martes, 26 de octubre de 2010

Mencer forzoso

gurrr

Estase convertindo en costume. Cando conduzo pola autopista e o ceo comeza a chamarme máis a anteción que as liñas da carretera... collo a seguinte saída.

Comezo a vagar por carreteras sen saber a onde van, indo directamente a ningún sitio. Escapando do feo en busca dun encuadre.
Pero... ás veces, cando os ollos están amansados pola beleza, vólvense máis permisivos e tolerantes.
Independizándose do cerebro cando este di que "grúa=construcción=feo" e asimilando, case encaixando, no mesmo golpe de vista a antítesis do natural, e o natural.

3 comentarios:

  1. AAAAiii!

    Me temo que está nacendo un fotógrafo.

    Xa ves a realidade como planos e encadres...

    De que me sona a min esto??

    ResponderEliminar
  2. Tedes razon, as veces as cousas mais fermosas pasan inadvertidas e unha simple grua convertese nun motivo pra disparar. Unha aperta pra tod@s!

    ResponderEliminar