Moi boas!
Estos días tivemos baños...uns mellores que outros, pero hóuboos.
Antonte metímonos David e eu nunha pequena cala de difícil acceso. Trátase dunha dereita que sae cando todo está desfasado, sobre fondo de pedra; ou máis ben sobre unha "praia de bolos". Parecía un baño tirando a mediocre pero sorprendéronnos algunhas oliñas de 2 metros que abrían moi ben. E tivemos a sorte de que estábamos abrigados do "mal vento". Foi todo a pedir de boca exceptuando un tortazo que se levou David de regalo para casa ó saír polas pedras..jeje.. que se mellore esa muñeca!

Este é o sitio pero a foto non é do día que nos metimos.
Antonte metímonos en Estorde pero non sei para que...pf... barrotes, todo revolto , vento de mar, algas, caca de vaca... nada, saímos da auga ós 25 minutos de entrar, despois de mirarnos e preguntarnos coa mirada....¿que facemos aquí?. David dixo: Penso que poderíamos estar facendo algo máis productivo. Jajaja, collimos o seguinte espumote e saímos.
Hoxe recibín unha chamada de Rops (lavidaporelnorte.blogspot) decindo que estaban el,Kiyo Alex e Stefano (amigos de Coruña) de camiño para Nemiña.
O primeiro que pensei foi: -oh! pero se non hai condicións!??
Dáballes igual, eles tiraron para aquí e punto :)
Con 4 metros e medio de ola segundo windguru, supuxen que Nemiña estaría desfasado, así que unha vez que eles o comprobaran, espereinos en Cee e tiramos para Estorde :) Pero nada, demasiado pequeniño. O vento norte que se empezou a levantar animounos a tirar para Nemiña.
Víase que de tamaño estaba ben, pero estaba algo revolto. Non había un pico definido pero de vez en cando saía algunha ola boa.

E como vir ata aquí "paná" é tontería, pois metímonos sen pensalo moito. Ó final só nos metimos Rops, Alex e eu

e Stéfano e Killo quedaron sacando estas fotos. Despois de ver un seriote que caeu en barra arrasándoo todo, un dos que quedaban en terra díxolle a Alex cando se dirixía cara a auga "que aproveche!" jejeje... eu tamén pensaba que íbamos a comer bastante...


pero ó final non foi para tanto.(nesta foto se vos fixades vese remando a algún de nos polo medio da parede)
Saían dereitas...

Dereitóns...

(posiblemente a ola máis grande surfeada e fotografiada de Rops)
E algunha esquerda, como esta que me abriu dende o pico ata a orilla




Graciñas polas fotos Rops!
Despois do baño pasei por casa a ver si secara ben unha quilla que fixen de madeira e que laminei para reforzala.

Lamineina como me pareceu ver nalgunha foto, pero unha vez recortado o sobrante

Fixeime en que polos bordes, por algún lado, non estaba unida a fibra dun lado co do outro. Aínda teño que recortar máis, lixar e botarlle outra capiña de resina... a ver como queda (acéptanse consellos!)
E teño que poñerme xa a amañar/facer táboas.
Esta 8,2...

que se parece ó "yellow single fin" porque pasou por moitos donos, saíulle, separouselle toda a fibra do foam. Deslaminei todo o despegado e púxena a secar. Disto xa fai uns meses, así que teño que poñerme a laminar ese cacho XA (ou cando me chegue a resina que pida con Chusma)
E aquí teño dous foams mortos de risa

A do medio vai a ser (se todo vai ben) unha short pero para os meus ochentaitantoscasinoventa quilos, vamos, algo máis gordiña e grande do normal, posiblemente unha 6,7. Co da dereita intentarei facer un retro fish e a da esquerda....é unha táboa da prehistoria do kite, que me regalou un amigo por non tirala á basura. A ver se a reciclo e aproveito que ten tres almas para intentar facer unha de surf para kite. Desta si que pode saír unha chapuza digna dun museo jajaja
E esta táboa...

foi a que comprara para iniciarme no kite (ó final botaríame uns 4 días con ela), pero que xa foi o triple de veces detrás dunha lancha que detrás dunha cometa.
Agora, coa intención de preparala para facer tow-in, quiteille os dous footstraps de adiante para poñerlle un central e quiteille tódalas quillas exptuando dúas bastante grandes que ten atrás. A ver como funciona. A cola esa tan rara fastidia á hora de xirar, pero supoño que significará agarre na parede da ola. A ver se a probamos o domingo que marca windguru 9,9 metros jejeje.
Mimá, vaia tostón de entrada!. Premio para o que chegara ata o final jajaja
Un abrazo a todos!