O segundo día, as olas eran demasiado pequenas, polo que tivemos que tirar de actividades alternativas.
Fumos a unha cala preciosa (nudista)
e practicamos diferentes deportes...
Como o SUP (stand up padle) pero sin olas. E menos mal que non había olas porque non é tan fácil como parece aguantalo equilibrio!
Aproveitamos para recorrernos a costa, entrando en covas preciosas e bastante profundas, atopando novas calas...
Os monitores, Mikel e Aimar, facían que a xornada fose o máis agradable e divertida posible. Majísimos, simpáticos, autenticos "pofesionales", vamos... uns BOS MONITORES.
Mentres esperábamos a coller un SUP, Mikel deunos unhas pequenas clases de boulder (o tio controlaba de todo). O lugar era idóneo porque os estratos estaban marcadísimos e as caídas eran sobre a auga :)
Tamén aproveitamos para bucear. A auga estaba boísima, penso que a máis de 20 grados, e totalmente cristalina. Era un gustazo poder baixar máis de 5 metros sin que pareza que che vai a estoupar a cabeza co frío. Buceamos cos bancos de peixes casi tocándoos. Non sei porque pero os peixes galegos non son tan confiados coma os vascos! debe ser que aquí hai moito furtivo e alí están acostumados ós guiris jeje.
Aproveitando a transparencia da auga, aproveitei para facer unha cousa que vira nunha película. Baixei uns 5 metros, agarreime a unhas lastras de pedra que había no fondo e coloqueime tumbado boca arriba; nesa posición soltei dúas bocanadas de aire intentando poñer a boca en forma de O e formáronse unhas burbullas en forma de aro, que se agrandaban e estreitaban a medida que subían. Precioso
Ó rematar, foto de grupo
e a comer.
Despois de comer durmimos unha siestiña nas hamacas, practicamos algo de longskate (en realidade collíamolos sempre que tíñamos 5 minutos libres)
A min encantábame un longskate "sector nine". Dábaseme de vicio, entre outras cousas porque era enorme, debía de ter metro e medio de largo jeje. Aquí estou aprendendo a derrapar...
despois fixemos unha miniliga de voleibol
E para rematalo día unha repoñedora sesión de ioga
Cea, charlas, e pacamaquenopodemoscosgüebitos
viernes, 29 de agosto de 2008
martes, 26 de agosto de 2008
Como funciona o mundo!
INTERESANTÍSIMO!
Ultimamente non paro en casa máis de 2 minutos seguidos, por iso teño o blog un pouco abandonado. Estou preparando as entradas do resto dos días do BARRIKA SURFKANP...pido paciencia! :)

lunes, 18 de agosto de 2008
1º día Barrika Surf Kanp: chegadas, presentacions e pa auga
O venres, saímos Alex e eu de Coruña ás 10:30 da noite, máis ou menos, e puxemos rumbo ó país vasco.
Tíñamos calculado parar a metade de camiño para durmir na tenda de campaña e así foi.
Dunha tacada puxémonos en Suances e durmimos ó borde dun acantilado. Boas vistas á hora do almorzo
Tíñamos pensado pegarnos un baño, pero espertei ás 7 e as olas rompían en barra, así que decidimos seguir durmindo para saír ás 10, xa que ás 12:30 tíñamos que estar no surf kanp. A jodienda foi que cando nos levantamos ás 10, o baño estaba máis que decente...
pero xa non había tempo. Aseo personal in the street, e tirando millas
(preséntovos a Alex, amigo e compañeiro de viaxe)
Tras un par de horiñas e dar algunha volta de máis, chegamos ó surf camp www.barrikasurfcamp.com
Moito mellor do que pintaba na web. Un caserío do século XVI perfectamente restaurado, co encanto do antigo e as comodidades do moderno. Impresionante
As hamacas eran perfectas para descansar despois de surfear mentras se guitarreaba un pouco
Por dentro, na planta baixa, tiña unha cociña bastante amplia (suficiente para caber os 20 almorzando ou comendo) e un cuarto de baño.
E na 1ªplanta había unha superhabitación con moitas literas.
Segundo entrabas, se mirabas á dereita
e á esquerda
Nun altillo había unha sala de ordenadores
Despois de ver a casa e de que nos comentaran como ía a funcionar a semana, comimos...
...vagueamos un pouco e fumos a sopelana a surfear.
A auga parecía sopa. Estaba quente. A xente ía con bañador ou traxe corto. O baño pequeniño, pero suficiente para os que experimentaban o surf por primeira vez.
Cea, charlas, guitarreo e a descansar, que boa falta facía...

martes, 5 de agosto de 2008
Barrika Surf Camp
Aquí un servidor vaise do 9 ó 17 de agosto para Barrika Surf Camp, en Sopelana!
unha amiga (gracias Rocío) á que lle tocou a viaxe, chamoume para compartila con ela (no sorte incluíanse dúas prazas).
A ver se aproveito e coñezo a algún bloguero da zona :)
O barrika surf camp, foi fundado por Lurta Nicolás, e a escola de sopelana quicksilver por gorka yarritu.
este é o video promocional da escola. Ten moi boa pinta!
e a canción encántame, alguén a coñece?

domingo, 3 de agosto de 2008
Reencontro home-leon
Uns criadores tiveron que liberar a un dos seus leóns e deixárono na selva.
Un ano despois, os criadores preguntábanse si o león os recoñecería. A maior parte dos expertos dicíanlles que seguramente que non, que non se arriscasen a facer ningunha tontería, pero eles non fixeron caso. Foron ó seu encontro e isto foi o que pasou
impresionante

Suscribirse a:
Entradas (Atom)