jueves, 20 de mayo de 2010

Un día en Nemiña

Antonte, en canto acabei de facer uns recadiños pola mañá, un foguete no cu comezaba a botar chispas para coller material de bocata e tirar para Nemiña.

O día anterior, a pesar de haber olas para os "clics" de playmobil (ti tamén lle chamabas clics ou era eu só?), entre o sol, a temperatura, a compañía de Carlos e Belén, o bo rollo na auga, e algunha que outra esquerda pequena pero xeitosiña... a sensación coa que un se ía para casa era de "bañazo". Así que, o martes, coa subidiña de mar que había prometía bastante.

Unha vez en Nemiña, as ondas non estaban mal de todo. Foi entrar na auga e comezar a saír unhas esquerdas como churros. Durante aproximadamente unha hora, nun punto de marea moi concreto, viñan series seguidas para suministrarnos de ondas aos 15 ou 20 que en 5 minutos nos xuntamos na auga. As máis grandes poderían ter unha porta (2m reais)e teño "fotos mentais" moi boas como unha parede de Marcos en Drop knee cos brazos abertos cun tubo detrás no que cabería perfectamente.

Gozando como estábamos, o que menos apetecía era saír a sacar fotos así que... vas a ter que crerme jeje.

A única pega que temos agora con Nemiña é que se formou unha barreira de area ao máis puro estilo "mar de fora", que fai que en marea alta se convirta nunha piscina con rebotes.
Photobucket

Xa coa marea alta, despois dun merecido bocata/xelado/clara/charlas ao sol, volveron uns cuantos a auga aproveitando unha orillera que saía. Eu decidín quedarme na orilla sacando algunha foto. (Ao final tiven que acabar subido a unha pedra...tíñadesme que ver correr cando unha ola orillera intentaba cazarme atrapándome entre a laguniña e o mar)

Photobucket

Aquí abaixo temos a Moncho de Laxe
Photobucket

Este é Manuel. Estaba lesionado por iso non ía a facer ningunha maniobra... ¬_¬
Photobucket

Photobucket

Floater queimando a onda
Photobucket

Os rebotes que se formaban dábanlle un punto divertido ao baño
Photobucket

sobretodo para min que era o que vía en primeira fila os castañazos, jeje

Nesta, Suso pasou uns 10 metros de sección e cando chegou á parede... sorpresa! :) Encántame a expresión que se lle ve a Suso na foto. Póñolle un globito co texto ou xa llo poñedes vos? claramente está dicindo: "-cachis en la mar..."
Photobucket
Aquí disfrutando dunha oliña que duplicaba o seu tamaño por momentos
Photobucket

Despois fixemos un lume, parrilla, chourizos criollo, salchichas, lomo, cervezas, calorciño, ceo estrelado, charlas... ata as dúas da mañá. E para casa que mañá é outro día :)
Photobucket
Unha aperta para todos!

lunes, 17 de mayo de 2010

Estamos en Facebook!!



E digo "estamos", en plural, porque en facebook estamos todos (ou a gran maioría). E dende hoxe tamén o está este humilde blog. Desta forma vós tamén poderedes participar dunha forma máis activa subindo fotos, colgando enlaces, videos... e comentando máis facilmente sen ter que poñer en cada comentario un usuario, contrasinal e interpretar unha palabra dunha imaxe.

Seguro que te preguntaches (e se non cóntocho igual) porque tardei tanto en incluir este blog na rede social. Moi fácil, parecerache unha tontería, pero, a forma que había antes de unirse a unha páxina era dándolle a un botón que poñía "hazte fan" ou "faite seareiro" e ese detalliño non che me gustaba nada de nada. Non quero suxerirlle á xente que se faga fan! non me salía da gana.

Agora cambiou. Agora hai que darlle a un botonciño que pon "me gusta" ou "gústame", así que, si che gusta este blog, e queres que te avisen das actualizacións e ver máis cousas con máis frecuencia... únete ;)

Pulsa AQUÍ

Apertas!!

viernes, 14 de mayo de 2010

De paseo por windows

A semana pasada andiven por Madrid, e á volta, paseime por Windows!

en windows

Xa viña todo o camiño pensando en sacar algunha foto únicamente polo ceo que había.. pero cando vin eses campos verdes e lomas redondeadas propias do mesmísimo fondo de escritorio de windows... non o dudei. Peguei o volantazo na seguinte saída que me atopei e a correr polos prados cual Heidi correndo tralas ovelliñas.


Sei que ando algo ausente últimamente, tes que perdoar.
A semana pasada grabei dúas curtas por Vigo, fun a Madrid a un casting e a visitar uns amigos, houbo que pasar por Santiago (que un pouco de festa tampouco vai mal) e un montón de cousas máis que fan que che dea a sensación de que non pasaron dúas semanas senon dous meses.

Tantas cousas que contar e fotos que ensinar que cando me sento frente ao cacharro embótome e penso "ui, para esto póñome noutro momento que teña máis tempo" e como o tempo desaparece entre os dedos... nunca atopo o momento.
A ver se fago os deberes ultimamente e che ensino entre outras cousas unhas fotiñas de Nemiña de fai uns días.

Unha aperta e un saúdo especial a Juan de Maniños que me cargou as pilas para darlle caña ao blog ;) Encantado de coñecerte!

sábado, 8 de mayo de 2010

Alex Fidalgo alias Shorty Dacosta

"Cinco trabajos autoeditados. Su último cd Vendetta Mixtape fue seleccionado como una de las mejores maquetas de 2008 por la revista Hiphop Nation. Es autor del tema 'Rapestadio', cierre de las emisiones deportivas de la cadena de radio nacional Onda Cero. Hasta la fecha ha sido entrevistado por Radio Nordés Cadena SER, Loca FM, Radio Villalba (Madrid), La Voz de Galicia y Talento Novaxove."

"Rapeiro" de Corcubión entrecomillado.

Photobucket

Photobucket

Entrecomillado porque esa palabra trae ás nosas mentes un estereotipo que, ao meu modo de ver, non o define.

Humildade agochada só por momentos e letras. Sinceridade rotunda.
Un periodista, co seu máster...que no seu tempo libre escribe e rapea.
Vello amigo.

Fai máis de 10 anos (teríamos 14 daquela) era un deses "raros" que andaban cos pantalóns anchos e gorras de medio lado.

Photobucket
(As fotos que aparecen nesta entrada fíxenllas fai cousa de un mes en Cee, con Corcubión ao fondo, o seu pobo natal. A falta do flash externo que necesitaba para facer estas fotos que tiña na cabeza.... intelectus apretatus discurren que rabean... así que acabamos nunha especie de pequeno porto onde puiden poñer o meu coche coas largas postas a unha distancia prudencial para non queimarlle a cara. Agora as imaxes aparecen con un pouco de ruído pero foi cousa da compresión das fotos.. a ver se averiguo que pasa con ese problemiña.)

As súas letras contan historias...



e non se limitan a dicir "eu son o xefe e ti es un merda" aínda que ten algunha canción con un toque "sobrado" misturado con simpatía que fai máis que evidente que son construccións de personaxe.



Photobucket

Acaba de presentar o seu primeiro videoclip


Última entrevista por novaxove AQUÍ (para a que lle fixen as fotos)

Entrevista nunha radio AQUÍ

Podes descargar o seu último disco AQUÍ

Alex! que teñas toda a sorte do mundo!

sábado, 1 de mayo de 2010

Stop motion do mural de Coruña

A semana pasada, como xa vos comentei, paseina en Coruña pintando un mural preto da praza de Pontevedra. Na tenda de roupa e complementos "kiero +" que se inaugurará este 3 de Maio.

Como de costume, a medida que pintaba a ritmo de Morgan Heritage, fun sacando fotos durante o proceso para poder editar este video :)

Espero que vos guste ;)

Apertas!!

sábado, 24 de abril de 2010

Reverencia

s.f. 1. Respecto moi grande [por algo ou por alguén].Acción de inclina-la parte superior do corpo cara a diante ante unha persoa, como mostra de respecto ou cortesía

Reverencia

miércoles, 21 de abril de 2010

Pintando en Coruña...

...a ritmo de Morgan Heritage


Esta semana atópome en Coruña pintando un mural ao lado da praza de Pontevedra. Na rúa Cordelería, xunto ao hotel Zenit. Hoxe foi o segundo día de traballo e a cousa vai tal que así...
mural "kiero mas"
(estou preparando un video stop motion con este mural tamén)

Mañá seica chove así que no lugar de seguir con este (que lle quedará día e medio de traballo) sigo dentro do local no que farei unha posta de sol con dúas siluetas. Se te queres pasar tomámoslle un café.

É o primeiro mural que pinto "en público", na rúa, e, polo que vexo, é unha cousa moi positiva a nivel "promosión". Onte o promotor da obra do lado "fichoume" para pintar dentro cando acaben; e hoxe tamén se mostrou interesada a encargada dunha perruquería que está moi preto. A ver se saen adiante! Tamén farei outro nun pub que se chama Habana Vieja, cerca do Milenium, no paseo marítimo. Mantereivos informados. E o "proxecto grande" do que non vos quero falar moito ata que non vexa todo ben firmadiño, segue indo vento en popa.

A verdade é que estou moi contento. A nivel "actoral" tamén hai novas. Hai 3 curtas máis nas que vou actuar, e seleccionaron a de "momentos captados.." no festival de curtas de Sada. Estarán coas proxeccións de curtas dende hoxe ata o Sábado ás 20:30, que será a entrega de premios na casa de cultura de Sada. Se vos apetece ir xa sabedes, estades convidados :)

Unha aperta e disculpade o retraso na actualización!

Un saúdo a Jorge! sae do anonimato! sabemos que nos les! ;)

domingo, 11 de abril de 2010

video do garabatresde

Pequeno video do debuxo que colguei na entrada anterior

Que aproveitedes este sol para cargalas pilas!
Apertaas

jueves, 8 de abril de 2010

Outro garabato "3D"

Eu non sei se a vós tamén vos pasa, pero eu no colexo-instituto-carreira e agora nas reunións sempre fun dos de andar garabateando e debuxando tonterías. Pero ollo, prestando atención a todo o que sucedía. Recordo que isto último non o crían moitos profesores e tenme caído algún que outro "toque de atención".

Pero cando me propoñía aparentar estar atento (ademais de estalo) mirando directamente aos ollos do profesor e asentindo coa cabeza como o máis pelota dos alumnos... era xusto nese momento cando se me iba a cabeza á praia, a pensar no windguru, na mellor praia para surfear, nas cousas que tiña que facer, na rapaza que che gustaba, etc...

Onte, nunha reunión da Aaag, púxenme a facer isto...
Photobucket
(coloquei un pouco mal o boli que se vos fixades na puntiña parece que está levitando)
O debuxo que colguei fai pouco dun afialapis foi feito colocando de pé un de verdade, e debuxaba mirando todo o rato dende o punto de vista que había que ter para velo "levantado". Nesta ocasión, como non era plan estar pegando a cabeza á mesa cada dous por tres, debuxei todo calculando como se debería de ver o debuxo dende un punto de vista en concreto. Digamos que a "ojímetro". Se a reunión xa foi longa, máis se me fixo ao desexar ver se aquel garabato estirado tiña algunha forma desde algún lado.

Teño unhas ganas tremendas de contarvos un proxecto que se está cocendo un chisquiño relacionado con isto, pero ata que non haxa nada firmado prefiro non botar ningún fogo.

Unha aperta!

miércoles, 7 de abril de 2010

2º video do Ondalonga 2010 + Semana santa costa da morte

Moi boas a todos!
Para comezar déixovos co segundo video editado por Susoben

Onda Longa 2010_2 from suso ben on Vimeo.


Moitas gracias a Ruben, Suso e Victor por ter rexistrado de tal maneira aquel día ;)


Espero que disfrutásedes da semana santa o máximo posible. Eu paseina de vacacións pola Costa da Morte :) Xa sabes, cando uns amigos veñen a pasalos días cerca da túa casa e ti vaste con eles ensinando recunchos bonitos e pouco coñecidos, e disfrutando dos sitios non como se os visitases tódolos días, senón coa ilusión da primeira vez jeje.
Algo así como cando veñen de surfari os meus valencianos, que acabamos acampando en Rostro, Nemiña, Mar de fora...e sínteste totalmente de surfari, pasándoo xenial aínda que téñala casa a a 10 minutos.

Aquí experimentando retratos coa axuda de un flexo
Photobucket

Amijoooss :*
Photobucket

Cariño si, pero sin mariconadas
Photobucket

Facendo deporte
Photobucket

Photobucket

Photobucket

Bautizo surfeiro en Estorde!
Photobucket

Sinto por ter isto tan abandonado!! pero é que non dou a basto. Compensaréivolo! ;)
Unha aperta!

miércoles, 31 de marzo de 2010

Crónica festival Ondalonga

Todo o bo se fai de rogar, e o primeiro festival Ondalonga non ía ser menos. Tras varias semanas de espera, chegou o día. Chega o maretón que nos da a posibilidade de probar esa onda que algúns coñecían pero poucos surfearon. Vía facebook, blogs, webs e emails comézase a convocar a todo o mundo o sábado 27 de Marzo para disfrutar dunha festa surfeira especial.

11:00 am - A música xa está soando baixo a Ponte. Unha carpa, bandeiras, coches, furgos, autocaravanas e un bule bule de surfeiros poñendo a punto os seus longboards era un indicio máis que evidente de que algo gordo se estaba cocendo. Comezan as presentacións de moitos que non se coñecían, outros que sí pero só de internet, e reencontros de vellos amigos que ves poucas veces ao ano. Cada un foise poñendo a súa camiseta distintiva para recoñecernos na auga (superman, marinerito, floreadas, cada cual máis simpática), xa que as votacións dos 8 premios serían realizadas polos mesmos participantes e sería imposible recordar tódolos nomes.

Baixo o ritmo de Jack Johnson, colocámonos para que Julian Foto Surf nos faga "O fotón", a fotona de Salinas versión galega, xa era hora!
Photobucket
Iago e Román explican unhas nocións básicas sobre a onda e por onde remontar de forma organizada sen matarnos uns aos outros, e dan unha premisa que foi fundamental para matar de raíz calquer tipo de malentendidos: "Está permitido saltar ondas!". Penso que a todos se nos iluminou a cara.

11:40 am - Guiados por Dani Alvite comezamos a remontada. Bueno, máis que remontada...habería que inventar un nova palabra para aquilo que vivimos. Inventamos o "senderismo acuático" 100 metros camiñando pola area, 100 coa auga polos nocellos, uns 300 coa auga polos xeonllos e despois xa só quedaba aproximadamente medio kilómetro remando...vamos, o normal :) Mirado polo lado positivo, serviu para ir coñecéndonos entre nós, poñernos ao día, ir quentando motores, fortalecer cuádriceps, xemelgos... Vamos que se se lle ocorre a idea do senderismo acuático a algún balneario/spa seguro que nos cobrarían unha pasta.

No último tramo da remontada, un xa se podía entreter mirando para os primeiros que chegaban ao pico cazando as primeiras ondas da sesión. Houbo dende talegazos...
Photobucket
...ondas collidas co longueirón do revés para acabar con xiro de 180º
Photobucket
e algún que tiña unha nova forma de ver o mundo...
Photobucket


Unha vez todos no pico, comezou a romería

Cada serie que chegaba era recibida por unha manada de case 50 "longueiros" que boureábamos como famentos recibindo unha mariscada. Animándonos uns aos outros mentres non parábamos de remar para ir na onda cantos máis, mellor.

Moitos asegurabamos que nos estabamos pegando as máis longas e duradeiras surfeadas da nosa vida. Incluso Kike Manero mirou o reloxo antes de coller a onda e despois e contabilizou máis de dous minutos e medio.
Outro compañeiro de onda decíanos aos que íamos surfeando con el: "bueno yo me bajo eh, yo me bajo!" como se de un bus urbano se tratase e non quixese ir moi lonxe do pico.

Todos, absolutamente todos, lucían na faciana un sorriso de orella a orella. Daba gusto mirarse ás caras para ver e ulir que todo o mundo estaba alí para o mesmo. Para encherse de boas vibracións con cada bocanada de aire, cargarse de enerxía positiva, animarse uns aos outros, rirse e coller ondas sen parar, a poder ser, compartidas...En definitiva, encherse de surf. Porque non debemos esquecer que a esencia desta forma de vida nace da diversión. Nace dun sentimento que, se non é a felicidade en estado puro, paréceselle moitísimo.

15:00 Despois de un par de horas (algúns botaron na auga ata 5!) íamos saíndo a terra firme. Era hora de comer algo, descansar ao son da música, siestiña aproveitando o sol que saía por momentos, charlas na carpa da organización comentando as xogadas... para máis tarde preparar un chocolate quentiño que faría a delicia dos máis glotóns.

21:00 Unha vez dixerido o chocolate (non no caso dos cuatripitidores...ejem...) dirixímonos ao restaurante Dantón II que nos esperaba cunhas cañasa ben frescas a poucos metros de onde estábamos. Fala que te fala ata a hora de cear. Logo de repoñer forzas cunha rica e abundante cea chega a hora na que Iago e Román (considerados Santos a partir deste festival) din quen son os gañadores dos premios. Non recordo quenes foron os gañadores porque, grazas a deus, no ambiente distendido e de cachondeo que se respiraba, primaba a actitude que se debe ter ante a vida, na que non hai nada que importe moito.

00:30 O nivel de cachondeo acada as cotas máis altas da noite. Algunha que outra botelliña de viño comezaba a facer algún tipo de efecto secundario no personal (cousa rara xa que, obviamente, rapaces sans que somos os surfeiros, era viño sen alcohol ¬_¬). O apoxeo chegou coa estelar actuación do grupo Alfeizar, que conseguiu que bailásemos e cantásemos entre carcajadas as súas pegadizas cancións como "la guarida del amor" ou a súa única canción en inglés, que di algo así como: "tsatuatse mi noombgue, en la frueennte, con luses de coloouesss entue la hente" (tatúate mi nombre en la frente con luces de colores entre la gente)

Alfeizar deu un concerto pola noite despois da cea. Foto: Alvaro Pastor

03:00 Algúns resistíanse a que rematase este día tan especial, pero pouquiño a pouco o cansancio ía levándose aos seus longueiróns para as súas respectivas casas, autocaravanas, furgos, coches... Cansados pero felices, coa sensación de que parecía incrible que todo saíse tan PERFECTO nesta primeira edición do festival. Pensando xa no próximo Ondalonga, que, de seguro, gañará cada ano máis adeptos.

05:00 Durmimos e soñamos..... Soñamos e agradecemos que haxa persoas que dediquen o seu tempo e traballo a levar a cabo un evento deste tipo.

Agotados pero agradecidos. O músculo máis agotado? o músculo do BO ROLLO


A entrada de hoxe está colgada en SurfGZ con máis fotos de Julián. Pódela ler AQUÍ


E aquí un pedazo video que editou susoben & company do blog "surf e fotos na costa verdescente"

Onda Longa 1 from suso ben on Vimeo.


Graciñas a Iago, Román, Dani... e a todos os que botaron un cable para que este festival se puidese levar a cabo. Exito rotundo o deste primeiro festival de longboard galego.


Boas ondas!

sábado, 27 de marzo de 2010

Recuncho asturiano

O finde pasado pegueime unha escapadiña pola nosa terra veciña. En busca de recunchos chegamos ata Cantabria. Pero de tódolos que visitei, quédome con esta cova.
Photobucket
Entrabas por un furadiño no medio dun prado para recorrer un bo anaco ás apalpadas, completamente ás escuras. Gracias á luz dos nosos móbiles avanzamos pola oscuridade, contorsionándonos nos estreitamentos, guiándonos polo son das ondas que comezaba a rebotar nas estalactitas e paredes húmedas. Máis adiante, comezámos a ver a luz ao final da cova, que desembocaba no mar permitindo que as ondas penetrasen na cova saltando algunhas pedras.

jueves, 18 de marzo de 2010

Que a túa vida é unha...?

BIRTHRIGHT from Sean Mullens on Vimeo.


Se a palabra "merda" foi a primeira que se che veu á cabeza despois de ler o título da entrada, significa que moito temos que aprender de persoas como esta.

miércoles, 17 de marzo de 2010

5040 segundos

Escoita


A terra xira e non para. Os días pasan e non volven. Os meses corren, os anos corren. Os segundos...
Non permitas que os segundos, escurridizos, humedos, líquidos, suaves, finos, fugaces se che escurran entre os dedos.
Péchaos, chúpaos, agárraos, arrúgaos, saboréaos, lauréaos, úleos, ámaos, sínteos, escóitaos...
E se os deixas ir, míraos ben porque eles non te ven. Eles pasan. Pasan. Pasan. Pasan. Con ritmo. Sen pausa. Con ritmo. Sen pausa...

5040 segundos


Choiva de estrelas sobre Monte Louro. Choiva de segundos

martes, 16 de marzo de 2010

Espellos de Bali en venta

Mira o que che traio hoxe.
O meu amigo Salva vende estes espellos que trouxo de Indonesia. Él atópase en Madrid pero fai envíos a contrarrembolso a toda españa.

Son espellos de terracota e vidrio, feitos artesanalmente en Ubud, Bali.

Ten distintos modelos. Aquí vos mostro algúns deles. Teñen 30 cm de diámetro
Os precios varían en función da cantidade:
1 espello 15€
2 espellos 24 €
3 espellos 30 €
+ 4 euros de gastos de envío.



Para mercar algún ou facer algunha consulta contactade con salvasanchez@pluscycling.com

Unha aperta e bo luns!

Garabateando en 3D

Experimentando co lapis

No seguinte video vese como tiven que facer o debuxo para que pareza que as pezas están sobre o folio.


Fixádevos neste home que se pinta a si mesmo converténdose no home invisible

Podedes ver máis traballos seus Aquí

E agora alucina con Julian Beever (se non o fixeches aínda)


Moi posiblemente embarque nun proxecto de murais "3D" nun concello. Mantereivos informados porque pode saír algo interesante de aí.

Unha aperta e que teñas bo martes!

viernes, 12 de marzo de 2010

Desculpa o retraso!

10 días sen actualizar, mimadriña. Perdona! E non é por falta de cousas que contar, senon todo o contrario. Non tiven tempo para nada. Para que te fagas unha idea, a semana pasada fixen 1000 km sen saír de Galicia. En fin.
Aquí vai unha entrada longa a modo de pupurri.

En canto ao relacionado coa interpretación, fixen un par de castings (Vigo e Coruña), unha curtametraxe (A Estrada) e un anuncio para Estrella Galicia (Pastoriza, Lugo).

A curta chámase "Estadea" e é a segunda curtametraxe do director Pablo Cacheda. Co que fixen o de "momentos captados dunha realidade xa inexistente" (título pequeno)
Ata agora só colgara o trailer, pero aquí tes a curta completa.

Momentos captados dunha realidade xa inexistente (SUB ESP) from Pablo Cacheda de Paz on Vimeo.


Esta curta foi feita sen apenas presuposto, pero mercoulla a tvg para emitir en ondacurta e co que lle pagaron costeouse gran parte do segundo corto.

En canto acabou a rodaxe, fun a por Marta a Santiago...

e tiramos para Pastoriza, onde grabariamos o día seguinte o anuncio para estrella galicia con Luis Moya.

E parecía pequeno o home. Di miña nai: diola, sempre se ve aí encollidiño no coche...
É un home simpático a rabiar. A alegría da rodaxe. Humilde, amable e con coñas todo o rato.
Este galego fíxose moi coñecido por frases como "trata de arrancarlo por dios, carlos trata de arrancarlo!!" ou "ojoderechalarga rasanteiquierda arrás!" (que non é arrás, senon ras) pero en realidade, para quen non o sepa este home leva ás súas costas dous mundiales, 4 subcampeonatos do mundo e 5 terceiros postos entre outras cousas como unha travesía a nado cruzando o estreito de Xibraltar con fins benéficos.

A raíz da súa curiosa e rápida forma de falar, surxiron moitos imitadores. Destacar esta broma dun que se fai pasar por Luis pedindo un taxi. Non ten desperdicio


Neste video podemos ver a animalada de información que teñen que procesar os dous (piloto e copiloto) durante un tramo.

A pesar dos logros de Carlos Sainz e Luis Moya, por todos é sabido que tiveron moi mala sorte, sen a cal terían gañando máis mundiais. No final do anterior video, por exemplo, vese como atropellan unha ovella 185 km por hora, o que os deixou sen potencia no coche e sen frenos. Aínda así seguiron para diante acabando o tramo pero perdendo a victoria.

E neste, vemos como se lles estropea o coche a 700 metros de gañar un mundial. Onde se fixo famosa a frase de "trata de arrancarlo". A verdade é que se vedes o video completo chégase a sentir tal impotencia que che deixa mal o corpo. Tamén me chama atención Carlos, que parece que ten orchata correndo polas venas, mimadriña que temple.


Despois hai outros pilotos que atropellan cabalos e só perden 26 segundos de tramo. Espectacular
="always" allowfullscreen="true" width="640" height="505">

Jolín, perdoa por abusar de tanto video, pero un empeza a rebuscar por youtube e atopanse cousas moi curiosas! mirade que coche!


Bueno, (volvendo ao tema da rodaxe do anuncio) decía Fernando Fernán Gomez: a los actores nos pagan por esperar. E certo é que das 12 horas que debimos pasar alí, fixemos falta 3. Nese tempo de espera collín a cámara pero non parecía un sitio moi apropiado para as fotos, xa que pouco máis que asfalto, rodas e coches abarcaban o campo visual. Nada mellor que iso para intentar buscar algunha posibilidade.


Esta foi sacada coa cámara do revés, cazando a Marta a través do reflexo dunha mesa onde estaban pegadas esas letras en vinilo branco.


Esta escapando dos camións do fondo, asfalto, cables...

Por certo. A ver se adiviñades con que cámara se grabou o anuncio...

A de video que vedes foi a que empregaban para o making off, e coa de fotos (unha canon D7) foi coa que grabaron todo o que sairá na tv. Acabaremos facendo películas cos móbiles. Isto é incrible.


Aquí vese todo o despliegue de sticos para facer rebotar a luz solar e iluminar o interior do coche. Falando de iluminación, cando estábamos grabando en interiores, escoitouse unha explosión e foi que rebentou unha bombilla e a lente dun foco de 12.000 watios que se usa para simular a luz do sol que entra polas ventás. Rápidamente adiviñamos quen era o dono do aparato porque foi o que máis rápido empalideceu. De alí a un rato, cando comezaba a saír do shock, non podía parar de decir: no puede ser, no puede ser, no puede ser... E é que , só a lente do foco costou 9000 euros. As cifras en euros neste mundillo do audiovisual son para caer sentado coa risa.

Bueno, e para rematar con esta entrada pupurri, gustaríame que lle pegárades un vistazo a este video producido e dirixido por FRAN ZEIBE (O amigo que me fixo o videobook). Agredecerá que comentedes as imaxes que menos e máis vos gustan e digades que opinión vos merece. Non tardará en estrear a curta da que proveñen todas estas imaxes.

Espero que vos guste.

Unha aperta a todos e que pasedes un moi bo finde!!



martes, 2 de marzo de 2010

Apañando restos da cicloxénese explosiva

Non vos da a sensación de que a xente está de mala leche porque o temporal non destrozou Galicia de cabo a rabo?
E que os comentarios que se oen son:
-home home nomejo**, tanto temporal tanta merd* e ao final unha brisa de nada
-si oh, boh, tanta alerta tanta tontería tanta con** da virjen, si foran tomar polo **

Basta que non avisaran e que caese unha soa árbore no tellado dunha casa para que xa estiveran reclamando responsabilidades, cartos aos seguros, botandolle a culpa a todo mundo:
-¡joendiolaaa!! Sapatero tiroume un arbol ensima e ahora non me quer pajar unha casa novaa!! pero el si que ten casa non?? aahh carallo...

En fin, demos gracias, que puido ter sido moito peor do que foi. Tivemos moita sorte. E seguramente non pasou nada máis porque todos estivemos en casiña encerradiños, que se fixésemos vida normal seguro que había algún que outro accidente máis.

Este domingo, despois do relaxado paso do Xynthia por Galicia, achegueime ata a praia de Rostro.
Na auga xa estaba Brais, disfrutando dalgunha que outra baixadiña

A pesar de estar a marea increíblemente alta, as ondas tocaban fondo para o noso disfrute. Cambiámonos de pico, e comezaron a sair unhas esquerdiñas que gañaban forza a medida que se achegaban á orilla. Pasámolo bastante ben. E un domingo estar ti e un amigo na auga, con olas de "eu vou pa dereita!-vale eu pa esquerda!" non ten prezo

Unha aperta e que teñades bo martes!