De camiño cruceime cuns amigos que comezaron comigo a surfear este inverno e xa teñen o veneno máis metido no corpo que eu que sei. Andaban vagabundeando como drogadictos en busca da súa dose cos seus novos longboards na baca do coche.
Ao final acabámolos 3 en Rosro e cando xa decidíramos botarnos, aparece Brais. Este rapaz cada día anda mellor. Cousa boa. Así a ver se se nos pega aos máis patosos algo del e máis do portugués.
Sabedes cando tédelo día especialmente tonto/torpe no que non vos sae nada. Bueno, pois hoxe tiven un. Serían os 4 kilos de tortilla que me zampei antes? será simplemente a miña simple e pura paquetancia? (sustantivación do adxectivo "paquete") Deixarémoslle o caso a "malder" e "escali"
Bueno, imos con algunha fotiño que é o que interesa non?
Que vai pasar aquí?...
-Que esa sección cae e a paso entubando coas mans tocando o labio por dentro e saio escupido por un sifonazo da ola?....uiissshh casi
-Que me meto de pleno no tubiño que viña rompendo de frente a lo kamikaze total? correct...
Aquí temos a Brais
Agarimosos agradecementos a María por sacar as fotos dende terra a pesar do frío e dos case 3 kg de cámara.
Ah! e noraboa a Toño por sus bowlings... aínda que sexa remontar co tablón un día como hoxe sen ter sequera uns 30 días de surf no lombo, tenche bastante mérito.
Bicoloos!!
Boas Ruben!
ResponderEliminarJajajaja...gustoume iso dos 'drojadictos'...
Poderia ser que ademais da tortilla teña algo que ver os turrons e demais jaldrumadas. Non creas, eu tamen levo uns dias que pa que...
Que pasedes unhas boas festas!!!
jajaj é que é inevitable gañar uns quiliños nestas datas ehh.. polo menos pola miña parte.
ResponderEliminarUnha aperta e boas festas para ti tamén Fran!
Feliz ano!!