoume" para pintar dentro cando acaben; e hoxe tamén se mostrou interesada a encargada dunha perruquería que está moi preto. A ver se saen adiante! Tamén farei outro nun pub que se chama Habana Vieja, cerca do Milenium, no paseo marítimo. Mantereivos informados. E o "proxecto grande" do que non vos quero falar moito ata que non vexa todo ben firmadiño, segue indo vento en popa.
A verdade é que estou moi contento. A nivel "actoral" tamén hai novas. Hai 3 curtas máis nas que vou actuar, e seleccionaron a de "momentos captados.." no festival de curtas de Sada. Estarán coas proxeccións de curtas dende hoxe ata o Sábado ás 20:30, que será a entrega de premios na casa de cultura de Sada. Se vos apetece ir xa sabedes, estades convidados :)
Unha aperta e disculpade o retraso na actualización!
Un saúdo a Jorge! sae do anonimato! sabemos que nos les! ;)
Eu non sei se a vós tamén vos pasa, pero eu no colexo-instituto-carreira e agora nas reunións sempre fun dos de andar garabateando e debuxando tonterías. Pero ollo, prestando atención a todo o que sucedía. Recordo que isto último non o crían moitos profesores e tenme caído algún que outro "toque de atención".
Pero cando me propoñía aparentar estar atento (ademais de estalo) mirando directamente aos ollos do profesor e asentindo coa cabeza como o máis pelota dos alumnos... era xusto nese momento cando se me iba a cabeza á praia, a pensar no windguru, na mellor praia para surfear, nas cousas que tiña que facer, na rapaza que che gustaba, etc...
Onte, nunha reunión da Aaag, púxenme a facer isto... (coloquei un pouco mal o boli que se vos fixades na puntiña parece que está levitando) O debuxo que colguei fai pouco dun afialapis foi feito colocando de pé un de verdade, e debuxaba mirando todo o rato dende o punto de vista que había que ter para velo "levantado". Nesta ocasión, como non era plan estar pegando a cabeza á mesa cada dous por tres, debuxei todo calculando como se debería de ver o debuxo dende un punto de vista en concreto. Digamos que a "ojímetro". Se a reunión xa foi longa, máis se me fixo ao desexar ver se aquel garabato estirado tiña algunha forma desde algún lado.
Teño unhas ganas tremendas de contarvos un proxecto que se está cocendo un chisquiño relacionado con isto, pero ata que non haxa nada firmado prefiro non botar ningún fogo.
Moitas gracias a Ruben, Suso e Victor por ter rexistrado de tal maneira aquel día ;)
Espero que disfrutásedes da semana santa o máximo posible. Eu paseina de vacacións pola Costa da Morte :) Xa sabes, cando uns amigos veñen a pasalos días cerca da túa casa e ti vaste con eles ensinando recunchos bonitos e pouco coñecidos, e disfrutando dos sitios non como se os visitases tódolos días, senón coa ilusión da primeira vez jeje. Algo así como cando veñen de surfari os meus valencianos, que acabamos acampando en Rostro, Nemiña, Mar de fora...e sínteste totalmente de surfari, pasándoo xenial aínda que téñala casa a a 10 minutos.
Aquí experimentando retratos coa axuda de un flexo
Amijoooss :*
Cariño si, pero sin mariconadas
Facendo deporte
Bautizo surfeiro en Estorde!
Sinto por ter isto tan abandonado!! pero é que non dou a basto. Compensaréivolo! ;) Unha aperta!