Moitas gracias a Ruben, Suso e Victor por ter rexistrado de tal maneira aquel día ;)
Espero que disfrutásedes da semana santa o máximo posible. Eu paseina de vacacións pola Costa da Morte :) Xa sabes, cando uns amigos veñen a pasalos días cerca da túa casa e ti vaste con eles ensinando recunchos bonitos e pouco coñecidos, e disfrutando dos sitios non como se os visitases tódolos días, senón coa ilusión da primeira vez jeje. Algo así como cando veñen de surfari os meus valencianos, que acabamos acampando en Rostro, Nemiña, Mar de fora...e sínteste totalmente de surfari, pasándoo xenial aínda que téñala casa a a 10 minutos.
Aquí experimentando retratos coa axuda de un flexo
Amijoooss :*
Cariño si, pero sin mariconadas
Facendo deporte
Bautizo surfeiro en Estorde!
Sinto por ter isto tan abandonado!! pero é que non dou a basto. Compensaréivolo! ;) Unha aperta!
Todo o bo se fai de rogar, e o primeiro festival Ondalonga non ía ser menos. Tras varias semanas de espera, chegou o día. Chega o maretón que nos da a posibilidade de probar esa onda que algúns coñecían pero poucos surfearon. Vía facebook, blogs, webs e emails comézase a convocar a todo o mundo o sábado 27 de Marzo para disfrutar dunha festa surfeira especial.
11:00 am - A música xa está soando baixo a Ponte. Unha carpa, bandeiras, coches, furgos, autocaravanas e un bule bule de surfeiros poñendo a punto os seus longboards era un indicio máis que evidente de que algo gordo se estaba cocendo. Comezan as presentacións de moitos que non se coñecían, outros que sí pero só de internet, e reencontros de vellos amigos que ves poucas veces ao ano. Cada un foise poñendo a súa camiseta distintiva para recoñecernos na auga (superman, marinerito, floreadas, cada cual máis simpática), xa que as votacións dos 8 premios serían realizadas polos mesmos participantes e sería imposible recordar tódolos nomes.
Baixo o ritmo de Jack Johnson, colocámonos para que Julian Foto Surf nos faga "O fotón", a fotona de Salinas versión galega, xa era hora! Iago e Román explican unhas nocións básicas sobre a onda e por onde remontar de forma organizada sen matarnos uns aos outros, e dan unha premisa que foi fundamental para matar de raíz calquer tipo de malentendidos: "Está permitido saltar ondas!". Penso que a todos se nos iluminou a cara.
11:40 am - Guiados por Dani Alvite comezamos a remontada. Bueno, máis que remontada...habería que inventar un nova palabra para aquilo que vivimos. Inventamos o "senderismo acuático" 100 metros camiñando pola area, 100 coa auga polos nocellos, uns 300 coa auga polos xeonllos e despois xa só quedaba aproximadamente medio kilómetro remando...vamos, o normal :) Mirado polo lado positivo, serviu para ir coñecéndonos entre nós, poñernos ao día, ir quentando motores, fortalecer cuádriceps, xemelgos... Vamos que se se lle ocorre a idea do senderismo acuático a algún balneario/spa seguro que nos cobrarían unha pasta.
No último tramo da remontada, un xa se podía entreter mirando para os primeiros que chegaban ao pico cazando as primeiras ondas da sesión. Houbo dende talegazos... ...ondas collidas co longueirón do revés para acabar con xiro de 180º e algún que tiña unha nova forma de ver o mundo...
Unha vez todos no pico, comezou a romería
Cada serie que chegaba era recibida por unha manada de case 50 "longueiros" que boureábamos como famentos recibindo unha mariscada. Animándonos uns aos outros mentres non parábamos de remar para ir na onda cantos máis, mellor.
Moitos asegurabamos que nos estabamos pegando as máis longas e duradeiras surfeadas da nosa vida. Incluso Kike Manero mirou o reloxo antes de coller a onda e despois e contabilizou máis de dous minutos e medio. Outro compañeiro de onda decíanos aos que íamos surfeando con el: "bueno yo me bajo eh, yo me bajo!" como se de un bus urbano se tratase e non quixese ir moi lonxe do pico.
Todos, absolutamente todos, lucían na faciana un sorriso de orella a orella. Daba gusto mirarse ás caras para ver e ulir que todo o mundo estaba alí para o mesmo. Para encherse de boas vibracións con cada bocanada de aire, cargarse de enerxía positiva, animarse uns aos outros, rirse e coller ondas sen parar, a poder ser, compartidas...En definitiva, encherse de surf. Porque non debemos esquecer que a esencia desta forma de vida nace da diversión. Nace dun sentimento que, se non é a felicidade en estado puro, paréceselle moitísimo.
15:00 Despois de un par de horas (algúns botaron na auga ata 5!) íamos saíndo a terra firme. Era hora de comer algo, descansar ao son da música, siestiña aproveitando o sol que saía por momentos, charlas na carpa da organización comentando as xogadas... para máis tarde preparar un chocolate quentiño que faría a delicia dos máis glotóns.
21:00 Unha vez dixerido o chocolate (non no caso dos cuatripitidores...ejem...) dirixímonos ao restaurante Dantón II que nos esperaba cunhas cañasa ben frescas a poucos metros de onde estábamos. Fala que te fala ata a hora de cear. Logo de repoñer forzas cunha rica e abundante cea chega a hora na que Iago e Román (considerados Santos a partir deste festival) din quen son os gañadores dos premios. Non recordo quenes foron os gañadores porque, grazas a deus, no ambiente distendido e de cachondeo que se respiraba, primaba a actitude que se debe ter ante a vida, na que non hai nada que importe moito.
00:30 O nivel de cachondeo acada as cotas máis altas da noite. Algunha que outra botelliña de viño comezaba a facer algún tipo de efecto secundario no personal (cousa rara xa que, obviamente, rapaces sans que somos os surfeiros, era viño sen alcohol ¬_¬). O apoxeo chegou coa estelar actuación do grupo Alfeizar, que conseguiu que bailásemos e cantásemos entre carcajadas as súas pegadizas cancións como "la guarida del amor" ou a súa única canción en inglés, que di algo así como: "tsatuatse mi noombgue, en la frueennte, con luses de coloouesss entue la hente" (tatúate mi nombre en la frente con luces de colores entre la gente)
Alfeizar deu un concerto pola noite despois da cea. Foto: Alvaro Pastor
03:00 Algúns resistíanse a que rematase este día tan especial, pero pouquiño a pouco o cansancio ía levándose aos seus longueiróns para as súas respectivas casas, autocaravanas, furgos, coches... Cansados pero felices, coa sensación de que parecía incrible que todo saíse tan PERFECTO nesta primeira edición do festival. Pensando xa no próximo Ondalonga, que, de seguro, gañará cada ano máis adeptos.
05:00 Durmimos e soñamos..... Soñamos e agradecemos que haxa persoas que dediquen o seu tempo e traballo a levar a cabo un evento deste tipo.
Agotados pero agradecidos. O músculo máis agotado? o músculo do BO ROLLO
A entrada de hoxe está colgada en SurfGZ con máis fotos de Julián. Pódela ler AQUÍ
Graciñas a Iago, Román, Dani... e a todos os que botaron un cable para que este festival se puidese levar a cabo. Exito rotundo o deste primeiro festival de longboard galego.
O finde pasado pegueime unha escapadiña pola nosa terra veciña. En busca de recunchos chegamos ata Cantabria. Pero de tódolos que visitei, quédome con esta cova. Entrabas por un furadiño no medio dun prado para recorrer un bo anaco ás apalpadas, completamente ás escuras. Gracias á luz dos nosos móbiles avanzamos pola oscuridade, contorsionándonos nos estreitamentos, guiándonos polo son das ondas que comezaba a rebotar nas estalactitas e paredes húmedas. Máis adiante, comezámos a ver a luz ao final da cova, que desembocaba no mar permitindo que as ondas penetrasen na cova saltando algunhas pedras.
Se a palabra "merda" foi a primeira que se che veu á cabeza despois de ler o título da entrada, significa que moito temos que aprender de persoas como esta.
A terra xira e non para. Os días pasan e non volven. Os meses corren, os anos corren. Os segundos... Non permitas que os segundos, escurridizos, humedos, líquidos, suaves, finos, fugaces se che escurran entre os dedos. Péchaos, chúpaos, agárraos, arrúgaos, saboréaos, lauréaos, úleos, ámaos, sínteos, escóitaos... E se os deixas ir, míraos ben porque eles non te ven. Eles pasan. Pasan. Pasan. Pasan. Con ritmo. Sen pausa. Con ritmo. Sen pausa... 5040 segundos
Choiva de estrelas sobre Monte Louro. Choiva de segundos
Mira o que che traio hoxe. O meu amigo Salva vende estes espellos que trouxo de Indonesia. Él atópase en Madrid pero fai envíos a contrarrembolso a toda españa.
Son espellos de terracota e vidrio, feitos artesanalmente en Ubud, Bali.
Ten distintos modelos. Aquí vos mostro algúns deles. Teñen 30 cm de diámetro Os precios varían en función da cantidade: 1 espello 15€ 2 espellos 24 € 3 espellos 30 € + 4 euros de gastos de envío.
Para mercar algún ou facer algunha consulta contactade con salvasanchez@pluscycling.com
10 días sen actualizar, mimadriña. Perdona! E non é por falta de cousas que contar, senon todo o contrario. Non tiven tempo para nada. Para que te fagas unha idea, a semana pasada fixen 1000 km sen saír de Galicia. En fin.
Aquí vai unha entrada longa a modo de pupurri.
En canto ao relacionado coa interpretación, fixen un par de castings (Vigo e Coruña), unha curtametraxe (A Estrada) e un anuncio para Estrella Galicia (Pastoriza, Lugo).
A curta chámase "Estadea" e é a segunda curtametraxe do director Pablo Cacheda. Co que fixen o de "momentos captados dunha realidade xa inexistente" (título pequeno)
Ata agora só colgara o trailer, pero aquí tes a curta completa.
Esta curta foi feita sen apenas presuposto, pero mercoulla a tvg para emitir en ondacurta e co que lle pagaron costeouse gran parte do segundo corto.
En canto acabou a rodaxe, fun a por Marta a Santiago...
e tiramos para Pastoriza, onde grabariamos o día seguinte o anuncio para estrella galicia con Luis Moya.
E parecía pequeno o home. Di miña nai: diola, sempre se ve aí encollidiño no coche...
É un home simpático a rabiar. A alegría da rodaxe. Humilde, amable e con coñas todo o rato.
Este galego fíxose moi coñecido por frases como "trata de arrancarlo por dios, carlos trata de arrancarlo!!" ou "ojoderechalarga rasanteiquierda arrás!" (que non é arrás, senon ras) pero en realidade, para quen non o sepa este home leva ás súas costas dous mundiales, 4 subcampeonatos do mundo e 5 terceiros postos entre outras cousas como unha travesía a nado cruzando o estreito de Xibraltar con fins benéficos.
A raíz da súa curiosa e rápida forma de falar, surxiron moitos imitadores. Destacar esta broma dun que se fai pasar por Luis pedindo un taxi. Non ten desperdicio
Neste video podemos ver a animalada de información que teñen que procesar os dous (piloto e copiloto) durante un tramo.
A pesar dos logros de Carlos Sainz e Luis Moya, por todos é sabido que tiveron moi mala sorte, sen a cal terían gañando máis mundiais. No final do anterior video, por exemplo, vese como atropellan unha ovella 185 km por hora, o que os deixou sen potencia no coche e sen frenos. Aínda así seguiron para diante acabando o tramo pero perdendo a victoria.
E neste, vemos como se lles estropea o coche a 700 metros de gañar un mundial. Onde se fixo famosa a frase de "trata de arrancarlo". A verdade é que se vedes o video completo chégase a sentir tal impotencia que che deixa mal o corpo. Tamén me chama atención Carlos, que parece que ten orchata correndo polas venas, mimadriña que temple.
Despois hai outros pilotos que atropellan cabalos e só perden 26 segundos de tramo. Espectacular
="always" allowfullscreen="true" width="640" height="505">
Jolín, perdoa por abusar de tanto video, pero un empeza a rebuscar por youtube e atopanse cousas moi curiosas! mirade que coche!
Bueno, (volvendo ao tema da rodaxe do anuncio) decía Fernando Fernán Gomez: a los actores nos pagan por esperar. E certo é que das 12 horas que debimos pasar alí, fixemos falta 3. Nese tempo de espera collín a cámara pero non parecía un sitio moi apropiado para as fotos, xa que pouco máis que asfalto, rodas e coches abarcaban o campo visual. Nada mellor que iso para intentar buscar algunha posibilidade.
Esta foi sacada coa cámara do revés, cazando a Marta a través do reflexo dunha mesa onde estaban pegadas esas letras en vinilo branco.
Esta escapando dos camións do fondo, asfalto, cables...
Por certo. A ver se adiviñades con que cámara se grabou o anuncio...
A de video que vedes foi a que empregaban para o making off, e coa de fotos (unha canon D7) foi coa que grabaron todo o que sairá na tv. Acabaremos facendo películas cos móbiles. Isto é incrible.
Aquí vese todo o despliegue de sticos para facer rebotar a luz solar e iluminar o interior do coche. Falando de iluminación, cando estábamos grabando en interiores, escoitouse unha explosión e foi que rebentou unha bombilla e a lente dun foco de 12.000 watios que se usa para simular a luz do sol que entra polas ventás. Rápidamente adiviñamos quen era o dono do aparato porque foi o que máis rápido empalideceu. De alí a un rato, cando comezaba a saír do shock, non podía parar de decir: no puede ser, no puede ser, no puede ser... E é que , só a lente do foco costou 9000 euros. As cifras en euros neste mundillo do audiovisual son para caer sentado coa risa.
Bueno, e para rematar con esta entrada pupurri, gustaríame que lle pegárades un vistazo a este video producido e dirixido por FRAN ZEIBE (O amigo que me fixo o videobook). Agredecerá que comentedes as imaxes que menos e máis vos gustan e digades que opinión vos merece. Non tardará en estrear a curta da que proveñen todas estas imaxes.
Espero que vos guste.
Unha aperta a todos e que pasedes un moi bo finde!!
Non vos da a sensación de que a xente está de mala leche porque o temporal non destrozou Galicia de cabo a rabo? E que os comentarios que se oen son: -home home nomejo**, tanto temporal tanta merd* e ao final unha brisa de nada -si oh, boh, tanta alerta tanta tontería tanta con** da virjen, si foran tomar polo **
Basta que non avisaran e que caese unha soa árbore no tellado dunha casa para que xa estiveran reclamando responsabilidades, cartos aos seguros, botandolle a culpa a todo mundo: -¡joendiolaaa!! Sapatero tiroume un arbol ensima e ahora non me quer pajar unha casa novaa!! pero el si que ten casa non?? aahh carallo...
En fin, demos gracias, que puido ter sido moito peor do que foi. Tivemos moita sorte. E seguramente non pasou nada máis porque todos estivemos en casiña encerradiños, que se fixésemos vida normal seguro que había algún que outro accidente máis.
Este domingo, despois do relaxado paso do Xynthia por Galicia, achegueime ata a praia de Rostro. Na auga xa estaba Brais, disfrutando dalgunha que outra baixadiña A pesar de estar a marea increíblemente alta, as ondas tocaban fondo para o noso disfrute. Cambiámonos de pico, e comezaron a sair unhas esquerdiñas que gañaban forza a medida que se achegaban á orilla. Pasámolo bastante ben. E un domingo estar ti e un amigo na auga, con olas de "eu vou pa dereita!-vale eu pa esquerda!" non ten prezo
Canto máis surfeo menos sei. E refírome, sobretodo, ás posibilidades de que haxa un bo baño ou non en función das condicións meteorolóxicas. Cantas máis veces vas a unha praia, máis veces che sorprende para ben ou para mal; O que fai que cada vez esteas menos seguro das posibilidades de baño.
Moitas veces, chámanme amigos preguntándome como están as praias de por aquí para non pegarse a kilometrada de balde, e atópome co dilema. Se lles digo que non creo que haxa nada, e paso eu de casualidade porque vivo ao lado e hai olazas... síntome mal claro! e se digo que se veñan porque creo que pode haber algo e ao final quedamos todos en terra coméndonos os mocos...mal asunto tamén.
En fin...
Que o outro día achegueime a Nemiña sabendo que non a ía a coller no punto de marea adecuado... e había baño igual. Houbo un pico en marea alta, outro en media e outro en baixa. Cando normalmente só hai un piquiño en alta (e con moita sorte).
Xa saíran todos da auga, e bañeime eu só. Bueno, non tan só: Cando o sol comezou a sumerxirse no horizonte, acompañáronme unha bandada de golfiños que saltaban e surfeaba moi preto de min. Un auténtico espectáculo natural. Sen adestradores nin elementos artificiais. Neses momentos, por un lado sínteste en total harmonía coa natureza, integrado molécula a molécula, e por outro sínteste un pouco intruso, por pertencer á raza animal que pretende destruílo todo.
Suso Tudor, que andaba por alí, quedouse coa miña cámara e sacoume un par de secuencias: Non hai nada como verse (en foto ou video) para darse conta de todo o que un fai mal, ou todo o que se podería ter intentado e non se intentou. Neste caso, ademais de correxir a postura, penso que o que se podería ter intentado sería un reentry aproveitando o punto vertical da onda, non? Porque fun demasiado optimista pensando que o tubo sería o suficientemente grande para entrar. E digo "intentar" por decir algo... é como mercar un boleto do euromillón. Se non se merca non toca non? :)
Unha aperta!
E esta semana disfrutádea, mirádea, e saboreádea como se fósedes nenos...
Nada interesante. Non di nada que sirva de moito na vida así que, para que velo? Mira algunha que outra foto, non leas moito non vaia ser que atopes algo interesante, e se ves algún video, que non che quite máis de dous minutos.
Outro video dos que non vale a pena ver. Visto nun blog que da asco entrar nel www.adesgana.com Blog dun amigo dos que cando os ves te cambias de acera. Destes que xa non sabes que inventar para non ter que quedar con el.
Alguén dixo que para que os malos triunfen basta con que os bos non fagan nada.
Bueno amigos, pois aquí está o resultado. Son un pedazo friki baquesí? Hoxe intentarei mellorar a maquillaxe da cara dibuxando tamén os ollos, a ver si me sae. É unha auténtica "guayada" o tema dos zancos. Moito máis fácil do que me esperaba, en serio. É como camiñar normal! só hai que ter un pouco de coidado coas escaleiras e punto. Pola noite incluso podía entrar nos locais aínda que estiveran cheos de xente sin medo a caer. Por certo, falando de pubs! gañei un concurso de disfraces individuais organizado polos locais de cee! :)
Alucinoume a participación da xente. Tanto en Fisterra como en Cee, máis do 90% das persoas estaban disfrazadas. E TODOS facían o mesmo comentario: "Dioss..que fríoo!" (cando saín de casa marcaba o coche -1Cº) porque poucos disfraces esceptuando os de viquingo e de vello serven para ir ben abrigadiño. Así que, partindo desta demanda de calor por parte de todos, ocorréuseme organizar unha festa de disfraces no verán. Nalgunha praia, con música, churrascada, bebida, posiblemente algún concerto e caloorrrr! Para iso creei un grupo en facebook que se chama: "Eu tamén quero unha festa de disfraces no verán! O CARNAVRÁN" Buscádeo e unídevos se vos gusta a idea.
Bueno, espero que o pasedes moi ben nestas festas, comades moitas filloas (mmmm...) e orellas
(Carlos, aínda non a viches?) ;) Se non víches a película en 3D, estás tardando. É unha auténtica pasada. Eu fun ao cine medio mosca (porque non me soen gustar as típicas películas ás que lle dan tanto bombo, tipo señor de los anillos ou harry potter) pero saín ENCANTADO. De feito, ó día seguinte volvín a vela dende uns asentos que vibraban...e volvería a vela por 3ª vez.
Dito isto, ao que ía. Supoño que a todo o mundo se lle ocorrería disfrazarse en carnavais de Avatar, porque saes do cine desexando ser un Na`vi, indíxena de Pandora.
A min xuntáronseme as ganas de ser un Na`vi, coas que tiña (dende fai anos) de facer uns zancos (dos de atar ás pernas). Así que púxenme mans á obra. Se me da tempo de facer o disfraz, ben, e senon... pois teño uns zancos.
Dispoñíame a encargar uns na carpintería pero pensei que ao mellor apañaba co que tiña por casa. Así que aquí explico como fixen (en plan chapuzas) uns zancos aquelando con tódolos aqueles que teñas para aquelar no teu aquel. Atopei iso (á estructura de madeira vinlle forma de caballete e pensei que era unha señal para que pintase a táboa dunha vez) e coa axuda dun machete, unha serra e un martelo quedeime co que me interesaba... Cunha serra de calar recortei dunha madeira máis grosa estes tacos que soportarán a maior parte do peso. Medín a altura desexada tendo en conta que o sobrante de arriba non pode ser nin moi corto (para que faga ben firme) nin que pase dos xeonllos. E a base de puntas e martelazos fixen esta chapuzada de zancos. 4 puntas pola parte de abaixo do taco (cunha inclinación perpendicular á forza que exerceremos ao subirnos), unha por cada lado en diagonal para que o taco non se separe de pau, e dúas grandes por arriba para o mesmo. Despois 4 puntas en zig zag clavando a táboa na que irá o pé ao taco. O meu benquerido proxenitor dime que iso vai aguantar 20 pasos, con moita sorte. Eu xa os probei e penso que como moito pode escachar a táboa onde vai o pé, xa que fai firme en pouca superfice. Pero o taco, aposto a que non cae, cajona`ví. De todas formas, para reforzar o un e o outro, farei o que me propuxo: colocar dous "ángulos" de madeira máis en cada zanco, un a cada lado. Ah, e atopei un cacho dunha tubería da auga, corteina ao medio e fixen unha especie de protector/abrazadeira para os xemelgos. Cubrireinos dalgunha tea ou espuma, fareille unhas ranuras e pasarei por elas unhas cinchas de belcro para fixar os zancos ás pernas. Algo tal que así Aproveito para presentarvos a miña táboa recén pintada. Púxenme a pintala sin saber o que ía a facer. Foi fruto da máis pura improvisación, pero non me disgusta de todo o resultado. É que se esperaba a que se me ocorrese o debuxo perfecto non a pintaba nunca (Chus! cando querias laminámola!). Os bordes brancos e a parte de abaixo irá con resina tintada de amarelo e laranxa.
Seguindo co disfraz de Avatar... Buscando tutoriais de maquillaxe atopei cousas como este personaje que di que se maquilla en 10 segundos...son unhas risas (a partir do segundo 35)
E outros máis currados como este (moi longo)
Para a cabeza pensei en mercar unha peluca e facerlle trenzas. Se non é o suficientemente longa, engancharlle unha trenza feita con lá. Para facer como si estivese rapado polos lados, tratarei de buscar un gorro de piscina azul (ou branco para pintalo) e cortar a peluca e pegala nel.
Para o corpo, o propio sería ir con taparrabos e pintado, pero como somos humanos, e imos pasar frío... Buscarei uns leggins ou mallas de tía azuis, taparrabos e licras ou camisetas de manga longa apretadas.
E se alguén me presta un cabalo, póñolle atrás dúas patas máis e bueno, xa non falta detalle :)
Dani, Anahí e eu atopámonos hoxe a Nemiña dun humor moi común nela. Trátase do típico baño no que, ou che dificulta moito a chegada ao pico (marea baixa), ou te lanza sin dudalo mar adentro impedíndoche situarte ben (marea alta). (experimento de foto) Un baño no que, ao estar só, aumenta a dificultade para estar no sitio oportuno no momento adecuado... E se non estás ben colocado... toca comer de lo lindo. Porque Nemiña soe funcionar pequeno, pero cando ten xenio... ten xenio. E das de "de facer as cousas facelas ben".
É o típico baño no que te botas cando che apetece castaña porque te atopas en forma. E como hoxe non era o caso... (levo un mesiño surfeando moi pouco) pois pasamos. Ademais, non atopei o pincho por casa (xa ten tela o asunto) e alí só tiña a vella 6,3. Outro tema importante, co meu nivel medio-cre creo que sería unha auténtica lotería coller ben unha onda. Ademais non era baño para que disfrutásemos os tres. Aínda que agora que o penso Anahí seguro que nos sacaba unhas fotos de campionato :) (si dábamos pillado algunha)
E non sei si vos soe pasar, pero cando estás a punto de entrar nun baño destes, xa case decidido, quédase o mar en calma chicha... e despois aparece un seriote que arrasa con todo incluída a zona onde deberíamos estar colocados para coller o resto das olas. O bo destes baños? que colles unha ola boa e vale por tódalas olas que poidas coller en medio inverno. E será da que te acordes por moitos anos...
Hoxe tocou poñerse de faena! Encántame. Puxémonos Tamara e eu a pintar un teatriño para facer numeros titiriteiros e a cousa quedou así :) E como en casa de ferreiro coitelo de pau.... aínda teño en casa a miña táboa recién shapeada esperando a que me decida que pintarlle. Para as táboas dos demais, paredes, etc... non tardo nada en decir "eu faría esto, aquilo ou aqueloutro..." pero para as miñas cousas non sei porque sempre tardo máis en decidirme.
O outro día nunha reunión, comecei a garabatear nunha folla, fixen unha cabeza dun cabalo e despois emocioneime e seguín... :)
E agora á noite acabo de facer un deseño para unha tatuaxe dun bo amigo (Arturo, unha aperta!) As pistas que tiña para facer algo que lle gustase a él(hai xente que se empeña en pensar en un mesmo para deseñar as cousas, e o tema non é así) eran as seguintes: - Un tribal no que se adiviñe unha calavera - Calavera mala (en realidade poucas calaveras transmiten bo rollito non?) - E que fose alargado dando casi aspecto de calavera de Alien...
Garabateando saíu isto... a ver si era algo así o que tiña na cabeza
Que será remodificado, sobretodo no que é o interior da liña, que irá igual que outra tatuaxe que ten no hombro. E xa postos.. tal e como fago cos murales, fixen unha pequena montaxe para que se faga unha lixeira idea de como lle pode quedar
Aproveitando unha raiola de luz que entrou pola fiestra... Yaiza
Tamén quería compartir contigo esta canción que me engaiolou no momento
Descoñecía totalmente este grupo "The Fray" pero polo que puiden ler por AQUÍ comprendín os dous millóns de reproduccións que ten o video. Cancións súas foron empregadas nos videos promocionais de Anatomía de Grey e a 5ª temporada de Lost
Saúdos e que teñas moi bo finde! Disfruta desta semana como se fose a última ;)
Para hoxe déixovos un video la mar de curioso. Ao principio parece incrible que a bailarina non xire sempre no mesmo sentido. Cando me ensinaron o video pensei que se querían quedar comigo. Pero despois de velo un par de veces....
...concentrándome consigo cambiar o sentido de xiro da bailarina. Eu creo que o truco está en pensar que a perna levantada é un péndulo e cando lle toca pasar por detrás da perna "fixa" imaxinar que está pasando por diante...e viceversa. Eu imaxínome iso e en cuestión de 2 ou 3 voltas, xa a fixen cambiar de sentido.
Ao final axúdanche a ver a bailarina xirando nos dous sentidos coa axuda dunhas liñas e "arrancando" o xiro dende unha posición concreta. Pero a min confúndeme o que di a voz... eu diría que xira para a dereita cando xira en sentido horario e á esquerda cando xira en sentido antihorario non?
Vós para onde a vedes xirar ao principio? Eu víaa sempre xirando no sentido das agullas do reloxo. (Cara a dereita)