jueves, 16 de abril de 2009

Lugar de "traballo"

Hoxe estiven parte da mañá pintando o fondo do debuxo.
Pensei que cuns sprays acabaría antes a carretera gris e o céspede... pero ó final quedoume o que parecía un xardín de chernobil, con herba verde radioactiva, e unha carretera gris plata brillante... Un fracaso, non me gustaba nada. Polo que optei por volver a pintalo todo con pincel e pintura de esmalte sintético como estiven facendo ata agora.

Pola tarde acerqueime a Rostro pero estaba xusto no límite de tamaño/desfase. Estaba algo revolto e con moito vento, polo que pasei de botarme a pesar de caer algún pepino moooi interesante, con sifonazos de película. O feito de estar completamente so, na auga e en terra, e non confiar moito nos meus inventos, foi outro factor (xunto coa chuvia) que me animou a seguir pintando a Ducati.

Photobucket

Este debuxo estouno facendo a uns 2.5 metros de altura, e como o andamio o estaba usando miña irmá (que tamén fixo uns murais) a miña zona de traballo é un tanto curiosa. Aquí vola ensino:



Pois ben, cando xa daba por rematado o debuxo chamoume unha amiga e estivemos de palique bastante tempo. Pois mentres falaba, aproveitei para ir retocando detalliños, e perfeccionando o que daba por rematado...Para que logo digan que os homes non damos feito dúas cousas á vez. Anque certo é que tirei un par de cousas, casi estropeo o debuxo cando un gotón de pintura ameazaba con atravesala moto enteira, e un par de incidentes máis... pero esas cousas pásanme anque non fale por teléfono, así que non contan :)

En fin, que ó final quedei bastante contento co resultado, sobretodo despois dos retoques. Pero claro, despois de tanto falar, quedeime sen batería no mobil, e non puiden sacarlle a foto co resultado final, así que haberá que esperar a mañá.

Apertaass!

7 comentarios:

xigui dijo...

Si señor!!! este RUBEN e un crack!!!

moi guapos os debuxos! non sabia ke se che daba tan ben debuxar con cor e pinceis, mais ben brocha!! jeejeje

ainda ke me kedo cos de papel e lapiz!!! non sei como consigues facer ke algo en 2d se asimile a algo en 3d con so sombras!!

bueno... deixote ke teño curro!! un saudo e aver se nos vemos pronto

Fran dijo...

Os debuxos moi ben, e o lugar de traballo, bueno, como Miguel Angel na Capilla Sixtina mais o menos. Veña Ruben, unha aperta.

Anónimo dijo...

un atografo por favor!!!!

Rubén Prieto dijo...

Alégrome moito de que vos gusten.. eu quedei contento cos resultados, pero non podo fixarme moito nos debuxos porque senon comezo a ver fallos en todas partes e non paro de retocar ata que teña 30 anos...

Xa teño a foto do debuxo final da ducati pero agora non podo subila.. a ver se pola tarde noite xa vos podo ensinar como quedou.

apertas!

pd. os autógrafos de 4 a 8 no hall do corte inglés...
jeje

Anónimo dijo...

Bueno chico no dejas de impresionar, y yo que pensaba que el dibujo era un A3, jajajjaja, y fijate la magnitud del mural, y bueno ya, lo del estudio de pintura, genial vaya....

La chica del sur

Rubén Prieto dijo...

jajaja.. si bueno, alguna diferencia con el A3 hay... para empezar el número de ruedas jeje, despues poco más :)

Ya tengo en mi poder la foto finish. La voy a colgar

saludos y gracias por comentar chica del surf!

raqueliña dijo...

eres un pedazo de fenómeno¡¡¡¡ artista por tódolos lados¡¡¡ e cun acentazo precioso¡¡¡¡