Por se queres escoitar mentres...
(vale a pena)
Os "bañazos" son moi relativos.
Cando alguén di que en tal praia ou en tal outra houbo un "bañazo"... normalmente tratas de calcular as ondas que te perdiches facendo unha media entre: as olas que cres realmente que houbo en función das condicións meteorolóxicas e a fiabilidade do emisor.
Con isto non quero dicir que haxa "emisores" pouco fiables (que tamén), pero o que para unha persoa é un bañazo, para outros pode ser un baño mediocre. Eu penso que isto en parte vese influenciado polo nivel do surfista, xa que como ben di o refrán "cada un conta da feira como lle foi nela" e o que ten bo nivel disfruta ata na onda máis mediocre.
Debe de ser por isto que son moi poucos os baños que califico desta maneira :)
Por outro lado, agora que o penso, hai moitos "pros" que se volven uns inconformistas e quéixanse de vicio cando teñen olas decentes pero non lles da para entubar ou para facer aéreos (teño escoitado a algún berrando na ola, ou máis ben, berrándolle á ola), e hai moitos que se inician no deporte que con calquer espumiña se van para casa máis felices que ninguén...polo tanto, o argumento citado anteriormente perde todo o sentido e podería eliminar estes dous parágrafos dun plumazo que a entrada quedaría exactamente igual. E ti non terías perdido dous minutos. Pero a vida éche así de dura amijiño xD
Conclusión? pois que hai que facer un esforzo e intentar ser obxectivos.
Obxectivamente, para min este foi un bo baño:



(Son eu intentando pillarlle o punto ao longboard. María graciñas pola secuencia!!)
Nun baño así estás agradecendo aos deuses ese regalo da natureza, pero dona Felicidade non é capaz de calar á señorita Avaricia cando a condenada comenta: Dios, se estivera un pelín máis grande sería un BAÑAZO!
E de alí a uns días chega isto

Dereitaza para un lado e esquerda para o outro







Tubo do portugués que se marcou en canto collín a cámara namais chegar. Como comprenderás, non aguantei un minuto máis coa cámara. As miñas pernas case me deixan atrás cando marcharon correndo a vestirse o traxe de neopreno para non perderse nin unha soa serie.
Na auga éramos tres e case nunca coincidíamos no pico. Sempre había unha ola que desexaba transportarnos ao ceo. E nós, encantados de deixarnos levar, por suposto.
Apertas!
felicidade e paz para todos :)